XVII encontro galego e X galego-portugués de Educadores Pola Paz
Miércoles 31 de Marzo de 2004
Os vindeiros 23, 24 e 25 de abril terá lugar no Hotel Novo Muiño de Camposancos o XVII encontro galego e X galego-portugués de educadores/as pola paz, organizado polos Educadores/as pola Paz-Nova Escola Galega, o dto. de pedagoxía e didáctica das CC.EE. da universidade da Coruña e o Movimento dos Educadores pela paz de Portugal (MEP).
Segundo os organizadores, a temática deste ano xira en torno ao tema central do debate mundial da globalización neoliberal, e intentará mediante o programa proposto para os tres días establecer claves educativas para que os educadores/educadoras faciliten estratexias aos estudiantes para comprender o mundo en que vivimos
Para máis información:
Nova Escola Galega (NEG) tfno/fax 981 56 25 77
correo electrónico: neg@iaga.com
Dto.. de Pedagoxía e didáctica tfno ) 981 16 70 00 ext 1743 ou 1867
correo electrónico: jares@udc.es
Redactado por Redacción el
Miércoles 31 de Marzo de 2004