Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

O Grupo de Goberno do Concello de A Guarda está OUT

Domingo 4 de Enero de 2004

PSdeG - PSOENo Pleno do Concello de A Guarda celebrado o día 9 de Decembro de 2003 Os membros do Grupo de Goberno formado por Iniciativa Veciñal e o Partido Popular votaron en contra dunha moción presentada polo Grupo Municipal Socialista que instaba o Concello a negociar cos propietarios dos Ciber a firmar un convenio para subvencionar parte do custo dos servicios que ofrecen estes establecementos.

O Grupo Municipal Socialista xa adiantara as negociacións cos propietarios dos Ciber que se ofreceron a colaborar cunha rebaixa de 0,3 €/h. Na moción pedíase que o Concello colaborase alomenos para conseguir unha rebaixa do 40 % do prezo orixinal, o que implica unha subvención Municipal de 0,42 €/h, solo 0,12 € máis que os Ciber. Dende o Grupo Municipal Socialista pensábase que o Grupo de Goberno non ía a desperdiciar esta oportunidade de abaratar un servicio que usan moitos xoves en A Guarda, a maioría estudiantes con baixo poder adquisitivo. Sen embargo, e a pesar do optimismo do GMS e moitos xoves que pensaban que o convenio ía a levarse adiante, o Equipo de Goberno votou en contra da moción, mostrando unha vez máis canto lles preocupa a xente nova de A Guarda.

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

CONVENIO DE COLABORACIÓN COS CIBER


Moitos estudiantes tanto de ensino secundario como universitarios de A Guarda non dispoñen no seu domicilio de conexión a Internet e as veces necesitan acceder á rede por motivos de estudios.
Os xoves reclaman cada vez máis, alternativas de ocio, mentres os adultos e dende as institucións criticamos a súa forma de divertirse e ocupar o tempo libre sen ofrecerlles ningunha solución.
Nas estatísticas da UE, España e sobre todo en Galicia ocupan os postos de cola en canto o número de ordenadores e accesos a internet por habitante.
Temos constancia de que as empresas de A Guarda que ofrecen ciber-servicios están dispostas a colaborar co Concello para que os xoves se beneficien de rebaixas de prezos.
Para que os xoves de A Guarda na súa totalidade teñan máis facilidades para acceder ó mundo dos ordenadores e internet, o GMS propón que o Pleno adopte o seguinte acordo:

Asinar un convenio de colaboración cas empresas que ofrecen ciber-servicios que contemple os seguintes puntos:

1º O Concello subvencionará unha parte do custo de acceso os servicios que ofrecen os Ciber ós xoves empadroados en A Guarda.

2º Esta subvención realizarase mediante a venta de bonos desconto que se efectuará na oficina de información Xuvenil do Concello.

3º Os propietarios dos Ciber colaborarán ofrecendo a súa vez un desconto (non inferior a 0,30 €/h) acumulativo co do Concello ós portadores dos bonos.

4º O Concello comprométese a que a contía dos descontos acumulados non será inferior o 40% do prezo orixinal.

5º Os propietarios e encargados dos Ciber comprométense a controlar que os contidos ós que acceden os usuarios dos bonos non sexan inadecuados.

6º Limitarase o máximo número de horas subvencionadas mensualmente a 20.

Polo exposto instamos o Concello a que habilite unha partida nos orzamentos de ano 2004


A Guarda a 26 de novembro de 2003


Grupo Municipal Socialista

Redactado por Redacción el Domingo 4 de Enero de 2004
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.