Javier Portela revalida o seu título de campión galego de campo a través
Jueves 17 de Febrero de 2005
O pasado mércores 16 o Clube San Xerome Emiliani participou nunha nova edición do Campionato galego de campo a través, organizado pola FEGADEMPS no parque de Castrelos de Vigo.
Ademáis dun grande éxito do colectivo polo esforzo de todos os atletas, hai que salientar que Javier Portela Vieira revalidou o título de Campión Galego na categoría absoluta, diante de Gerardo Fontenla, do Club Aspanaex de Vigo, e doutro deportista do clube guardés, Borja Cadilla Lomba.
Tamén Amparo Ferreira Álvarez acadou a victoria na categoría adaptada 1 feminina, proclamándose así nova campiona de Galicia.
Noutras categorías Santiago Oliveira Albadalejo foi bronce en categoría adaptada 1 masculina, e en categoría 2 feminina Maite Santos Fernández foi medalla de plata.
A próxima cita será no Campionato de España de Campo a través, que terá lugar en Soria os dias 12 e 13 de Marzo, no que han participar 6 deportistas do clube.
A nosa máis sinceira felicitación o resto de atletas (Rosalía González, Maite Barros, Raquel Rodríguez, Bruno Estévez, Pepe Bargiela, Carmelo Cadilla, Jonathan Pérez, Carlos González e José Ramón Senra), e para os adestradores e voluntarios.
Redactado por Ioshu el
Jueves 17 de Febrero de 2005