Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Xoves guardeses e aviadores de Xetafe 1934

Jueves 2 de Septiembre de 2004

'Clic' para ampliarSalón de Baile do Casino de A Guarda no edificio da rúa Puerto Rico, hoxe Antiguedades San Marcos. Na foto xuventude guardesa e xóves pilotos procedentes do aerodromo de Getafe (Madrid) en agosto de 1934. O baile foi presidido polo presidente don Luís Martínez.

Aterraran na CANOSA [ou TORREIRO] un 12 de agosto de 1934, 23 avións que foron recibidos con bombas de palenque procedentes do barrio de A Cruzada que estaba celebrando as Festas de San Queitano [antes coñocido cómo San Queitano do Grelo]. Recollidos na Canosa por barcos procedentes do Club Naútico sito en O Pasaxe foron rebidos con tódolos honores na Casa Consistorial polo Alcalde don Antolín Silva Vicente, acompañado do xuiz don José Benito Sobrino e Corporación Municipal, onde foi servido un "vino español", e logo obsequiados tamén con un "ágape" no Hotel Pazo Santa Tecla.

Abaixo pola esquerda de "pajarita" Nemesio Álvarez Sánchez capitan piloto de aviación que chegaría a xeneral, fillo do Alcalde don Manuel Álvarez Vicente. Nesta escuadrilla de aeroplanos figuraba cómo xefe da escuadrilla o Tte coronel Sr. Camacho, estaba presente tamén Benito Álvarez Sánchez capitan de artillería é irmán de Nemesio.

Nemesio foi o iniciador das viaxes en avión dende Madrid a CANOSA ( O Rosal). En 1931 chegan a vila guardesa técnicos estatais para valorar a posibilidade de dispor dun campo de aterraxe para avións civís e militares, logo en 1933 a raiz dunha hipotética "foga xeral" de traballadores españois, chegaron A Guarda 5000 litros de gasolina de aviación como recurso base para poder abastecer os avións de correos das líneas LAPE (Líneas Aéreas Postales Españolas). Tamén cando os primeiros días[22/23 de xullo de 1936] da sublevación militar contra a IIª República foi lugar de aterraxe dunha avioneta comercial pilotada polo Sr. Bofill [procedente de Cataluña], utilizada polos republicanos para botar panfletos contra os sublevados de Vigo, días mais tarde hidroavións procedentes da Base Naval de Marín [sumada a causa de Franco] soltaron unhas bombas no aerodromo da CANOSA como represalia.
José Antonio Uris Guisantes.
Setembro 2004

Redactado por José A. Uris Guisantes el Jueves 2 de Septiembre de 2004
Comentarios

Enhorabuena por recordarnos memorias y logros
de la aviacion guardesa.

Desde nuestra villa veraniega y querido Concello
de Aguarda.
FERNANDO PORTELA GUEVARA

Enviado por: Fernando Portela Guevara el Domingo 5 de Septiembre de 2004 a las 17:25
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.