Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Curiosidades históricas relacionadas con A Guarda

Domingo 24 de Octubre de 2004

Fotografía cedida pola familia Rogelio Vicente LombaO dez de decembro de 1953 o Capitán Xeneral da VIIIª Rexión Militar MOHAMED BEN MIZZIAN del KASEM condecorou ca medalla da MEDAUIA ó veciño de A GUARDA don Rogelio Vicente Moreno.

Foi concedida polo Jalifa da Zona do Protectorado Español de Marrocos, co motivo da axuda prestada no transporte marítimo dun grupo de soldados mulsumans que combatían na guerra civil a favor do bando nacional do xeneralísimo Franco, estes soldados mulsumans tiñan permiso militar para dirixirse a Meca en peregrinación, despois de combatir contra os que chamaban “rojos”.
 
Rogelio Vicente Moreno (panadeiro de profesión) recibiu a medalla na Capitanía de A Coruña, onde se desprazou acompañado de varios familiares dende A Guarda. No momento do acto oficial o Capitán Xeneral de orixe marroquí obsequiou aos guardeses con un “vino español”.
 
Rogelio Vicente Moreno-falecido fai uns anos- era pai de Rogelio Vicente Lomba “Rogelito o da pastelería “Rogelio” na Praza Nova ou rúa Joaquin Alonso.
 
MOHAMEZ BEN MIZIÁN del KASEM nado en Marrocos en 1897 foi o único Tte. Xeneral “moro” no Exército Español na historia de España. Tivo dúas patrias [España e Marrocos], e dous Reis [Alfonso XIII e Mohamed V] , en 1911 o rei Alfonso XIII visita Melilla e cando pasa pola Escola Indíxena [acompañado de Mizían Ben Kasem, pai de Mohamed e caid ou xefe da Cabila de Mazuza de Guelaya ] coñece o alumno Mohamed Ben Mizian del Kasem a quen apadriña para que poida ingresar na Academia Xeneral Militar de España como cadete de infantería en 1913.
 
Nesta visita do rei a Escola Indíxena estaba presente un dos profesores, de nome, ABD El KRIM, que logo sería o líder da rebelión marroquí contra España. O 17 de xullo de 1936 o Corpo do Exército de África o mando do xeneral Francisco Franco Baamonde sublévase contra a IIª República, é o comandante Mizian secunda o golpe militar apoderándose da base de hidroavións do Atalayón.

 
En 1925 casa con Fadela Amor ca que tivo seis fillas e un fillo [finado o queimarse con un braseiro].
 
Grande amigo de Franco [“hermanos de sangre”, polas feridas en distintas campañas de guerra en Marrocos], foi sempre seu protexido. Nos anos 50 foi nomeado Capitán Xeneral da VIIIª Rexión Militar [Galicia] , xusto na terra na que a Santiago Apóstolo lle chamaban “Santiago matamoros” cómo se pode ver as cabezas de mouros debaixo das patas do cabalo. Na revolta marroquí contra España acaudillada por ABD El KRIM [1921-1926] loita contra eles sen abxurar da súa fe mulsumán. Estamos falando do desastre de Annual.
 
Foi Capitán Xeneral de Canarias [1955-56], logo solicita a Franco a baixa no exército español para pasar cómo Mariscal a organiza-lo exército de Marrocos, chamado polo rei Mohamed V [pai de Hasan II e avó de Mohamed VI]. Como mariscal do exército marroquí acude a Rusia para ser recibido con honores de xefe de estado por KRUSCHEV no Kremlin quen lle dixo: “es usted el primero y último general de Franco que recibo”…. Estivo de embaixador marroquí en Madrid no ano 1966, finando o 1º de maio de 1975- aos 78 anos- nun hospital militar español, seu protector e “amigo de sangre”, Franco finaría uns meses mais tarde [20 de novembro de 1975]. Franco amparou, protexeu, e desculpou sempre, a seu amigo bereber Mohamed, “por los servicios impagables hechos a España”….. Por certo que pese a pedila baixa voluntaria no exército español Mohamed Ben Mizian del Kasem sempre recibiu a paga de Tte. Xeneral por orden de Franco “ su hermano y viejo amigo marroquí”.
 
Naturalmente as páxinas reais deste Tte. Xeneral marroquí-español-marroquí e moro, deixa moito que desexar.
 
A escritora María Rosa de Madariaga no libro “Los moros que trajo Franco”, o escritor G. Cardona no libro “Franco y sus generales”, mais a testemuña persoal do historiador norteamericano John Whitaker [que acompañaba na guerra ao Tte. Xeneral Mohamed Ben Mizian del Kasem] dan datos duros e crueis nada edificantes para a figura de MIZIAN. […..] Las tropas nacionales habían prometido mujeres blancas a los moros cuando entrasen en Madrid…
 
WHITAKER [….] Me encontraba con este militar moro (Mizian) cerca de Navalcarnero, cuando dos muchachas, que parecían no haber cumplido los veinte años, fueron conducidas ante él. A una se le encontró un carné sindical en la chaqueta de cuero; la otra afirmó no tener convicciones políticas. El MIZIAN las llevó a lo que había sido la escuela del pueblo, donde descansaban unos cuarenta moros. Se escuchó un ululante grito de la tropa. Asistí horrorizado, El Mizian sonrió afectadamente cuando le protesté. Diciéndome…”OH, NO VIVIRÁN MAS DE CUATRO HORAS……”
¿Estes corenta moros e o Tte. Xeneral MOHAMED BEN MIZIAN DEL KASEM irían ó PARAÍSO DE ALÁ?.
 
José A. Uris Guisantes.

Redactado por José A. Uris Guisantes el Domingo 24 de Octubre de 2004
Comentarios


Turn Point International,
Mohalla Boggrah,Post Office Fateh Garh,
Daska Road Sialkot,Pakistan.
Ph No: 0092-52-3242212 , Ph No:- 0092-52-6912039
Ph No: 0092-52-8101791 , Mob No: 0092-300-6128165
MobNo:0092-345-6728422 Fax No:-0092-52-3251158
Website:- www.tpoint.com.pk Website:- www.turnpointint.com
E-mail:- info@turnpointint.com E-mail:- info@tpoint.com.pk
E-mail:- sales@tpoint.com.pk E-mail:- tpoint@brain.net.pk

Dear Sir,

We are hoping that this message may get your immediate attention,So we are going to contact you with full confidence and like to INTRODUCE YOU THAT OUR COMPANY IS MAJOR PRODUCES OF :

Leather Motorbike Jackets/Leather Motorbike Trousers,

Leather Moto Race Replica Jackets/Trousers,Leather Race Replica Suits.

Leather Motorbike Suits,Leather Coats,Leather Chaps,

Leather Vests,Cordura Jackets/Trousers,Cordura Suits,Leather Saddle Bags,Toll Rolls & Protectors etc.

We are already supplying our goods to U.K,Germany,Spain,France,Canada,Australia,U.S.A and all our costumers are satisfied with our quailty and Service.Because we supply our costumer good quailty products always low prices than other Suppliers.We are searching good buyers,who want to buy only quality products in quality 100% perfect.

Please visit our WebSite: www.tpoint.com.pk or www.turnpointint.com

and confirm us which models of garments you like to buy,so we shall send you samples in original for your final approval for quality test and approval.enable to place us a trial order in any Volume.Looking forward to receive your positive answer and if you want to Ask us any question,please contact us freely.Thank you.

BEST REGARDS,

SABIR USMAN.

Enviado por: Sabir el Jueves 19 de Julio de 2007 a las 13:09
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.