Este Xoves o Cineclub Poleiro emitirá "As mulleres de verdade teñen curvas"
Lunes 18 de Octubre de 2004
Esta película, dirixida pola directora colombiana patricia Cardoso fai unha crítica da presión que impón a sociedade sobre a imaxe da muller.
A película gañou dous premios no Festival de Sundance 2002, o Premio do Público e o Premio Especial do Xurado ás actrices América Ferrera e Lupe Ontiveros e o Premio da Xuventude no Festival de Donostia - San Sebastian 2002.
As mulleres de verdade teñen curvas, está baseada na obra de teatro de Josefina López, escrita a partires das suas experiencias. A película conta a historia dunha xove latinoamericana, filla de emigrantes mexicanos, que vive na zona Este dos Ángeles e que loita para manter un equilibrio entre súas ambicións personáis e súa herdanza cultural mentres intenta abrirse camiño na vida.
O resto das películas deste ciclo son: “O home do tren” de Patrice leconte (4 de novembro), “Whale Ryder” de niki Caro (2 de decembro) e “Um film falado” de Manoel de Oliveira (13 de xaneiro).
Redactado por Fernando Coello el
Lunes 18 de Octubre de 2004