| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
MarítimoSábado 15 de Enero de 2005
Para min foi o primeiro ecoloxista que coñecín, recollía cacharros, pezas de plástico ou calquera anaco de algo que aparecera tirado nas cunetas ou beira rúas, para de seguido poñelo enriba dunha parede, atado nun pao ou en calquera buraco, sempre ca intención de retiralo de onde molestaba. Tiña unha verdadeira obsesión cas bandeiras, aproveitando calquera trapo de cores para poñelo nun pao cómo e ir con el cómo si fose un símbolo de distinción. Ocupábase gratuitamente de apagalo alumeado público das rúas principais da Vila [de aquela nun había cédulas fotoeléctricas que apagasen - como hoxe en día- o alumeado das rúas. Todo elo no mandato do Alcalde José Luís García Pérez, polo serán acendía, de unha en unha as farois públicos é as 8,30 da maña baixaba as chaves de conexión tamén unha a unha, verán é inverno, chovera ou escampara, sen cobrar un solo céntimo. Vivían no lugar de Cachiños axudados pola familia de Antonia e polo que enviaba seu fillo Juanito dende Madrid, onde traballaba con Domiro Riego Portela seu primo. Os rapaces aló polas festas da Virxe da Guía íamos coller uvas na parra que tiña na quintan ,é na época dos figos tamén entrabamos a collelos…… outros rapaces se metían con Marítimo de palabra, chamándolle cousas ….que non veñen hoxe o conto. En fin, este era outro bo home guardés………….¡descanse en paz!. Fotografías de Marítimo Portela Rodríguez en xullo 1981 no lugar de Cachiños. Detrás da bandeira vermella está a casa de Marítimo, hoxe desaparecida, no seu lugar está o edificio Atlántico. Feita por José A. Uris catro anos antes do seu falecemento en setembro de 1984. Na fotografía da esquerda podemos ver ó fondo a casa de Marítimo. Na dereita ó fondo o monte Terroso. Redactado por José A. Uris Guisantes el Sábado 15 de Enero de 2005Comentarios
Serñor Uris, gracias por recordarme a este personaje que pobló las calles de mi infancia! Solo era un recuerdo, y para mí ha sido muy emotivo volvérmelo a encontrar en estas páginas. Era un viejo amigo, de los que siempre te acompañan cuando recuerdas cosas buenas, mar Enviado por: Mar el Lunes 17 de Enero de 2005 a las 21:04Comentar este artículo
|