Domingo 18 de xullo: Concurso de Figuras de Area na praia do Muíño
Viernes 2 de Julio de 2004
A Asociación ÉRGUETE BAIXO MIÑO de A Guarda convoca para o domingo 18 de xullo o XIII CONCURSO DE FIGURAS DE AREA que terá como emprazamento a praia do Muíño de Camposancos (A Guarda).
A actividade dará comezo ás 12:00 horas, tendo lugar as inscripcións unha hora antes: de 11 a 12 da mañá. O evento será aprazado en caso de chuvia.
As categorías establecidas para este concurso son as que seguen:
1.- De 3 a 5 anos
2.- De 6 a 9 anos
3.- De 10 a 12 anos
4.- De 13 a 15 anos
5.- Equipos de 3 a 15 anos ( 2-4 participantes)
Disporase dunha hora para realiza-la figura de area onde o tema será libre. Para a elaboración das mesmas poderá empregarse cubo, pa e restrelo.
Daranse dous premios por categoría e tamén haberá refrescos, xelados e agasallos para tódolos participantes.
Nota: rogamos difundan o máximo posible dita información ata a data prevista (18 de xullo). Gracias.
A Guarda, a 29 de xuño de 2.004
Redactado por Redacción el
Viernes 2 de Julio de 2004
queria saber si van a poner mas fotos de este dia? un saludo y gracias
Lo siento, pero ese día estábamos de viaje y no pudimos ir a tomar las imágenes.