Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Tabernas, tascas ou tendas na vila de A Guarda (1949-2003)

Sábado 16 de Octubre de 2004

En 1949 na Guarda os que tiñamos seis ou sete anos lembramos unha serie de establecementos comerciais coñecidos como “ultramarinos” nos que se podía atopar de todo, dende unha peseta de queixo ou dous reais de pemento, zapatillas, xabón, aceite, follas de afeitar e un longo etc.etc. todo elo envolto en “papel de estraza”.

Estes establecementos eran chamados Tendas, cando os paisanos tomaban viño “en cuncas de barro” eran Tabernas, pois os bares-cafeterías daquela eran moi poucos, por exemplo: Bar Miramar, restaurante e bar cafetería cando colleu apoxeo foi na etapa do Sr. Massotti, lugar de espera dos usuarios dos autobuses de A.T.S.A. que tiñan a parada en fronte e o despacho de billetes nun cuarto propiedade de Florindo Rodríguez “taberna El gallo”.

Lembramos aqueles autobuses KRUPP da IIª Guerra Mundial de cor amarelo, de Aguinaldo, Fernando Pérez “O Andalud”, Jerónimo Marquier, Elpidio Sobrino etc.etc. Mais tarde o Miramar foi trasladado ó edificio que fora de don Nicolás Linares “O Lamprea” Alcalde en agosto de 1936. Hoxe o Miramar está pechado.

Sociedade Recreo Artístico Guardés co servicio de bar-cafetería mais antigo para servicio dos socios, estivo en lugares diferentes [rúa Puerto Rico preto do salón de Baile de don Juan Lomba coñocido cómo “baile da perra chica”, edificio onde estaba a Cociña Económica [ aberta recén a guerra civil], que era propiedade da familia de don Julián López Ríos, casa dos Alonso onde están os P.P. Somascos, casa de don Francisco Sobrino, 1ª planta onde está Calzados Sobrino, tamén no baixo propiedade de Manuel Díaz González “Ligero” na rúa Concepción Arenal, mobles Santa Lucía, é de forma definitiva no local social da rúa Puerto Rico, edificio chamado das irmáns MENAS.

Sociedade Casino Guardés[ fai anos levaba o nome de Casino de Caballeros] con seu ambigú (bar-cafetería) para socios, tamén dende fai moitos anos, primeiro na casa de don Manuel Álvarez Vicente[ hoxe Antigüidades San Marcos], logo no Transversal Troncoso na Alameda.

Sociedade Los Amigos de Camposancos con bar cafetería dende fai moitos anos para os socios. Sociedade cultural e deportiva.

Bar Deportivo Guardés de Juan Noia Xil, onde logo estivo o Bar Celta de Sara Martirrey a dos Refugios, logo Antonio, [foi un dos primeiros empresarios que instalou unha televisión en branco e negro da marca Xeneral Electric onde podíamos ver os partidos de fútbol televisados], despois Emilio ó da sala de xogos da Alameda, mais tarde foi derrubado e no seu lugar hai un gran edificio de vivendas. Novo Bar preto do Bar Celta onde estivera o Cine Salón Parque Avenida dos mesmos donos do Teatro Cine Avenida.

Bar Ciscar sito fronte o Teatro Cine Avenida un dos mais antigos da Guarda, preparaban tapas variadas, chocolate en nadal e onde os “ricos” da Vila botaban partidas ó dominó, logo foi pechado e o seu dono abriu outro establecemento mais abaixo chamado Marbella con xeados, tapas etc.

Bar Arturo onde aparte de café podes tomar un bo xantar, bota-la partida ou charlar das vicisitudes do pobo. Bar Ligero [ tamén O Barquiño] foi unha taberna primeiro fronte o lugar onde está agora, logo bar-tapería onde se podía – e aínda se pode- tomar un bos callos, peixe do día, viño tinto do Condado, botala partida e ler a prensa, a “alma mater” foi Lucía a compañeira de Ligero, finada fai uns anos, logo o casar Manolo o sobriño quedou súa muller María Né, tamén excelente cociñeira e mellor persoa. A Manolo lle chamamos cariñosamente “papaditas”, leva moitos anos o fronte do “Barquiño”.

Mais tarde aparecen outros bares-cafeterías e outro tipo de establecementos de bebidas tales como discotecas, bares especiais, pubs etc.etc.: Capri[no seu día foi unha novidade na Guarda, hoxe está pechada]

Puerto Rico[ outra cafetería de grato recordo cando estaba o fronte Luís “O do Puerto Rico”un auténtico “relacións públicas”,logo foi traspasada pasando por varias mans ata que a colleron os irmáns Lomba. Hoxe en 2004 está pechada.

Oasis, primeiro foi cafetería-pastelería de Manolo Sandrini, logo traspasada a Víctor o dono da Pensión España[hoxe hotel Elimar], e vendida por Victor aos antigos camareiros Manolo e Daniel “do Oasis” , hoxe nas mans doutro antigo camareiro.

Shaida, fronte a para de Taxis [desaparecida no seu lugar está a Droguería Barcelona], Pescador, Brisa Boa, cafetería Centro Cultural [pechada].Gran Prix[bar-sala de xogos], Bantú[bar especial], Época[cafetería-bar], Art Café[bar-cafetería especial], Trastévere[bar], La Farola[bar-cervecería], Laberinto[desaparecido], Pub Teclas[bar], Óscar [pechada], Avenida [ feita n lugar da Tenda do tío José logo tenda de Fidel Vicente, Mostaza[bar-tapería], Raíces[bar-tapería], Saudade[bar tapería], Bergantín[bar-bocatería-cervecería], Rumbo[bar-tapería], Trisquel[bar-tapería], Alameda[bar-cafetería-pastelería], Suíza[bar], Pub Oxígeno[hoxe Vogue,], Anabel[tapería-xamonería], Pub 22[pechado], Centro Cultural [pechado]Albatros[cafetería do hotel Bruselas], As de Copas [pub-cervecería] O Forte[bar-cafetería-restaurante], O Mariñeiro [tapería], Puerto Guardés[tapería], Arruaz[tapería], Chupaovos[tapería], OCouto[bar, comestibles e restaurante], O Castillo[tapería], Enxebre[tapería], O Churrasco[taberna e tapería], O Funil[tapería], O Paseo[tapería-bar], Codesal [-bar-restaurante], Ely Mar[bar], Camping[bar-restaurante], Brisa Mar[bar-restaurante-hotel], Pub Viceversa, Pub O Refuxio, Pub O Meu, Cafetería da Sociedade de Tenis Codesal], Aquilino[bar-tapería,comestibles], O Pasaxe[tapería-bar-restaurante], A Parra[tapería-restaurante] La Casilla[cervexería], Don Bocata, Seixiños[tapería], Pub San Bento, Pub Sin Vento, Pub Y la Luna, Pub Coyote, Pub Cosa Nostra, discoteca Funchidos, discoteca Salamandra, discoteca Garza[pechada], discoteca Zeppelin, As de Copas na rúa Concepción Arenal.

Restaurantes: Casa O Portiño[pechado en 2004], Gran Sol, Holga, Riveiriña, Marusía, Bitadorna, Os Remos, Cangrexal, O Roxo, Alborada, Gaviota, Anduriña, Trasmallo, Xeito, Bahía, Barbela, La Perla del Caribe[traspasado], Pazo Santa Tecla, Mar y Cielo, Bernárdez, Muíño, Galicia, San Roque, Trasmallo, La Casa de la Abuela, Valladeiro, Pizzicata, Xantar.

Hoteis: Brisamar, Bruselas, O Muíño, Novo Muíño, Ely Mar, Martirrey, Pazo Santa Tecla, San Benito, Brasil.

Volvendo as lembranzas dos momentos vividos da quela, unha época na que xa se estaba saíndo da “fame” dos anos corenta das “libretas de racionamento” do “pisco”, do xabón feito con graxa de porco, dos emblemas do Auxilio Social, da Cociña Económica, do Frente de Xuventudes, Acción Católica, da Gota de Leite, do Centro Sanitario, inxeccións de calcio, vacina contra a viruela, da sopa de allos, da obrigada asistencia a misa nos domingos, das Misións onde se nos falaba do purgatorio e do inferno [quedabamos abraiados pensando na condena eterna]dos bolos de fariña cocidos en auga con “unto” na ola do caldo, dos “cotos” de “pan de boroa” cocidos nas panaderías de Recaredo [ O Curuto], e do tío Casimiro Pereira [rúa Calvario].

Naquela moi poucas familias tiñan radio [as poucas eran de lámparas] para oílo “ parte” [ Diario Hablado de Radio Nacional de España, emisora a que tiñan que conectarse tódalas demais tres veces no día].

A primeira emisora de radio foi Unión Radio logo Madrid Radio ( Radio Madrid) inaugurada polo Rei Alfonso XIII en 1925.

Radio Nacional de España nace en Burgos en 1936, o mesmo tempo que a Guerra Civil, é unha vez “liberada” Madrid ocupa o mesmo lugar que Radio madrid. O locutor Fernando Fernández de Córdoba fora o que lera o último parte de guerra dende Burgos. O rematalo “parte” ou “Diario Hablado de Radio Nacional de España” os locutores dicían: ¡gloriosos caídos por Dios y por España! ¡Presentes!. ¡Viva Franco!. ¡Arriba España!.

Radio Madrid forma hoxe parte do Grupo da Cadena SER.

Sigo falando das tabernas que é o que nos interesa hoxe, eran como un lugar de reunión dos homes [tamén neste aspecto a muller galega seguía discriminada daquela sería un “sacrilexio” que as mulleres estiveran na tasca, bar ou taberna, podía ir pero a mercalos “ultramarinos”, pagando ou “apuntando na libreta”].

Mentres os rapaces guardeses xogabamos na Vía [ explanada da Lonxa no Porto], San Queitano, Chan do Conde, Praza do Reloxo [onde está a Casa Consistorial], Monte Real, Praza de A Guía, Praza de O Castro, Muíño de Vento [hoxe rúa Rosal], Area Grande, Praza de San Bernardo [ ou praza dos porcos], Praza de Buxán, Laxe Grande, O Viso, As Cachadas, O Codesal, Fontevieita, Praza de San Mauro etc.etc.

Non tiñamos outra maneira de “mata-lo tempo” que xogar a pelota [a meirande parte de trapo], a cachiza, o pión, o escondite, xogo das bolas, o canga-terreno, o pañuelo, a aba, as chapas, saltar a corda cas rapazas, coleccionar prospectos do cine, cromos de xogadores de fútbol, ou ir o cine para “xeneral” que era a entrada mais barata [50 céntimos], outros podían acudir ao local do Frente de Xuventudes na Praza Nova [hoxe Peluquería Pili] onde se podía xogar ao parchís, damas, pim pom, boxeo, etc., tamén había o local de Acción Católica sito no que hoxe e praciña lindeira con Foto Gándara.

Algúns xogaban despois de acudir a xantar a Cociña Económica sita na rúa Colon, hoxe Restaurante Xantar.

As Tabernas Guardesas eran a maioría como clubs de deportes, lugar de xuntanza para os xogadores dos distintos clubs de fútbol ou dos remeiros que logo competirían na Festas do Carme en xullo. Os botes de madeira que lembramos foran construídos nos estaleiros do tío Minxos sitos no lugar que ocupa o edificio do restaurante Anduriña na rúa de O Porto, o nome dos botes eran Monte Carmelo e Virgen del Carmen.

Unha das mais famosas tripulacións dos anos 1950 fora a da Taberna Morales [hoxe panadería Morales] con Cándido García “Paquillo”, Salvador “Taba”[finado], Agustin Pena “Taboni”[finado], Constante “Melé”, Manuel “O Pío”, Angel “Gelitón” e Antonio Lomba “Toneno”.

Outra tripulación era a formada polos irmáns SERRERA da taberna O Jaula [hoxe desaparecida] sita na rúa de O Porto, logo soaron as tripulación de “O Barquiño cos “Somacos”, da Taberna “La Revoltosa”, do “Chupa Ovos” e da Taberna “Mau Mau”.

Lembrámonos das seguintes Tabernas, Tascas, Tendas ou cómo se lles queira citar:

Abelardo no Curuto, onde tamén tiñan muíños para moela fariña milla. A Cueva sita no Pasaxe, para botala partida, beber uns grolos de viño ou de augardente o vir ou esperar polas mareas para a pesca do sábalo ou lamprea. A Inverna en Salcidos [onde se xuntaban os zocateiros]. Amado na rúa Vicente Sobrino [medio bazar, tenda e tasca]. Amador en Salcidos. A Revoltosa sita na “plazueliña” de Tranversa Levada, rúa Hernán Cortés taberna popular do barrio mariñeiro e onde tiñan unha especie de Club de Remeiros para as regatas de botes na festa da Virxe do Carme, tomar viños ou saborear unha boa lamprea. Arsenio na rúa Calvario-A Guía, taberna, tenda onde tanto se podían tomar callos os domingos como botala partida o rento, as cuncas de viño de “baixa” ou de “alta” dos Ignacios, Arsenio [Municipal do Concello] anotaba as cuncas en papel de estraza poñendo una raia o lado do nome. Anselmo no Castro, tenda e estanco. Ascensión Trigo, tenda en Buxán. Avelino da Menora na rúa Pontevedra [hoxe rúa Galicia], a xuventude 50-60 tomaban gasosa con xerez e manises, despois de vela película no Cine Avenida. Avelino na Alameda preto de Avelino da Menora. Angela na rúa San Bernardo preto da igrexa parroquial con 20m2. Aquilino no Pasaxe con bos “grolos” de viño de Haro-Rioxa introducido por don Luís Gil Galdámez “O Policía”, chatos de xerez e hoxe alimentación, bar, tasca e lugar de tapeo.
Alpiste en Chan do Conde o famoso “Casino dos Mariñeiros”. Podíase tomar viños ou arranxar calquera músculo do corpo “osos fora do sitio”. Apois na Ireira A Corona na rúa Oliva. A Redondiña do Sr. Sanamaro en Camposancos. Albardeiro de Pintán, A Saltona na rúa Concepción Arenal. Taberna, tenda e panadería. A Gorda na rúa do Medio [Hernán Cortés] famosa polos manises e viños de O Rosal”Dos das Peras”, lugar de xuntanza cando viñan de volta os telleireiros. Balladeiro, tenda na esquina da rúa Roda con rúa de O Porto, hoxe Bar El Puerto Guardés. Belén e José en Buxán. Benedicta [tía] [a do loro], na rúa Concepción Arenal. Nai de Domiro Riego. Bixurro en Camposancos. Caracol na Guía[mercaban caracois, xerez e carrapicho], hoxe Ultramarinos Elena. Concha do Pitusa ou das Telvinas na praza de A Guía. Concepción [tía ] logo Concha en Hernán Cortés. Campanitas en Camposancos. Chupa Ovos na rúa de A Roda, tenda, e hoxe lugar de tapeo. Caranxo no Castro. Carlos [fillo do Latoeiro]preto de Buxán. Cámara no Calvario esquina a rúa Vicenta R. Cachada. Carmen Guisantes “O Caracol” na Baixa a Praia no barrio de Ribadavila. Hoxe tenda Elena. Casa Elías na Praza da Fariña ou de Ignacio Sobrino [hoxe Supermercado Tandy]. Lugar onde podías tomar unha cunca de viño tinto do país[Tebra], picar tapas de polbo, fanecas, cariocas, pementos de padrón etc.etc. ou facer un bo xantar, así como levar o xantar en olas para a casa a prezos “populares”. Concha A Galiña, na rúa Cocepción Arenal. Costiñas, tenda na rúa Concepción Arenal Cristina “do carniceiro”, tenda na rúa Muñoz Grandes, hoxe Brasilino Alvarez. Cristo de Bouzas en Malteses e logo no Transversal do Tío Binito. Elena no Paíño-Buxán. Emilio Lorenzo “Taboleta” na rúa Vicenta R. Cachada. Estación do Norte fronte a subido ao Trega. Gran Sol na rúa Malteses onde podías comer lagosta ou beber un bo viño do país, non digamos da pescada con patacas e mollo preparado pola tía Lola das Cabazas. Hoxe está pechado. Unha das fillas abriu o restaurante Casa Holga na rúa Malteses, e outra abriu o Gran Sol na rúa Circunvalación Félix na Gándara [tamén se recollía o Correo]. Fidel antes tenda do Tío José [hoxe cafetería Avenida]. Gabriel Reyes na Molinera-Seixiños A Gándara. Catalina na Gándara. Generoso en Salgueiró-Camposancos. Generoso Lomba en Funchidos. Guadalupe na Avda do Porto. José María na rúa Ireira, logo do Sube y Baja. José preto da igrexa de Camposancos. Las B.B.B. [Las tres Bes], a primeira pollería de A Guarda de Laureano Andrés. Leonor nos Seixiños A Gándara. Leona (Josefina) na rúa Vicente Sobrino. Lato na Longra –Salcidos. Lita Portales, tenda en Concepción Arenal. Luguesa na Praza Nova. Mundo na Portela-Salcidos. Manolito, na Parediña-Malteses. Magdalena, tenda na rúa Joaquin Alonso, ainda existe hoxe. Manoja na rúa Méndez Núñez. María a Calana primeiro na Praza de José Mª Lomba e no entre rúa Oliva e Hernán Cortés. María Rosa na rúa Vicente Sobrino. Hoxe tenda de modas. Mario Nerón na rúa Bernardo Alonso. Martinillo (Angel)na Praza do Reloxo. Martinillo O Vello na praza de San Marcos. Mau- Mau na Praza da Fariña ou de Ignacio Sobrino [ antes nunha casiña da rúa Oliva], aquí creouse a Banda Mariñeira Mau Mau, tamén estivo varias veces o cantautor galego Suso Vahamonde finado no ano 2000. Dende esta taberna mariñeira partiu a idea de facerlle un homenaxe ao Colexio San Xerome Emiliani no ano 1.981 facendo un partido de fútbol, onde participou Calzados Urbano, Confitería Rogelio, José Riego Lomba e a meirande parte do comercio de A Guarda, como colaboradores.
Morales, tenda na rúa Concepción Arenal. Muchi na rúa Bernardo Alonso, hoxe casa do Paquillo. Naranja, A, tasca e tenda na rúa Avda. Calvo Sotelo, hoxe rúa de O Porto. O Barquiño ou Bar Ligero na rúa Concepción Arenal. Primeiro na casa de Pepe Andrés García O Carniceiro e logo nu lugar que ocupa hoxe. O nome de O Barquiño foi debido a que ese era o nome do Club de Fútbol Deportivo Guardés – en sentido cariñoso- sendo Ligero [Manuel Díaz González xogador], existindo incluso un himno ao “Barquiño”, que cómo é sabido tamén é un dos distintivos da Vila Guardesa. Aquí facían base os mozos coñecidos cómo “Os Somacos” nos anos cincuenta, os que aparte de xogar o fútbol, andar na zocata tamén tiñan un equipo de remeiros.
No “barquiño” ou Bar Ligero aínda están os frescos pintados por D. Alfredo Vázquez Palacios nos anos 50 do pasado século con motivos galegos.

O BARQUIÑO

Barquito envidiado y fuerte no temas al vendaval, que aún no ha nacido el rival que te pueda dar la muerte.

Naciste para triunfar, vé del triunfo el puerto franco, que tu rival no ha de dar ni un cañonazo en el blanco.

Personajes legendarios tus contrarios… ¡oh ludibrio! son de vidrio.

Tus mástiles son de acero con adornos de metal… Tu adversario… No sé lo que hará un velero con mástiles de cristal.

Ya puedes cañonear con rabia y con desenfado sus balas se han de estrellar contra tu fuerte costado. CLUB DEPORTIVO GUARDÉS ¡adelante! que no ceses ni un instante de vencer. Y que sepas abrazar… cuando te toque caer que el que no sabe perder tampoco sabe ganar.

(de autor anónimo)

O Canal na rúa de A Cal, onde se podían botar partidas dende as 11 horas ata as 22 horas de julepe, tute e sobre de todo de rento. O Roxo na rúa de O Porto [tasca, restaurante e estanco]. Hoxe soamente estanco. O Cata na rúa Concepción Arenal, onde se podían beber uns bos grolos de viño do tinto do país. Hoxe Bar o Funil. O Coxo na Praza de Buxán. O Coxo na rúa de Galicia preto da Farmacia Sobrino. O Balladeiro logo Bar Tatá na rúa de O Porto [hoxe restaurante Valladeiro], rexentado por Valentin “Tatá”, xordomudo intelixente, finado en 2002, onde podías tomar un bo café, unhas gotiñas de augardente, tapas de peixe frito “do día” e unha partida ao tute. O Pito no cruceiro Pinto-Salcidos. O fundador fora concelleiro polo tercio familiar ca dictadura de Franco e súa filla Purificación Álvarez Álvarez foi alcaldesa de A Guarda varios anos na democracia. O Cortello no barrio de Sta. Tecla. O Couto en Camposancos, tenda, bar e restaurante. O Galo na rúa J.M Andreini, tenda, taberna e lugar de selado de quinielas e primitivas. Mercada por D. Florindo Rodríguez no ano 1.948 a Sara Martín Rey. A casa onde está esta taberna era de D. José María Moreno Franco [ casado con Dona Rosa Álvarez Vicente irmán do Alcalde D. Manuel Álvarez Vicente] e onde estivera nos anos 30 do século XX o a sociedade Círculo Guardés, aquí foi onde botou unha memorable arenga en pro da redención dos foros o abade de Leiro D. Basilio Álvarez Rodríguez agrarista fervoroso aínda que logo se pasou ao partido Radical Republicano de D. Alejandro Lerroux chegando a ser deputado en Cortes, co cambio de partido defraudou aos agraristas que tiñan na súa persoa un forte referente político. Tamén neste edificio estivo a centraliña telefónica moitos anos [ central das de manivela é que para unha conferencia había que esperar horas, sinalar que a telefonista podía oír –se quixera- as conversas telefónicas]. O Palomar na rúa de Circunvalación. O Pinanchí na esquina da rúa J.M. Andreini, onde está Lanas Nati. O tío Manuel fronte o Bar Couto en Camposancos. O Xogo en Pintán. Orensana na rúa Antonio Alonso. Tamén era pensión. Paes na praza de O Castro [antes fora a taberna-tenda de Lorenzo “O Laxote”]. Parra, logo tía CHUCA e Naranjita na Avda. de O Porto. Paraquesufras na rúa do Medio ou rúa Hernán Cortés, lugar de chiquiteo e tapeo. Ramón Camiña, tenda e panadería entre rúa Colón e rúa San Marcos. Realoro en Camposancos. Rita a Poveira entre as Laxes e rúa Oliva, tendiña moi pequena. Tiña a especialidade de saber “quitar areas”, lixos ou calquera obxecto dos ollos ca lingua… “un linguetazo” ¡é fora lixo!. Ramón o Alto na rúa Méndez Núñez preto do estanco de Sara “A Ganchella”. Peixe Frito ou Reinita sito no nº 1 da rúa Calvario [anos antes Pensión e Restaurante Argentino de Francisco Llorens fusilado na guerra civil]. Ramón da Menora no Coruto. Sanamaro en Camposancos. Sube y Baja na Ireira, tenda e tasca. Tenda Alimentación Gil en Sete Camiños que aínda existe. Tenda O Repolo na rúa Calvario. Tenda de Lito (Abelardo) o Baqueiro en Solanas preto das Escolas Públicas. Tenda de Luís Ferreira Lorenzo “Luís do Arsenio” na Laxe Grande. Tenda de Sara Gómez “A Ganchella” na rúa Calvario, con estanco. Tío Antonio no cruceiro Pinto-Salcidos que aínda existe. Tío Bernabé no Castro que logo lle pasou o estanco a Anselmo. Tío Enrique “O Rinoceronte” nas Laxes- Transversal Oliva, preto da casa do Mico. Tío Guevadas en Malteses. Tío Leza estaba situada na casa que está entre a esquina da rúa Hernán Cortés e Praza da Fariña ou de Ignacio Sobrino, fronte o Súper Elías. Esta era nos anos trinta a taberna mais importante antes e un pouco despois da guerra civil, onde se xuntaban “la flor y nata” dos personaxes da vida local. O tío Leza e súa dona faleceron entristecidos por non poder recuperalos grandes “pufos” de débedas de “ultramarinos” de ducias de familias que nunca pagaron, pese a dispor de cartos, cambiaron de tenda e esqueceron “a libreta”. Taberna da que fala Juan Noia Xil no seu libro Fuxidos. Tía Leonor na rúa de A Guía [hoxe casa particular de José Antonio Trinidad], onde a tía Leonor e súa filla Quina atendían aos rapaces/as de Ribadavila. Tía Manuela Ganchella muller do tío Manuel O CALLOO. Aínda que non tiña taberna nin tenda si despachaba bo viño tinto do país provinte das moitas viñas que tiña o tío Manuel na “aldea”, as chaves da adega as tiña a tía Manuela na súa aba para evitar que o tío Manuel “abusara” do torno. Tía Chuca na rúa de O Porto [hoxe restaurante Marusía]. Tía Erundina na praza de San Bernardo [hoxe estanco dun neto]. Tío Rafael, logo Sube y Baja na rúa da Ireira Tía Serafina no Castro, tenda e estanco. Ubalda, tenda na rúa Cervantes, frente a antigua Farmacia Anita Sobrino Vicente. Urbano en Buxán. Valeriano na rúa Concepción Arenal (frenta a tasca CATA). Vitorino o enterrador preto da Fonte dos Campos na Guía. Posiblemente algúns dos que vexan esta relación saiban mais nomes pero o traballo está baseado sobre as miñas lembranzas dende rapaz.

                                            José A. Uris Guisantes.
Redactado por José A. Uris Guisantes el Sábado 16 de Octubre de 2004
Comentarios

solo queria recordarte que habia mas establecimientos hosteleros que no aparecen, no se por que motivo, pero no aparecen.

Enviado por: fran el Miércoles 30 de Agosto de 2006 a las 19:40

Me gustaría saber que pasó con el restaurante de Holga.

Enviado por: Mª Jesús Ortiz el Viernes 10 de Agosto de 2007 a las 10:30

You? However, too many gardeners decapitate these beauties too early. I think you get the point. talukas Recognize your potential partner's true weaknesses. This means that when installed, HID bulbs are likely to be closer to the lens.

Enviado por: bydunajuky el Jueves 26 de Enero de 2012 a las 05:55
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.