Acordo dos grupos municipáis do PP e PsdeG PSOE de A Guarda sobre a vía de alta capacidade
Jueves 25 de Marzo de 2004
Os grupos municipais do PP e PSdeG-PSOE, despois de varias reunións e atendendo a que o trazado da Vía de Alta Capacidade proposto pola Xunta (coñecido como trazado nº 2) non é satisfactorio para A Guarda, acordamos presentar alegacións que se concretan en:
1º. Apoiamos a mellora de infraestructuras viarias no Baixo Miño. Pensamos que unha autovía sería a solución idónea ós problemas de comunicación que xa hoxe temos plantexados.
2º. Rexeitamos o trazado nº2 no noso término municipal por provocar ruptura humana e xeográfica sen que a cambio nos solucione os problemas de tráfico e non contemple a circunvalación de A Guarda.
3º. Solicitamos o estudio dun novo trazado que discurra pola zona de montaña, que deberá pasar entre o Niño do Corvo e Lousado, aproximadamente polo trazado proposto pola Plataforma Veciñal de O Rosal.
4º. Reiteramos o rechazo o trazado nº 2 ó seu paso polo noso Concello. Manifestamos que en ningún caso renunciamos, sexa cal sexa o resultado dos estudios do trazado alternativo, a Circunvalación e conexión co Polígono Industrial; asimesmo, propoñemos que a VAC remate no límite do término municipal e que se resolvan os accesos tanto dende a N-550 como dende a estrada A Guarda-Fornelos por vía convencional.
A Guarda a 25 de marzo de 2004
Redactado por Grupo Municipal Socialista el
Jueves 25 de Marzo de 2004
Para los que estamos fuera ,estaria bien tener acceso a los distintos trazados en esta pagina.
Gracias.
M@riano