Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Caso MATESA 1969 - 1975

Viernes 12 de Noviembre de 2004

Juan Vilá Reyes MATESA [Maquinaria Téxtil del Norte de España] En xaneiro de 1969 comeza no Estado Español o IIº Plan de Desenrolo dirixido por ministros do OPUS DEI, impulsado polo Ministro Laureano López Rodó [Vicepresidente do Goberno e Ministro de Planificación e Desenrolo, así como membro do OPUS DEI].

A empresa Torras Herrería y Construcciones presenta suspensión de pagos con un pasivo de 525 millóns de pesetas daquela época, pasivo que resultou ser da maior cantidade na historia xudicial española e un “bombazo” para o franquismo.

En abril de 1969 os españois puidemos contemplar na TVE no Programa “Esta es su vida” que presentaba Federico Gallo a Juan Vilá Reyes cómo “empresario modélico e pai de familia” con corenta e tres anos e consagrado cómo empresario de éxito.

Pero en febreiro deste mesmo ano 1969, o Ministro de Facenda Espinosa San Martín ordenara investigar a Dirección Xeral de Aduanas a empresa MATESA e a Juan Vilá Reyes. Neste mesmos días o ministro arxentino de Industria [a preguntas dos xornalistas] afirmaba que seu país non mercara os 1.500 teares que afirmaba Vilá Reyes senón que foran 120 [os 1.380 teares que faltaban estaban sen tocar nunha nave de Bós Aires (República Arxentina), neste momento estala o CASO MATESA [fabricación de teares industriais], seus directivos cobraban créditos para axuda a exportación que logo resultou enganosa, caso gravísimo no eido económico, endexamais o Estado recuperou os 11.000 millóns de pesetas no que se estimou o fraude de MATESA. José María Escribá de BalaguerA empresa central estaba en Pamplona, dedicada a fabricación-exportación de teares sen lanzadeira “Iwer” de patente francesa, considerados polos entendidos cómo un “invento revolucionario”.

A revista GARBO [finais de xullo de 1969], dirixida as “amas de casa” dedicou unhas liñas para sinalar que unha empresa española dedicada a exportación estaba sendo investigada pola Policía, é que un Banco non privado estaría sendo prexudicado gravemente……

A Dirección Xeneral de Aduanas [dirixida por Victor Castro que era militar e membro do OPUS] dependente do Ministerio de Facenda presenta denuncia formal contra MATESA.

En agosto de 1969 celebrouse Consello de Ministros no pazo de Meirás na Coruña, pero antes reuníronse no hotel Finisterre o presidente do Goberno almirante don Luís Carrero Blanco; ministro de Facenda Espinosa San Martín [membro do OPUS]; ministro de Comercio e responsable da exportación, don Faustino García Moncó [membro do OPUS]; ministro de Información e Turismo don Manuel Fraga Iribarne etc. García Moncó apuntou [….] que existía a urxente necesidade de recuperalos créditos concedidos a Matesa, ventilar responsabilidades e a incautación da empresa… Fraga apuntou [….] que el asunto Matesa se trata de una cuestión exclusivamente política y como tal había que tratarla…

En outubro o xeneralísimo destitúe a don Manuel Fraga Iribarne, a José Solís Ruiz, a Espinosa San Martín é a Faustino García Moncó, pero nomea a outros ministros[perteñecentes tamén ó OPUS] afectos a don Luís Carrero Blanco e don Laureano López Rodó, polo que a derrota dos “da camisa azul” e notoria, pero van facer uso da “Prensa del Movimiento” para montar unha grande campaña en contra, baseada en datos falsos, tan grandes que parecen de verdade….

Existía de “facto” un enfrontamento de Fraga e José Solís [os de camisa azul] contra Carrero Blanco e López Rodó. O Caso chegou a unha Comisión Especial das Cortes Españolas [tiñan maioría os “da camisa azul de Fraga”], ó Xulgado Especial de Delictos Monetarios, Audiencia de Madrid e Tribunal Supremo.

Foi ó escándalo económico-politico mais importante da etapa final do franquismo desenrolado polo empresario Juan Vila Reyes, presidente, ademais do Club de fútbol Real Club Deportivo Español entre 1967-1969. JuanVilá Reyes era íntimo amigo do ministro Laureano López Rodó, quen veuse “involucrado” nunha xigantesca “apropiación ilegal” de fondos do Estado obtidos de xeito fraudulento do Banco de Crédito Industrial, como dixen caso insólito no franquismo, alentad pola propia prensa do Movimento Nacional.

Tamén saíu moi “tocada” a organización do OPUS DEI, organización a que pertencían varios ministros nesta época, incluso Juan Vilá Reyes tivo que negar [premido polos directivos do OPUS] que pertencía a organización, coñecida polos españois cómo “La Santa Coacción” [ control dos membros, secretismo e culto a personalidade], é identificada co nacional-catolicismo [aínda que negan este suposto dando cómo exemplo o de Rafael Calvo Serer que era un antifranquista furibundo e perseguido], o propio Fundador da OBRA Monseñor Escrivá de Balaguer y Albás[ Barbastro 1902-Roma 1975], foi denunciado nos anos corenta pola Falanxe Española acusándoo diante do Tribunal contra a Masonería.

Por outra banda a Falanxe observa no Caso MATESA a posibilidade de volver a ter presencia e mando no goberno polo que aproveita a prensa do Movimiento para atacar a Obra [OPUS DEI], indicando que Vilá Reyes era un membro cualificado do OPUS, insisto que logo el mesmo dismintíu por activa e por pasiva.

Procesamento de varios altos cargos da Administración, ministros, directores xerais, altos cargos do Banco de Crédito Industrial, encarceramento de don Juan Vila Reyes, é cómo consecuencia dimisión do Goberno Español en pleno por orden de Franco a quen lle chegaban as graves diferencias entre os ministros don José Solís Ruiz, don Manuel Fraga Iribarne, contra os do Opus.

En abril de 1975 ten lugar o xuízo contra os protagonistas do escándalo mais alarmante da etapa final do franquismo [Franco finaría o 20 de novembro deste mesmo ano, despois de estar mais de quince días en coma profundo], que supuxo o procesamento de dous ministros e sete altos cargos do goberno.

O empresario Juan Vila Reyes, enxeñeiro industrial de formación [defendido polo avogado don José María Gil Robles], foi condenado a 23 anos de prisión e 1658 millóns de ptas de multa, pero na realidade foron sete anos, sete meses e vinte días en Carabanchel….pois o xeneralísimo dictou un Indulto o 1º de outubro polos trinta e cinco anos da súa “exaltación a xefatura do Estado” saíndo tódolos implicados no Caso Matesa absoltos, incluído Vilá Reyes.

¡É os que roubaban galiñas para matala fame, saían os dez anos de prisión daquela!. O avogado don José María Stampa Brau [1925-2003] tamén estaría presente neste xuízo.

O 29 de novembro de 1975 foi publicado ó INDULTO REAL no que se concede aos relacionados NO PROCESO 1001 [Proceso político contra mais de seis mil presos sociais. políticos e sindicalistas da esquerda española] é os implicados no Caso MATESA.

Os presos sociais volveron a ingresar nas prisións debido a que non atopaban traballo polos antecedentes que tiñan e sobre de todo pola “crise” económica.

Meses mais tarde tivo lugar o “motín” na prisión Modelo de Barcelona debido a morte dun preso golpeado con un tubo de plomo por un funcionario. A incapacidade para negociar cos rebeldes por parte das autoridades da prisión, deron pe a que as autoridades gobernativas ordenaron a entrada das forzas de represión da Policía que fixeron unha intervención directa das mais duras desta etapa franquista, enxañándose duramente cos presos.

Coincide neste ano tamén a parálises total no abastecemento de madeira e de cacao procedentes de Guinea Ecuatorial recen independizada de España é na que comezaban enfrontamentos entre os mandamais guineanos polo poder, logo chegou a “marcha verde” no antigo Sahara Español a, a transición é vintecinco anos de democracia en España, esperemos que sexan séculos.

Redactado por José A. Uris Guisantes el Viernes 12 de Noviembre de 2004
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.