| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Licor de CilantroMartes 9 de Noviembre de 2004
Machácase todo ben [nunca debe moerse nun muiño de café porque sería imposible poder filtralo producto ben, quedando partículas en suspensión o final do proceso que non favorecen a vista e paladar ], mellor co “machaca allos”, unha vez ben machucado ponse todo dentro dun garrafón de vidro [nunca en garrafas plásticas] que teña o doble de capacidade. A maceración debe durar oito días pero debe axitarse a mezcla duas veces por día. O cabo dos oito días cólase o licor por un pano fino, tipo tela de sabana, e finalmente debe filtrarse con filtros de papei especial de tamaño grande e groso, para eliminalo pouso [véndense nas Farmacias], é xa está o LICOR de CILANTRO preparado para a degustación. Esta fórmula foi lograda pola familia do Farmaceútico don Antonio Vázquez Palacios en Goián, e pola familia do ilustre escritor goianés Eliseo Alonso Rodríguez dende os anos 50 do pasado século. O licor de cilantro sae barato, apetece facelo, é quedamos sempre ben con os amigos e familiares que nos visitan, que cando o proban sempre repiten varias veces. Personalmente me gusta mais que o augardente de herbas por ter menos “ingredientes”. Outras familias engaden tamén a casca dun limón e no lugar de 50 gramos de cilantro poñen 60 gramos. José A. Uris Guisantes. Redactado por José A. Uris Guisantes el Martes 9 de Noviembre de 2004Comentarios
Gracias Jose Antonio por la receta de este licor.!! ¿Podrías informarnos la receta de la queimada? Saludos, Mayra Enviado por: mayra el Miércoles 10 de Noviembre de 2004 a las 15:17Por favor: Quisiera me envien la receta del licor de cilantro. Muchas Gracias. la idea es facinante y quisiera provar su vino Comentar este artículo
|