Constitúese en A Guarda un clube de pesca submarina
Domingo 21 de Marzo de 2004
Con data 28 de febreiro de 2002 celebrouse a asemblea de constitución dun club de pesca submarina en A Guarda, este club leva por nome, PESCASUB ATALAIA.
Á Asemblea constitutiva celebrada nas antigas dependencias do Colexio PP Somascos, acudiron arredor de 40 afeccionados a este deporte, procedentes de toda a Comarca que mostraron a súa disposición para asociarse formando un Club que sirva de foro de encontro para mostrar as súas inquietudes en relación con este apaixónante deporte.
O obxectivo do club será ademais dignificar este deporte que en determinados sectores non está moi ben visto, realizar tramites administrativos como a federación dos socios e tramitación de licencias, representar diante da administración as posturas e preocupacións dos pescadores, tentando que non sigan facendo leis tan restrictivas en relación con un deporte que ben xestionado e promovido podería ser unha importante fonte de ingresos dende o punto de vista turístico, organizar encontros e concursos que fomenten a práctica deportiva relacionada co mar e servir como punto de referencia a xente nova que queira iniciarse na pesca submarina.
Os afeccionados a pesca submarina quedaron emprazados pola directiva do club a unha nova xuntanza que se realizará en breve para formalizar a súa situación de socios, despois de tramitar diante da Xunta a legalización dos estatutos.
Na fotografía aparecen os membros da directiva do club PESCASUB ATALAIA
Redactado por Grupo Municipal Socialista el
Domingo 21 de Marzo de 2004