Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Impresións sobre a catástrofe do Prestige

Jueves 13 de Noviembre de 2003

prestige.jpgFai agora un ano, algúns de nos estabamos aquí ó lado intentando limpar (cando nos deixaban) o mar que algúns desalmados se encargan demasiado de vez en cando de contaminar.

Fai agora un ano, algúns de nos estabamos aquí ó lado intentando limpar (cando nos deixaban) o mar que algúns desalmados se encargan demasiado de vez en cando de contaminar.
Cústanos esquecer, porque tíñamos a sensación de estorbar, como que o mar era "deles" e non de todos, e porque as veces parecía que toleabamos cando por unha banda mirabamos con rabia a triste realidade, e por outra banda e a través dos medios de comunicación se nos amosaba outra película distinta.
Fronte a demagoxia, tan só nos quedaba a humilde (pero invencible) DIGNIDADE.
Para lembrar estes feitos, os traballadores dos talleres de xardinería e carpintería do centro San Xerome Emiliani desplazáronse a Cafetería AS DE COPAS da Guarda (Gracias, Tin), para ver un DVD producido pola Plataforma NUNCA MÁIS titulado "Cousas que compre non esquecer".
Despois de 40 minutos de imaxes temos liberado certo malestar que durante estes 12 meses nos estivo consumindo.

DIGNIDADE !

José Carlos González Blanco

Redactado por Ioshu el Jueves 13 de Noviembre de 2003
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.