Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Sobre o dereito cidadán a recibir información do concello

Viernes 14 de Enero de 2005

Clic para ampliarO cidadán guardés Jesús Alonso Baz con domicilio na rúa de A Cal ven de solicitar por segunda vez dende o 26 de outubro de 2002 do Alcalde, da Concellería de Cultura [Patrimonio], e do Padroado Monte Santa Tecla de A Guarda a localización actual e o estado de conservación dunha peza escultórica atopada nunha leira de súa propiedade no lugar de A Fonte da Cal, así como que se lle confirme se é que se fixo algún estudio e catalogación, reclamando unha copia de tales estudios, ou no caso contrario a devolución da escultura por non haber cumprido ningún dos requisitos acorados no momento de entrega da escultura.

O concelleiro responsable de Patrimonio don José Luís Lomba Álvarez foi quen asinou- en nome do Concello que preside Alonso Riego José Luís- a escultura co fin de depositala no depósito do Museo do Monte Tecla para seu posterior estudio e catalogación, a estas altura do mes de xaneiro de 2005 don Jesús Alonso Baz recibiu a calada por resposta.

ANTECEDENTES.

Este asunto soamente tivo eco nun xornal editado en Vigo [dende a corresponsalía de A Guarda], no que se recollía o achádeo da figura escultórica que representa unha figura de muller mutilada [cabeza e pernas] feita en mármore duns 18 cm de longo por 10 de ancho.

Nesas datas do achádeo acudiron a Vila Guardesa os profesores da Universidade de Santiago dona Raquel Casal García e don Fernando Acuña Castroviejo, recoñecendo o lugar e a escultura, é ata hoxe ninguén sabe nada, ninguén contesta a persoa que reclamou o 23 de marzo/2004 [R.E. nº 324] é fai uns días deste 2005.

Para nos é importante saber o que pasa con esta escultura porque historicamente na aba do Tecla é rica en achádeos e no barrio de A Cruzada, arredor da antiga Fonte da Cal estaba a MALATA que era un lugar illado onde estaban internados leprosos chegados nos barcos que fondeaban no peirao de O Pasaxe-Camposancos, porto fluvial importantísimo no século XIX e principios do XX.

Lembremos que había serradoiros de madeira, fornos de cal, fábrica de xabón,unha das primeiras fábricas de embutidos de Galicia co nome de “La Camposina” [logo levou este mesmo nome un serradoiro], Colexio da Compañía de Xesús, Seminario Vocacional, é un intenso tráfico fluvial cas barcas entre Caminha é O Pasaxe, intercambio de mercadorías e transporte de persoas e animais.

No século XIX e ata 1925 do XX chegaban mais viaxeiros por Caminha [collían o tren en Guillarei e baixaban en Caminha] que polas estradas de Baiona- A Guarda e Tui-A Guarda debido o calamitoso estado do firme das estradas.

Na GUARDA ata mediados do século XIX estivo localizada a industria de CALCETA, industria que segundo refire don Xeneroso Álvarez Seoane [….] las medias confecionadas a mano por mujeres pasaban de cien mil docenas al año…. sendo o andaluz don Pedro Riera Sánchez [casado con unha guardesa en 1800] quen tiña instalacións mais importantes para lavado, branqueado e preparación das medias que estaban na zoa do antigo Matadoiro e en Mazaracos, mentres que na Cruzada-Cal estaban os TEARES e as mulleres “fiaban” o liño no século XIX.

Pero o que no que mais destacou o barrio de A Cruzada- a Cal foi na industria de CERÁMICA –OLERÍA o longo de todo o século XIX, exportando a través de galeóns fondeados no Pasaxe que descargaban no porto de Baiona [Vigo ata 1915 a penas era un simple porto de pescadores], mais tarde a Vigo e Cangas do Morrazo, a meirande parte da fabricación eran olas, tarteiras, porróns, xerras, pratos, bacías, escupideiras, alxideces para as matanzas de porcos, cuncas, etc.etc., facendo uso de chumbo e area para poder “vitifricalas”. O barro viña da zoa de As Cachadas e de certos lugares sitos no que hoxe é o Cámping de Salcidos, segundo don Xeneroso Álvarez Seoane […] había en A Cruzada-A Cal cinco hornos propiedad de, Os Ganchellos, Tío Xacinto da Malata, Os Cazoleiros [por aquilo de facer cazolas, alcume que aínda existe na Guarda], O Chocolateiro, e O forno da punta da Cruzada del Sr. Rouco [último en desaparecer].

¿Será esta escultura en mármore unha obra experimental dos olleiros?, ou verdadeiramente ¿pode ser unha obra castrexa?. Esperemos que don Jesús Alonso Baz obteña resposta ou se lle devolva a escultura.

Redactado por José A. Uris Guisantes el Viernes 14 de Enero de 2005
Comentarios

gracias

Enviado por: javier el Martes 1 de Febrero de 2005 a las 12:03
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.