Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

O Imperio SOFICO

Lunes 8 de Noviembre de 2004

No goberno de Franco existiron innumerables estafas, suspensión de pagos, extorsións, enriquecementos ilícitos etc., asuntos que nunca chegaban a opinión pública polo férreo control existente nos medios de comunicación [radio e prensa], que ademais estaban nas mans da Prensa del Movimiento [Sector Azul do Goberno] ou na Falanxe Española.

Pero nos anos setenta aparecen tres casos que conmocionaron aos españois, falamos do ACEITE DE REDONDELA [aceite de oliva depositado pola CAT nos depósitos alugados da empresa REACE] , de MATESA [fábrica de teares para a exportación] e o Imperio SOFICO [inmobiliarias, captación de capitais para inversións inmobiliarias, renta e venta de pisos].

“EL IMPERIO SOFICO” [ seu distintivo era un cabaliño de mar] foi unha das grandes estafas da época franquista, onde estaban ministros, militares, e altos cargos metidos ata as orellas.

Os grandes prexudicados foron miles de familias modestas que deixaban seus pequenos aforros na Entidade Sofico captados por persoal sen escrúpulos que lles ofrecía un 12% de interese sobre o capital invertido.

SOFICO foi creada en 1962 cómo unha Inmobiliaria destinada a construír apartamentos na Costa do Sol, sobre de todo en Estepona.

Meses mais tarde créase SOFICO INVERSIÓNS co apoio do Ministerio de Información e Turismo, os intereses sobre o capital invertido eran pagados a un 10%, tal capital era invertido sobre apartamentos xa construídos e que se poñían o nome do comprador, pero que eran alugados e administrados por SOFICO.

Mais tarde os intereses serían dun 12% durante os primeiros dez anos, dun 14% nos cinco anos seguintes e ata os vinte anos dun 16%.

En 1965 pasa a central de SOFICO a Madrid creándose novas sociedades: SOFICO VACACIÓNS e SOFICO ATLAS.

O presidente honorario era don Luís Nieto Antúnez [irmán do ex Ministro de Marina do goberno do xeneralísimo Franco, Almirante Nieto Antúnez].

Director xeneral: Eugenio Peydró Salmerón. Vicepresidentes: Rafael García Valiño [Tte. Xeneral, logo finado]; Antonio Gómez Moya [logo finado] e substituído polo Tte Xeneral Rafael M. Cabanillas Prósper. Vocais: Segismundo Martin Laborda [Presidente da Audiencia de Guadalaxara e Conselleiro do Banco de Valencia]; Juan Losada Pérez [Coronel da Garda Civil e ex Xefe de Seguridade do propio Xefe do Estado xeneralísimo Franco]; Gustavo Navarro Daunic; José María López Pelegrín [Conselleiro do Banco de Crédito Agrícola] en representación do Ministerio de Facenda, é Juan Marín Pariente [Tte. Coronel de Intendencia do Aire].

Pero O VERDADEIRO CONTROL do IMPERIO SOFICO era levado por don Eugenio Peydró Salmerón e seu fillo por teren o “paquete” de accións maioritario.

En 1969 créase SOFICO RENTA S.A. para captalo diñeiro dos aforradores mais modestos, admitindo participacións de 25.000 pesetas. Neste mesmo ano o Ministerio de Información e Turismo premiou os sete anos de SOFICO ca “Medalla de Plata al Mérito Turístico”. [Sofico Renta captou daquela na Guarda participacións de 25.000 pesetas que ainda hoxe non recuperaron]

EN 1974 PRESENTA SUSPENSIÓN DE PAGOS. As ventas totais ata 1974 serían de 13.000 millóns de pesetas por venta de fincas e participación de capital sobre as mesmas fincas, pero moitos edificios ou apartamentos vendidos non tiñan nin os cementos e outros nin existían os solares sobre os que serían edificados.

Neste mesmo ano de 1974 a Agrupación Nacional de Axencias de Viaxes distinguiu a SOFICO [ xunto con Iberia, Ota, Swissar e Renfe] con un diploma pola labor realizada en beneficio de “la industria turística”…. Incluso tiña o lema de “SOFICO ES ESPAÑA”.

En 1974, no transcurso de a penas un mes, despídese a 450 empregados, 4.000 traballadores nun cobraron os salarios é a espera de poder obtelo paro, é 25.000 investidores esperando polos seus cartos….

Outras empresa SOFICO:

CENSA [Comercio Entrenaciones S.A.] creada en 1963 con 5 millóns de pesetas de capital. SRFSA [ SOFICO Reservas Financieras S.A.] creada en 1956 con 25 millóns de pesetas de capital. FIMESA [ Financiera Mecánico Eléctrica S.A.] creada en 1956 con 50 millóns de pesetas de capital. SOFICO VICTORIA S.A. creada en 1962 con 8 millons de pesetas de capital. SOFICO INVERSIONES S.A. creada en 1962 con 50 millóns de pesetas de capital. SOFICO CONDESTABLE S.A. creada en 1962 con 500.000 pesetas de capital. SOFICO VACACIONES S.A. creada en 1965 con 500.000 pesetas de capital. SOFICO ATLAS S.A. creada en 1965 con 50 millóns de pesetas de capital. SOFICO RENTA S.A. creada en 1969 con 25 millóns de pesetas de capital. SOFICO SERVICIOS TURÍSTICOS S.A. creada en 1969 con 500.000 pesetas de capital. SOFICO VENTAS S.A. creada en 1972 con 25 millóns de pesetas de capital. SOFICO FRANCE. SOFICO GREAT BRITAIN. SOFICO DEUTSCHLAND. SOFICO USA. HISPANO BENELUX.

En 1981 o xuiz que levaba ó caso SOFICO declara oficialmente que “LA QUIEBRA FUE UN FRAUDE DE LEY”.

Fonte:Sábado Gráfico nº 915-16 do 21 de decembro de 1974. DICODI 1974.

Nestas datas don José de Bergamín facía esta seguinte CITA:

“No juzgueis y no sereis juzgados”. “Pero si no justificais, tampoco sereís justificados”.

Redactado por José A. Uris Guisantes el Lunes 8 de Noviembre de 2004
Comentarios

excelente articulo

Enviado por: fernando el Jueves 21 de Julio de 2005 a las 18:15

Yo fui una de las muchas "victimas" del crack "Sofico", pues trabajé allí durante casi dos años. El artículo me parece muy bien escrito así como muy bien documentado.

Enviado por: adolfo el Lunes 31 de Octubre de 2005 a las 22:33
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.