"O home do tren" este xoves no cineclub Poleiro
Miércoles 3 de Noviembre de 2004
O xoves 4 de novembro, o cineclub Poleiro proxecta no cine Avenida da Guarda, ás 22:00 horas a película francesa O home do tren dirixida por Patrice Leconte.
A cinta narra o encontro fortuito na estación do tren dunha pequena vila dun ladrón de bancos e un vello profesor de lingua xubilado.Os dous teñen unha gran misión dentro de tres días, un roubar un banco e o outro someterse a unha operación de corazón. A parella de actores, Jean Rochefort e Jonny Hallyday (veterano actor e cantante francés) borda os papeis que representan, dous homes que sempre soñaron con ser o que non son, cada un quere ser o outro, vivir a vida que non tivo. O profesor querería ser un aventureiro e o ladrón un home caseiro.
O director, que se deu a coñecer en Europa con outra película inolvidable, O marido da perruqueira, consigue achegar ó público ás esperanzas da parella, as súas miserias, as decisións erradas e tamén os pequenos praceres da existencia.
A película acadou o premio do público no festival de Venecia.
Goián, 2 de novembro de 2004
Redactado por Redacción el
Miércoles 3 de Noviembre de 2004