A Gardería Municipal
Miércoles 3 de Marzo de 2004
En resposta as declaracións feitas por Celso Rodríguez Fariñas en http://www.galicia-suroeste.com/noticias_seguras.htm sobre a Garderia Municipal: O Concelleiro Celso Rodríguez Fariñas tocoulle no pleno de 9/02/2003 “maldefender”, sen rebater ningún dos argumentos do Grupo Municipal Socialista, o Regulamento da Gardería Municipal, ¿saben como a defendeu?: dende o Grupo Municipal Socialista preguntóuselle qué tipo de xestión se ía a facer na Gardería, xa que os Socialistas solo admitirían unha xestión totalmente pública e el respondeu que non se sabía, aínda non o tiñan decidido, despois desto xa non dixo nada mais, logo dun ano de estar rematada e a pouco tempo da súa posta en funcionamento aínda non saben como se xestionará.
Esto fai pensar ata que extremos pode chegar a deixadez dos políticos do grupo de goberno, que moi o contrario de preocuparse polas cousas que de verdade importan as familias de A Guarda do único que se preocupan e de que prevaleza a súa vontade aínda que sexa ilegal o que establecen. ¿Saben por que non temos aínda un Regulamento Escolar Municipal? Porque o Sr. Fariñas pretendía aprobar un Regulamento ILEGAL despois de ser advertido da ilegalidade polo GMS, agora ten que corrixirse.
Sr Fariñas, dende o GMS preparamos moi ben os temas, impórtannos demasiado, non diga vostede que o Regulamento se axusta o Convenio firmado ca Xunta de Galicia, mire para que aforre traballo e tempo facémoslle unha copia do artigo 17 do Regulamento e outra da cláusula quinta do Convenio de Colaboración ca Consellería de Familia respecto a Gardería Municipal, se tomamos como referencia o Convenio, o “seu Regulamento” está a incumprilo xa que se a Gardería tivera 40 alumnos matriculados e nalgún momento (a hora de comer por exemplo) solo quedarán 5, vostedes poderían pechar a Gardería, e a Xunta di explicitamente que o horario será alomenos de 10 horas ininterrompidas, non poden pechala.
O GMS quere que a Gardería empece a funcionar canto antes, non quer que se atrase a apertura porque vostede se empeñe outra vez en colarnos un Regulamento ILEGAL, corríxase mentres aínda está a tempo.
Ah para rematar, é conveniente que sepan os cidadáns que vostedes pretenden aprobar uns prezos públicos que coinciden cos máximos que a Xunta permite, menos mal que a Xunta establece límites máximos. Por parte do GMS reiteramos que a Gardería debe cumprir unha labor social, polo que debe xestionarse directamente polo Concello e ser de balde, salvo para as familias con alto poder adquisitivo.
Pinchar sobre os recuadros para ve-los documentos ampliados:

Redactado por Grupo Municipal Socialista el
Miércoles 3 de Marzo de 2004
si señor estoy muy pero q muy acuerdo con lo q d expresais y las ideas,asi q...
no tengo mas comentario q añadir, a no ser q da verguenza q sigamos asi y sin guarderia sea la culpa de quien sea.
. hola miguel y paulino.y demas como no
. beatriz alvarez vicente si esa, jejejjeje