Grandes resultados do clube San Xerome
Martes 24 de Junio de 2003
O pasado fin de semana desenvolvéronse en Vigo os campionatos de España de atletismo, onde o clube "San Xerome" da Guarda tivo unha destacadísima actuación
Na categoría adaptada femenina o clube acadou o segundo posto na clasificación final por equipos, destacando o resultado do equipo de relevos 4 x 80 formado por Carmen Verde, Rosalía González, Amparo Ferreira e Vanesa Martínez que quedou 2º.
Individualmente as medallas foron para Amparo Ferreira (1ª en 800 m. e 3ª nos 300 m), Vanesa Martínez (2ª en lanzamento de peso) mentres que Carmen Verde foi 3ª na final de 80 m. e Rosalía González 2ª en 300 m.
Nos mozos hai que suliñar a victoria na proba de relevos 4 x 400 masculino (Borja Cadilla, José Peláez, José Ramón Senra e Javier Vieira). José Peláez proclamouse subcampeón de España de lanzamento de xavalina e en lanzamento de peso, e Javier Vieira foi 4º na final de 5.000 m.
Tamén hai que destacar o papel dos animadores, desplazados expresamente para animar ós deportistas. Desde aquí a nosa noraboa ós atletas, ós seus adestradores e a todo entorno do cole
Redactado por el
Martes 24 de Junio de 2003