Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Caso REACE-Aceite Redondela

Sábado 20 de Noviembre de 2004

O 25 de marzo de 1972 diante da falta de aceite de oliva a CAT [Comisaría de Abastecimientos y Transportes] o comprobar que nos depósitos da empresa REACE sitos en GUIXAR (Redondela) non había o aceite previsto, ou sexa os grandes depósitos estaban totalmente baleiros, o Director Xeneral da CAT don José María Romero González (perito industrial), denuncia no Xulgado de Guarda de Vigo a falta de 4.036.052 quilos de aceite de oliva [mais de catro millóns de quilo-litro], propiedade da CAT con un valor de 167.615,172 pesetas. Sumario 43/1972.
A todo isto os Libros de Reace [había doble contabilidade endexamais apareceron...”voaran o igoal que ó aceite de oliva....." Catro días mais tarde [29/03/72] foi detido no tren Madrid-Bilbao don Isidro Suárez Díaz Moris [un dos socios maioritarios de REACE], o día 30 de setembro aparecen mortos [¿suicidio?, ¿asasinato?] no piso da súa propiedade en Sevilla o director xeneral de REACE don José María Romero González xunto a súa muller e filla. O xuiz que levaba o caso recibíu unha carta na que éste falaba de autoeliminación e de que tiña a conciencia tranquila por non estar involucrado no Caso REACE. PERO OS EXPERTOS DUDARON DA AUTENTICIDADE....[....] la carta no parece, ni por su extensión ni por su tono, la de un suicida....... REACE [Refinería de Aceites y Grasas] fora constituída por don Rodrigo Alonso Fariña en 1956 co fin de adicarse o refinado e envasado de aceite, eran socios Oswaldo Alonso Fariña, Salvador Guerrero, Eufrasio Juste e Francisco Carrión sita no lugar de Outid (Redondela) mais tarde en 1964 don Rodrigo Alonso Fariñas dispón da maioría das accións por compra a terceiros, incorpórase ao Consello de Administración don Nicolás Franco Baamonde [irmán do xeneralísimo Franco] e don Isidro Suárez Díaz Moris. En 1968 o Consello de Administracción eran: presidente: Isidro Suárez Díaz Moris; membros do Consello: Rodrigo Alonso Seoane, Nicolás Franco Baamonde, Jorge Alonso de la Rosa, e o propio Rodrigo Alonso; secretario de actas: Alfredo Román Pérez. A Comisaría General de Abastecimientos y Transportes [CAT] contrataba co Grupo Sindical de Estaciones Marítimas de Descarga de Aceite a Granel do que formaba parte REACE o almacenamento nos tanques e depósitos do aceite de oliva propiedade da CAT, co abono dun “canon” por mes é quilo de aceite almacenado. No ano 1964 foi feito o primeiro almacenamento nos depósitos sitos xa en Guixar (Vigo). Nicolás Franco Baamonde chegou a presidir sete grandes corporacións industriais, cómo TransMediterránea e Fasa-Reanult, entre outras.... En 1968 don Rodrigo Alonso Fariña cesa cómo presidente de REACE levando o peso da empresa don Isidro Suárez Díaz Moris. Este aparece morto nas duchas da carcere de VIGO en “extrañas circunstancias”, “por fuga de gas”???. Tamén un taxista foi asasinado en estrañas circunstancias preto do que hoxe é o Museo do Mar, o igual que un empresario do sector conserveiro vigués. O representante dos acredores [Sr. Mañas] na Administración Xudicial da empresa falece dun anxina de peito. En 1970 cesa cómo director de REACE don Carlos Nogueira que foi substituído por don José María Romero González. D. Rodrigo Alonso Fariña nado en Vigo en 1915 foi- entre outros cargos- presidente do Real Club Celta de Vigo ata xuño de 1973, ano no que presenta a dimisión debido ó “escándalo” de REACE. Lembramos que tiña un chalé en Viladesuso-Serrallo (OIA) preto da casiña do barbeiro de Vigo Sr. Minguela [Miguela fíxose famoso polo impacto xornalístico da aparición dun OVNI (Obxecto Voante non Identificado) preto da súa casa de Viladeuso]. O xulgado dicta Auto de Procesamento contra don Rodrigo Alonso Fariña [xa bastante enfermo do corazón] o 11 de novembro de 1973 “por haber encontrado indicios racionales de criminalidad como presunto artífice en los hechos enjuiciados”. D. Manuel Camilo Iñigo Moreno Teijeiro era Inspector Xefe da CAT en Pontevedra, é un 4 de xuño de 1970 acompañaría a Angel García Canals [funcionario da Escala Auxiliar da CAT (Comisaría de Abastecimientos y Transportes na Delegación de Pontevedra)] no servicio de comprobación de existencias de aceite nos depósitos de REACE en GUIXAR, comprobación que se levou a cabo de xeito rutineiro, non atopando algunha anomalía [ o parecer nas comprobacións pasaban o aceite duns depósitos a outros]. Antes disto García Canals limitábase a transcribir os datos aportados por un traballador de REACE as actas levantadas dende a oficina, recibindo unha gratificación “periódica” de REACE de 5000 pesetas, dende o 3 de abril de 1968 ata a 1 de marzo de 1972, data da última acta antes da denuncia do falecido don José María Romero. O xuízo comeza un luns do 21 de outubro de 1974 na Audiencia de Pontevedra, totalmente chea de público, prensa, radio, TV etc., [non nos esquezamos que estaba na boca de todos o nome de Nicolás Franco Baamonde, nesas datas embaixador de España en Portugal]. Presidía o Tribunal don Mariano Rajoy Moreno [ pai do político Mariano Rajoy Brey] , auxiliado por don Manuel Landeiro Píñeiro e don Celestino Prego Gracia. O Sumario tiña mais de 5000 folios, intervindo cómo un dos avogados defensores don José María Gil Robles. O Sumario estaba depositado na Audiencia Provincial de Pontevedra....¡ sumario "presuntamente" PERDIDO!...¿razóns?. ¡se hicieron obras, reformas, falta de espacio, tema cerrado....!. ¡Borrón é conta nova!. Tamén estivo presente neste xuízo o avogado don José María Stampa Braun, finado en 2003 ¿Que pasou cos asasinatos ou suicidios?. ¡Os mortos non falan! Era ministro de Información e Turismo [3 de xaneiro 1974 ata o 29 de outubro de 1974 en que dimitíu,s endo substituído por don León Herrea Esteban] o galego don Pío Cabanillas Gallas [1923-1991], quen non estaba disposto a consentir que a prensa (sobre de todo a prensa azul do Movimiento Nacional) aireara o escándalo [onde estaba metido de cabeza o propio irmán do xeneralísimo Francisco Franco Baamonde], dictando medidas para que os Servicios Centrais do Ministerio obrara en consecuencia. Por exemplo na revista CAMPO [nº 2626 do 3 de xuño de 1972], podíamos ler “Otro affaire aceitero: Redondela. ¿Cuando habrá una luz clara?. “Campo”, era unha revista do sector agro-pecuario editada en Sevilla sendo ó Director nestas datas don Joaquin Carlos López Lozano. [....] Se ha producido la desaparición de 4.052 toneladas métricas de aceite de oliva de los depósitos de REACE en la estación de Guixar (Redondela). La cantidad total del fraude asciende a 200 millones de pesetas [hoxe serían mais de 2.000 millóns], ante lo cual se reclama actúe la justicia por medio de un juez especial, y no se proceda al “stop secret”, cómo ha sucedido con anterioridad en un caso de adulteración de aceites en Barcelona..... [....] es hora que esa tradición fraudulenta con el aceite en nuestros días tenga serio escarmiento para ejemplo de todos..... O Delegado de Prensa do Ministerio abre expediente inmediato ao Director da revista Campo “por el contenido de los trabajos”...[sin comentarios]. O longo da vista descóbrese que había dobre contabilidade, que transvasaban aceite dos depósitos da CAT para os depósitos de REACE....... Os funcionarios da CAT [Comisaría de Abastecimientos y Transportes] encargados da inspección e medición cobraban gratificacións de REACE, quedando claro na vista tamén que o precintado dos depósitos era simbólico. O precinto seguía igual pero por orden do Secretario do Consello de Administración don Alfredo Román Pérez os obreiros, estes desmontaban antes os volantes das válvulas de saída que estaban pechadas por un precinto aos corpos dos tanques, afrouxando o tornillo que fixaba os precintos ao “vástago” da da válvula abríndoas logo con unha chave inglesa, depois facían o proceso inverso para pechalas. O presidente do Tribunal don Mariano Rajoy Moreno levou ferreamente a vista non deixando que saíran a luz os aspectos mais comprometidos deste grave asunto, no que había mortes polo medio e sobre de todo estaba clara a participación do irmán do xeneralísimo...nunha palabra o xuízo foi “un paripé político”. A causa quedou vista para sentencia o venres día 25, recibindo os españois a impresión de que todo ía seguir igual ó que estaba antes da denuncia,¡cómo así foi!. O que non se investigou, ou non interesou investigar, foi onde foron parar os millóns de quilos de aceite de oliva propiedade do Estado Español, e o porqué se facían transvases [tamén trasegos] do aceite dende os depósitos da CAT a os de REACE e viceversa, onde se vendía, onde estaban e quen eran os donos dos almacéns ou empresas que logo envasaban ou vendían, é cómo era o reparto das ganancias. Tampouco foi investigada a racha de mortes en cadea, porque podían ser, ou non ser, unhas desgracias coincidentes....as das mortes...ou asasinatos...???? ¡NIGUÉN SABE NADA!. Que a pesares do dito e medios oficiais de que ían facer unha grande investigación de “caiga quien caiga” [ por aquilo dos altos cargos e don Nicolás Franco Baamonde]o certo é que morreron os segundons, e os altos cargos, e altos persoaxes, non lles sucedeu nada e do ACEITE DE REDONDELA ENDEXAMAIS SE SOUBO ALGO. ¿Estaban no banco dos acusados tódolos que debían estar?. ¿Cómo se levaba a cabo o tráfico de influencias?. Nota: Sobre os FRANCO, recomendo ler o libro LOS FRANCO S.A. Autor: Mariano Sánchez Soler da Editorial Oberón [prezo 16 €]. Mariano Sanchez Soler foi ex xefe de investigación da revista TIEMPO, escribira outro libro [está esgotada a edición] FORTUNA Y CAÍDA DE LA CASA FRANCO .Editorial Planeta 1990. José A. Uris Guisantes. BIBLIOGRAFÍA CONSULTADA: Las dos caras de Galicia bajo el Franquismo.Xavier Costa Clavell. Editorial Cambio 16. 1977. Sábado Gráfico 1974. El caso Reace. José Rey. Editorial Dopesa, Barcelona 1974. Xornais galegos da quelas datas. Redactado por José A. Uris Guisantes el Sábado 20 de Noviembre de 2004
Comentarios

Gracias por colgar esto aqui llevaba tiempo intentando buscar la explicacion de este caso pues me interesaba por curiosidad. No se gallego pero mas o menos se entiende.
Gracias de nuevo

Enviado por: Miguel el Miércoles 3 de Enero de 2007 a las 13:16

¿Quién era el Presidente de la Audiencia Provincial de Pontevedra cuando se juzgó el caso del aceite?

Enviado por: santa pola el Jueves 10 de Abril de 2008 a las 08:12
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.