| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Grupo de gaitas "Os Pelouros" de A GuardaJueves 21 de Octubre de 2004
A presentación de cara ó público tivo lugar o sábdo día 9 de agosto de 1980 facendo parte do Desfile Folclórico Tradicional das Festas do Monte. ![]() Grupo de Gaitas “Os Pelouros” do Recreo Artístico Guardés en 1980 diante da capela de A GUÍA no barrio de Ribadavila. Na foto don Alfonso Martínez Peniza, presidente do recreo Artístico Guardés. Fotografía de Luís Cadilla González. Este ano estaban presididas por don Agustín Sobrino Pérez, sendo alcalde don Raúl González Puebla. Neste mesmo día da presentación deste Grupo de Gaitas “Os Pelouros” actuaron no venres no Estadio do Tecla Amancio Prada, Fausto e Bibiano. Dentro da sociedade Recreo Artístico Guardés xorde o Grupo de Baile ARXIL en 1983, conformándose entre os dous un Grupo Folclórico do Recreo Artístico Guardés. Un 25 de febreiro de 1984 faise cargo do Grupo OSPELOUROS como director don José Baz Mauri “Seli”, posto que deixara Manuel Álvarez por motivos de traballo persoales. Tamén foi nomeado don Juan Álvarez Sobrino administrador e portavoz dos Pelouros. Mais tarde un 7 de outubro de 1989 por renuncia de don Juan Álvarez Sobrino lle sucede don Manuel Coedo Martínez. Por problemas ca Sociedade dase de baixa ó Grupo de Baile ARXIL quedando os Pelouros. Actuaron en San Pedro de Macorís, Santiago de los Caballeros e Santo Domingo na República Dominicana. Na capital Santo Domingo actuaron na Casa de España, no Canal Teleantilles de Televisión e no Palacio da Presidencia da República, sendo recibidos polo señor presidente. ![]() D. Manuel Fraga Iribarne co uniforme de embaixador español En Puerto Rico actuaron na Romería Gallega, Centro Gallego onde coincidiron con don Manuel Fraga Iribarne no xantar feito na súa honra, no Auxilio Mutuo durante o homenaxe de honra feito a memoria de don Avelino Vicente González, fundador do mesmo e fundador do Centro Sanitario de A GUARDA onde tamén temos un busto adicado a súa memoria, sendo don Alfonso Martínez Peniza a “alma mater” destes dous acontecementos internacionais. En Portugal actuaron na vila de Caminha, Monçao, Braga, Valença, Vila Praia de Áncora, Arcos de Valdevez, Palmeira, Lanhelas e Viana do Castelo, deixando constancia do folclore galego y tradicións. Os Pelouros seguen actuando neste ano 2004, facendo parte de calquera evento cultural, e social da Vila de A GUARDA. Redactado por José A. Uris Guisantes el Jueves 21 de Octubre de 2004 Comentarios
quiero hacer contacto con la persona responsable para ver posibilidad de actuacion en santo domingo en noviembre proximo en festividades gallegas a realizaqrse en la casa de spa;a de santo domingo. ya hemos tenido varias esperiencias fabulosas con diferentes grupos .si es posible quisiera hacer contacto con sra. julia sobrino. saludos, manuel gomez guisantes Enviado por: manuel gomez guisantes el Viernes 23 de Mayo de 2008 a las 04:57Comentar este artículo
|