Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

XII Feira do viño do Rosal

Jueves 15 de Julio de 2004

Cartel anunciadorDende o 16 ao 21 de xullo no concello do Rosal celebrarase a XII edición da Feira do Viño, que, este ano, reunirá na Praza do Calvario a 17 adegas e outros productores da comarca.
A Feira pretende un dobre obxetivo: a promoción empresarial, por un lado, e a promoción turística, por outro.

Este ano participarán dezasete adegas e unha destilería: Lagar de Fornelos, Tollodouro, O Aforado, Lar de Vieira, Santiago Ruiz, Quinta Couselo, Valmiñor, Terras Gauda, Señorío da Torre, La Val e Cooperativa Porta do Río Miño, todas elas do Rosal; Viñas Torroxal, Lagar de Ozores, Lagar de Pedregales e Pazo Valdomiño, de Tomiño; Canónigo Areal e Viña Remesal, de Tui, pertecendo todas elas á Denominación de Orixe “Rías Baixas”, ademais estará a Adega Cooperativa de Ponte de Lima (Portugal).


Programa
Venres, 16 de xullo

19:00 Inauguración a cargo do Excmo. Sr. Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, D. Juan Manuel Diz Guedes Grupo de Metais da Agrupación Musical do Rosal

19: 10 Lectura do pregón
19:30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal
19:45 Inauguración das exposicións culturais
20:00 Aperitivo no xardín do Concello do Rosal
23:00 Actuación do grupo de música tradicional galega Os Cempés, na Praza do Calvario

Sábado, 17 de xullo

11:00 Apertura do recinto feiral
20:00 Banda de Gaitas Mazaroca de Cangas do Morrazo
24:00 Actuación do grupo pop-rock Amordiscos

Domingo, 18 de xullo

11:00 Apertura do recinto feiral
21:00 Clausura oficial
21:15 Actuación da Charanga Os Charangos (ata a hora do peche)

Tódolos días nos baixos do concello:

- Exposición filatélica (Grupo Filatélico e Numismático "Val do Rosal")
- Exposición de pintura (María Sobrino, Leopoldo García, Colectiva Galega de Pintores, Libia Domínguez)

Horarios: de 11:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 24:00 horas

Redactado por Concello do Rosal el Jueves 15 de Julio de 2004
Comentarios

Soy argentina y estoy buscando datos de un tio abuelo que tenia casa en O Rosal alrededor de 1940. Su apellido era Alonso Linares.
Alguien lo conocio y puede darme algun dato?? Quiza haya descendientes??
Agradeceria mucho cualquier informacion.
Susana R. Alonso

Enviado por: Susana el Viernes 16 de Julio de 2004 a las 19:34
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.