Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Carlos Gardel ou Charles Romuald Gardes (1890-1935)

Jueves 23 de Diciembre de 2004

Carlos Gardel naceu en 1890 na cidade de Toulouse – Francia, mais tarde xunto con súa nai Berthe Gardes emigraron a República Arxentina, traballa no que aparece, pelexas, pequenas trastadas e outras menos pequenas, pasa ó Circo Anselmi, logo como traballa como axudante no Mercado Central de Bos Aires, cantaba “a pelo” nos bares da zoa do Mercado e pouco a pouco comeza a ser apreciado pola voz, cambia o apelido Gardes por Gardel que soaba mellor.

Un comisario de policía de nome Rossi que o escoita cantar, sabendo dos antecedentes policiais con pequenas contas ca xustiza “limpa” os ficheros policiais co obxeto de que nada se interpoña no camiño que como cantante esperaba que fora Gardel.

Xunto a seu amigo de sempre José Razzano comezan a cantar tangos por toda Arxentina dende 1912. No ano 1914 actúan no Teatro Nacional, completando despois con unha xira pola República do Brasil en 1915, integrados na Compañía Dramática Río Platense. Protagoniza a primeira película en 1916, logo grabacións fonográficas en 1917 para a compañía Glucksman.

No ano 1923 o empresario español Francisco Delgado contrata a Gardel e Razzano para actuar en España xunto a Compañía de Matilde Rivera e Enrique Rosas. Embarcan para España no trasatlántico Antonio Delfino atracando no porto de VIGO, polo tanto podemos afirmar que a primeira pisada de Carlos Gardel foi na terra galega, a cea ofrecida a Gardel consistíu en dez platos de peixe e mariscos…….., durmíu no Hotel Universal, pola maña, o sair do hotel preguntou a un transeunte “¡oiga!” “¿sabe usted si aquí en Vigo venden brillantina?”.

Debutan en Madrid un 10 de decembro de 1923 no Teatro Apolo [rúa Alcalá], con localidades para 2.200 espectadores. Interpretan: “El Col del 25”; “¡Chorra ¡”; “Linda Provincianita” e “Mano a Mano” do autor Celedonio Flores.

/Nada debo agradecerte,mano a mano hemos quedado/ /No me importa lo que has hecho, lo que hacés ni lo que harás/ /Los favores recibidos, creo habértelos pagado/ /Y si alguna deuda chica, sin querer se me ha olvidado/ /En la cuenta del otario que tenés se la cargás/………………

Volve Carlos Gardel a España en 1924 a bordo do buque Princessa Mafalda para actuar en Barcelona o 5 de novembro no Teatro Goya. Graba para a compañía Odeon doce tangos. Actua en Madrid no teatro Romea, logo en Vitoria e en febreiro de 1926 volve para a República Arxentina.

Un 26 de outubro de 1927 volve a Europa no buque Conte Verde para actuar en Paris o día 13 de novembro de 1927 no Principal Palace, eiquí foi onde os seguidores do TANGO chamaron a Carlos Gardel EL REY DEL TANGO.

O 25 de novembro de 1927 volve a actuar en Madrid no teatro Romea, na actuación do día 6 de decembro foi visitado polo rei Alfonso XIII.

Segue en Paris en 1928, triunfando unha vez mais o día 2 de outubro, recibindo 3.200 francos diarios por actuación. TANGOS: “Caminito”; “El Carretero” e “Esta noche me emborracho”.

No ano 1929 chega a Barcelona actuando vinte días no Teatro Principal Palace, cobraba 1.100 pesetas por actuación. En 1931 protagoniza a película sonora “Luces de Buenos Aires” en Francia.

Cando nesta película saía algunha escea onde Carlos Gardel cantaba o tango “TOMO Y OBLIGO” os espectadores chegaban “al delirio”.

En 1932 protagoniza para a Paramount “El Tango en Broadway”; “El día que me quieras” e “Tango bar”. En 1932 roda a película “Melodía de arrabal”, sendo o director Louis Gasnier.

Foi contratado pola cadea de radio NBC. En 1933 volve a Europa por derradeira vez e canta: “Mi Buenos Aires Querido”; “Volver” e “Yira yira o barrio”.

Falece en accidente de aviación un 24 de xuño de 1935 cando o avión F-31 da compañía SACO [Servicio Aéreo Colombiano] choca contra o avión da compañía alemana SCADAT no aeroporto de Medellín-Colombia, falecendo dez dos quince viaxeiros- entre eles carlos Gardel-, conmocionando ó mundo.

Gardel sempre ía vestido de traxe con sombreiro e sorrindo con unha estupenda e branca dentadura. Foi un grande amigo de Santiago Rusiñol, Miguel Fleta, Rogelio Juárez e admirando por Valle Inclán e Ortega y Gasset, entre outros moitos……….

A relación de Gardel ca Guarda non foi física, simplemente cando en 1932 oubera un grande abundancia de sardiña é non había maneira de vendela a un precio razoable [ían as sardiñas en carros e metidas en sacos para poder cargalas nos cabalos para esterca-las leiras]; como dicía coincidiu que na Vila de A Guarda estábase a pasar no único cine que había unha pelicula de Gardel con un enorme éxito de público.

Película na que cantaba varios tangos de moda, entre eles o tango MI CABALLO MURIÓ. Os guardeses alcumaron a ésa época de abundancia de sardiñas no barrio mariñeiro como “la época de mi caballo”……………tango que fora estrenado en 1932 en Barcelona, dentro do “Cancionero de Carlos Gardel” con letra de Carrero e música de Modesto Romero.

“Mi caballo murió, mi alegría se fue, pues con él se perdió, mi cariño más fiel, ¡ Mi caballo murió, mi alegría se fue !

( relacionado ca esperanza de que a sardiña valera moitos cartos para sair da fame, é o baixalos precios……..mi algería se fué………

José A. Uris Guisantes.

Redactado por José A. Uris Guisantes el Jueves 23 de Diciembre de 2004
Comentarios

En Barcelona, 1929, grabou os primeiros discos eléctricos da sua carreira. Como non tiña vido coa sua orquestra, tivo que grabálos acompañado de un piano e un violín. As pérolas daquelas grabacións, no meu entender, foran os tangos La Gloria del Aguila, dedicado ó vó do Plus Ultra, comandado polo ferrolán Ramón Franco e Sueño de Juventud (de Discépolo). Para os que coñezan a obra do gran Carlitos, só engadirei algúns títulos máis: Mano a mano; Otario que andas penando; Pato e Siga el Corso.

Enviado por: Manuel Alonso el Viernes 11 de Febrero de 2005 a las 23:48
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.