Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Resolución Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento

Martes 11 de Mayo de 2004

Coordinadora Galega de Ong para o DesenvolvementoResolución da Asamblea Anual da Coordinadora Galega de Ong para o Desenvolvemento sobre as torturas e vexacións a prisioneiros iraquies por parte das forzas de ocupación estadounidenses.
Moitas veces a realidade supera á ficción. O horror que en nós produce a visión material gráfico que os medios de comunicación social mostran estes días nas súas páxinas é imposible de describir.


A Asemblea da CGONGD quere expresar a súa repulsa máis enérxica e absoluta ante o uso da tortura, a aldraxe e a humillación no trato aos prisioneiros iraquís por parte das forzas de ocupación. Quere igualmente manifestar a súa preocupación polos presos da base de Guantanamo e chamar a atención dos cidadáns e cidadás galegos sobre o alento que as autoridades norteamericanas dan á proliferación de grupos paramilitares formados por mercenarios que operan en Iraq coa súa absoluta complicidade. As torturas que se infrinxen ao prisioneiros iraquís entendemos que só poden ser cualificadas como “crimes de guerra” e “crimes contra a humanidade” e como tal deben ser perseguidos pola comunidade internacional que debe poñer todos os medios para que os culpables sexan castigados.
A asemblea da Coordinadora Galega de ONGD esixe o cese de todos os cargos do exército estadounidense implicados nos feitos relatados e esixe, unha vez máis o fin da ocupación de Irak. Reiteramos a nosa petición de que sexa a comunidade internacional e o propio pobo irakí o que busque unha solución á situación crada por Estados Unidos e os seus interesados aliados.
Como organización que se opuso desde un principio á participación do Estado español nesta aventura guerreira queremos mostrar o noso respaldo á decisión do goberno do Estado de poñer fin da participación do exército español no apoio ás accións de ocupación de Estados Unidos.
A Asemblea de CGONGD reafirma unha vez máis a súa confianza na busca da resolución pacífica dos conflictos e entende que a normalización democrática de Iraq e a saída das forzas de ocupación son un requisito imprescindible para a estabilidade política da rexión e do mundo árabe. O respecto aos dereitos humanos e a recuperación da soberanía por parte do pobo iraquí son unha prioridade para a consecución da paz e unha garantía para o afianzamento das liberdades, a cooperación e a paz no mundo.

Monforte de Lemos. 8 de maio de 2004

Redactado por el Martes 11 de Mayo de 2004
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.