| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Diario dunha viaxe por Namibia, na sede de ACEAJueves 17 de Junio de 2004
O seu fillo viviu con el os preparativos da viaxe, mapas e reunións cos amigos ó redor dun lonxano país do sur do soño de África, por iso á volta pensou nesta exposición, como un regalo. Non se trata dun traballo pensado para mostrar a realidade dun país democrático, Namibia, que segue ofrecendo uns contrastes difíciles de asumir en algúns aspectos. Trátase do relato dunha viaxe turística contada por un pai a seu fillo. Fotografías de animais fascinantes que son a imaxe de África. Paisaxes quentes que se agarraron á retina do autor: as tormentas de area, as dunas do deserto do Namib, o río Chobe, os poboados himba. E Walvis Bay e a súa lagoa salgada cuberta de milleiros de flamingos e pelícanos. A exposición complétase cun diario de apoio á visión fotográfica, que describe polo miúdo as rotas polas que o autor andou en Namibia, Bostwana e Zimbabwue, e o pouso de cada lugar: avións, postos de venda ambulantes, angolanos que cruzaban a fronteira para comerciar, as chozas dos poboados, etc. Inauguración o día 18 ás 20:00 h. Para contactar: correo@eliseoalonso.com ![]() Elefante ![]() Elefantes ![]() Flamengo ![]() Focas ![]() Himba e baobab ![]() Laguna con pelícanos ![]() Poboado Himba ![]() Turistas ![]() Xirafas Redactado por Fernando Coello el Jueves 17 de Junio de 2004 Comentarios
Comentar este artículo
|