Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Adecentamento da pista de baloncesto do Centro Cultural

Domingo 18 de Abril de 2004

Pinchar para ampliarO pleno do Concello de A Guarda aproba por unanimidade unha moción do Grupo Municipal Socialista sobre o adecentamento da pista de baloncesto do Centro Cultural.

O texto integro da moción dice o seguinte:
Consideramos que é unha obriga do Concello fomenta-lo deporte entre a xuventude e dotar a nosa Vila das instalacións necesarias para que se cumpran as demandas dos mozos que queren facer deporte. Observamos tamén, que aínda queda moito por facer neste senso, que A Guarda debería dispoñer de máis instalacións deportivas de acceso libre para tódolos cidadáns.
O primeiro paso, antes de plantexarse sequera ter máis instalacións deportivas, debe ser asegurar que as que xa temos están en perfectas condicións. Esto é unha obriga do Concello, o mantemento e limpeza das instalacións municipais, deportivas ou de calquera outro tipo.
Observamos, despois de visitar algunhas das instalacións deportivas municipais, que estas deixan moito que desexar en canto a o seu estado de conservación e limpeza para a práctica de deporte. Falamos en concreto da pista de Baloncesto do Centro Cultural. A zona das gradas está totalmente esnaquizada, chea dos cascotes, dos que moitos chegan ata a pista de xogo,. As liñas que delimitan a zona de xogo foron pintadas, así nos consta, polos propios usuarios e nalgunhas zonas estas liñas non están marcadas. As canastras non dispoñen de rede e non están ben suxeitas os taboleiros. Os propios taboleiros e canastras atópanse en tal estado de deterioro que representan un serio risco de accidente para os que achegan alí co ánimo de xogar o baloncesto.
Por todo o citado propoñemos que o pleno do Concello aprobe a seguinte MOCIÓN:
Reparar a maior brevidade posible tódolos estragos que hai neste recinto deportivo, incluíndo a zona das gradas, deixándollo nunha situación segura para a práctica deportiva.
A Guarda a 2 de abril de 2004

Redactado por Grupo Municipal Socialista el Domingo 18 de Abril de 2004
Comentarios

Que nitided¡¡
Preciosa y mas para mi que tanto he andado por esos rincones .Gracias.
Saludos

M@riano

Enviado por: M@riano el Lunes 26 de Abril de 2004 a las 23:25
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.