Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Entrevistas a grupos locais: Balbordo

Sábado 27 de Noviembre de 2004

Con esta serie de entrevistas queremos dar a coñecer o panorama musical guardés, as suas inquietudes e proxectos asi como promocion de concertos e todo tipo de actividades musicais que se realicen na zona. Na primeira entrevista saberemos algo mais sobre o grupo Balbordo, cuarteto guardés de Rock formado por Esteban (bateria) Roman (baixo) Hugo (guitarra) e Xavi Lomba (Guitarra e voz). Con Xavi nos reunimos pra coñecer pasado presente e o futuro da formacion. Entrevista: Fran J.A.D e Karlos

Con esta serie de entrevistas queremos dar a coñecer o panorama musical Guardes, as suas inquietudes e proxectos asi como promocion de concertos e todo tipo de actividades musicais que se realicen na Zona. Na primeira entrevista saberemos algo mais sobre o grupo Balbordo, cuarteto guardés de Rock formado por Esteban (bateria) Roman (baixo) Hugo (guitarra) e Xavi Lomba (Guitarra e voz). Con Xavi nos reunimos pra coñecer pasado presente e o futuro da formacion.

Fran:¿Cómo vos formastedes?
Xavi: Balbordo fundouse como iniciativa de Esteban xa que queria tocar con nos empezamos a Esteban, hugo e Fran e mais eu, xa que todos estudiabamos fora co tempo fomonos distanciando, pero o cabo dun nos volvemos a xuntar con roman o baixo co cual grabamos a nosa primeira maqueta.

F:¿Cómo vos definiriandes musicalmente?
X: Definir un estilo concreto e muy difícil xa que temos gustos muy variados e muitas bandas a min por ejemplo gustame o Brit Pop e a musica Ambient a Esteban gustalle o grunge dos 90 a Hugo gustalle o Heavy e a Roman o Rock Clasico, somos unha mistura.

F: Comentanos un pouco como levantes o tema das maquetas, como as distribuindes a opinión da xente…
X: O Noso grupo e unha especie de Hobby e as maquetas subimolas a paxinas de internet, e ainda que non quedamos semifinalistas para ningun concurso o que enviamos as maquetas, grabamolas para un uso do grupo xa que estudiamos todos fora e asi podemos tocar enrriba dela e asi cando nos xuntamos ensayamos conocendo as cancions. Tentamos tamen mercar novo material para mellor a calidade das grabacions.

F: ¿Como miras os proximos proxectos do grupo?
X: A corto prazo rematar a grabacion da ultima maqueta xa sacamos escoitas (febreiro 2003) alunizados (setembro 2003) agora acabamos de sacar A Caixa de Musica e temos varias cancions por rematar e quizais febreiro do ano que ven teñamos nova maqueta. En canto concertos seguiremos dando por esta zona ainda que nos gustaria tocar nalgun local mitico Vigues incluso en San Teleco que nos ofreceron tocar pero debido a que o noso bateria esta fora non vay poder ser.

F: ¿Como ves o panorama musical guardes?
X: O panorama guardes esta copado por Heissel que se estan movendo moito, teñen moita calidade musical e muy boas composicions, teñen tamen o apoyo dos medios, mentres que grupos mais alternativos como poden ser Area faen a suas maquetas, preparan un estudio de grabación, da aquí a espero que non muito esten dando tamen un pouco a brasa, mentres que o resto dos grupo a mayoria son estudiantes que inda que non teñen moito tempo xuntanse e pasano ben

F: A Guarda, necesidades como centro cultural musical.
X: Non so na Guarda senon no Rosal sempre foron moi interesante xa que no Rosal esta a Banda Municipal que gañou gran cantidade de premios e na guarda o coro Arpegios, e nivel de grupos de rock tamen e moi alto, pero debido o pequeno de este pobo o difícil e encontrar un local de ensaio xa que a falta de infraestructuras neste senso e total asi como prestan o centro cultural para xente que estudia piano e non ten piano na casa poida ensaiar, poderianse prestar unhas instalacion donde non se moleste a ninguen cun minimo de servicios.

F: E nivel de concertos.
X : O tema dos concertos na Guarda esta bastante mal xa que o meu parecer os unicas persoas que apoian a xente da Guardia e a comision de Festas da Virxen do Carme xa que eles poñen pasta, un equipo e un escenario para que todos os grupos da guarda podan tocar o menos unha vez o ano. Tamen cando pechou o “Darka” onde se montaban concertos e fai falla mais locales nese plan, o concello non apoia as bandas locais e tampouco trae a xente famosa so cando son anos Xacobeos, polo menos un concerto o ano con xente importante.

F: Como ves o desenvolmento dos actuias locais da Guarda onde se organizan concertos se hay posibilidades de organización dalgun festival o a inquietude da xuventude nese senso.
X: O concello deberia mollarse mais nestes temas coa xente que quere organizar concertos se non visto esta, eu sempre poño o ejemplo de Heissel porque eles son os referentes, eles igual dan 2 ou 3 concertos fora da Guarda por cada concerto que dan na Guarda, tamen e normal no podes saturar o publico, pero o que quero decir os grupos marchan da Guarda para tocar, xente como Enrique o dono do “Meu” que fai por traer os gupos e esforzo que iso conleva e un bo ejemplo, situacions coma a da canosa que por razons politicas non se puido realizar o concerto despois de todo o traballo non deberian repetirse.

F: Opinión sobre a polémica do concerto suspendido de Melendi.
X: Eu non estaba eiqui pero según comentarios o escenario non cumpria coas medidas nin cunha seguridade minimas, ali non se podia faer nada enton eu creo que organización tiña que haberse mollado un pouco mais, con Vigo plagado de carteis pareceme unha falta de respeto a xente e muy pouca seriedade.

Nestes enderezos podedes saber máis sobre o grupo i escoitar algúns temas:
http://www.musikaid.com/tuweb.php?grupo=balbordo
http://www.balbordo.gpsmusic.com/

Redactado por el Sábado 27 de Noviembre de 2004
Comentarios

Creo que Xabi está no certo, na Guarda existe unha amplia tradicion musical, non só con grupos de gaitas e de baile folckórico, senón tamén de grupos de Rock. Estes últimos son os que peor parados están, xa que por parte do concello non se recibe ningún apoio. Espero que esta situación cambie e que os grupos da guarda podan desenvolver as súas actividades culturais en lugares axeitados e co apoio do concello.
Saúdos,
Jorge Alonso
PD.Locais de ensaio Xa!

Enviado por: Xurxo el Martes 30 de Noviembre de 2004 a las 13:34

O certo é que é moi triste que un concello que non vale dúas pesetas non intente sequera facer as cousas dun modo correcto. A música sempre foi un referente no Baixo Miño, dende todolos ámbitos, pero en cambio os catro cans que mandan tiranlle pedras, sen saber que as tiran contra o seu propio tellado.
Por outra banda quero dicir que dende as maquetas o que transmite Balbordo son ganas de facer cousas grandes e os temas son realmente bos, esperemos que non so sexa Heissel o grupo que poida saír de este lugar no que parece que todo vai para atrás.

Aquí estamos..

Enviado por: PachecO el Miércoles 1 de Diciembre de 2004 a las 04:05

entra na paxina
http://es.geocities.com/fervellasverzas_es

Enviado por: rockeiro el Viernes 5 de Mayo de 2006 a las 17:42
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.