II festa das Letras no Rosal
Domingo 11 de Mayo de 2003
O colectivo sociocultural Carballas, coa colaboración do concello e da agrupación musical do Rosal, organiza a segunda festa das letras o próximo sábado 17 na praza do Calvario. Pincha sobre "Leer el artículo completo" para ve-la programación.
Co gaio do Día das Letras Galegas, o colectivo Carballas organiza o vindeiro 17 a "II Festa das Letras". Así, a partires das 12 da mañán, a programación comezará con degustacións de polbo á feira, chourizos, torrenos e roxóns na propia praza, e coa actuación do grupo de música tradicional "Os Daorde". Xa a tarde, ás 5, actuarán a contacontos Ana Carreira, a banda infantil da Agrupación Musical do Rosal, Estrano Ensemble e Os Carunchos. Durante toda a xornada podéranse visitar diversas exposicións e haberá xogos populares.
Redactado por el
Domingo 11 de Mayo de 2003