Historia do colexio dos Jesuitas da Pasaxe (1)
Miércoles 2 de Marzo de 2005
Coincidindo coa sua aparente venta a unha promotora e, ó longo de tres capítulos, iremos publicando este exhaustivo traballo escrito por Xosé Antonio Uris, onde detalla toda a historia desde coñecido edificio ubicano en A Pasaxe, Camposancos. Nestes tres capítulos, coñeceremos tódolos usos e denominacións que tivo e a moitos dos seus alumnos e mestres que posteriormente se farían famosos.
- Distintos nomes e funcións do edificio ó longo dos anos:
- Colexio Apóstolo Santiago
Colexio Nun´ Alvres
Campo De Concentración De Presos E Presentados
Escola Vocacional Ou Seminario Menor San Francisco Javier
Casa De Exercicios Da Compañía De Jesús
Observatorio Meteorolóxico Dos P.P. Xesuítas, O Pasaxe, Camposancos

Fachada principal do Colexio Apóstolo Santiago en O Pasaxe-Camposancos. Fotografía propiedade de José A. Uris Guisantes.
A Orden da Compañía de Jesús ou dos P.P. Xesuítas en España foi expulsada en 1767 reinando Carlos III, sete anos mais tarde (1773) foi extinguida a Orden en todo o mundo por decisión do Papa Clemente XIV, logo restaurada polo Papa Pío VII en 1814 é en 1815 Fernando VII tamén a restablece en España.
Os P.P. da Compañía de Jesús eran chamados LOS CABALLEROS DE CRISTO, polo propio fundador, Ignacio de Loyola dicía (…) “Los nuestros son como caballos ligeros, que han de estar siempre a punto para acudir a los rebatos de los enemigos para acometer y retirarse y andar siempre escaramuceando de una parte a otra. Y para esto es necesario que seamos libres y desocupados de cargos y oficios que obliguen a estar siempre quedos”.

O Rei Carlos III
O 18 de setembro de 1868 estala a Revolución en Cádiz que se vai estendendo por toda España, foi coñecida cómo La Gloriosa, é un 12 de outubro de 1868 o Ministro de Gracia e Xustiza don Antonio Romero Ortiz ordena a supresión da Orden na Península e illas adxacentes….
Os terreos e parte dos edificios que ocupa o Colexio Apóstolo Santiago eran propiedade de don Domingo Español Cividades, fillo de don Juan Español López (finado en 1854), vendido aos P.P. Xesuítas en 1875por 60.000 pesetas, mediando nesta compra o párroco de Salcidos don Diego Antonio González Rodríguez.
D. Juan Español López a mediados do século XIX dispuña dunha grande fortuna provinte dos almacéns de importación-exportación que tiña no Pasaxe, onde constatamos que no ano 1840 viñan atracando grandes barcos de carga procedentes de Vigo e A Coruña, fretados por este comerciante natural de Salcidos. Foi deputado provincial, facendo as xestións necesarias para que a dilixencia e sobre de todo os grandes carromatos de carga puideran pasar pola ponte de O Tamuxe (ata aquela de madeira), xestionando unha nova construcción (que aínda permanece) en pedra (1844-45).

Panorámica das instalacións do antigo edificio e almacéns de don Juan Español López no século XIX, nesta panorámica xa estaban os P.P. Xesuítas engrandecendo, arranxando, e adaptando as distintas naves do edificio, ano de 1879. Faltaban os tres torreóns da fachada principal. Fotografía propiedade do P.P. Xesuítas da Provincia de Portugal.

Paso da dilixencia polo novo ponte Tamuxe, recen inaugurado.
Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso.
Finado don Juan Español López, segue cos negocios o fillo don Domingo Español Cividanes quen chegou a ser o Alcalde mais mozo de A Guarda (1850), ano no que se arranxou a Alameda, lugar cheo de barrocas, augas podres etc., . Segundo o xesuíta don Evaristo Rivera Vázquez (…) figura descollante de la burguesía de la comarca…construyó la carretera de comunicación con El Pasaxe (hoxe estrada C-550), persoas mal intencionadas criticaron al Alcalde porque –segundo eles – era la persona mas beneficiada, debido a los negocios en El Pasaxe.( La Voz del Tecla nº 133 de decembro de 1913).
Inaugúrase o ferrocarril en Galicia no ano 1873 ca posta en funcionamento da liña entre Carril (Vigo) e Santiago. En 1881 Vigo-Ourense que logo enlazaría con Pontevedra dende Redondela. En 1899 empalmaría ca capital Pontevedra. En 1895 A Coruña – Lugo. En 1883 empalma con Ponferrada. No ano 1878 Vigo a Tui, para empalmar con Portugal pola Ponte Internacional en 1886.
A ponte foi inaugurada un 25 de marzo de 1886 cando as “locomotoras”Alfonso XII e Valença atopáronse no medio do ponte que tiña- e ten 400 metros lineais, construída polo enxeñeiro don Pelayo Mancebo y Ágreda. Ponte con dobre uso, estrada e ferrocarril con técnicas modernas na construcción metálica inspirada na obra de Gustave Eiffel (o igual que a Torre Eiffel de París).
A primeira pedra foi colocada no inverno de 1881, rematándose en outubro de 1884, onde foron invertidas 1.540 toneladas de ferro e mais de 700 quilos de chumbo. A pedra chegou das canteiras de Lanhelas e de Guillarei, a cal, e cemento de Zumaia (Euskadi), as probas de resistencia acudiron mais de 20.000 persoas de ámbolos países…
Segundo o historiador local don Juan Domínguez Fontenla o ferrocarril puido chegar A Guarda porque en principio o ponte internacional de Tui ía a construírseno Esteiro do Miño preto da Armona pero foi descartado debido a que ía custar 9 millóns mais, cuestión esta que subsumiu a vial Guardesa no atraso de sempre por falta de comunicacións e de transporte viable para poder implantar empresas……

Rematando as obras daPonte Internacional Tui-Valença, ponte que puido estar entre a Armona (Camposancos) e O Camarido (Caminha) no século XIX.
Coincidindo ca Restauración Monárquica na persoa do Rei Alfonso XII, un7 de decembro de 1875 foi asinada a compravenda das propiedade de don Domingo Español Cividades diante do Notario D. M. De Porto por parte do vendedor, e párroco don Diego Antonio González Rodríguez como comprador en nome dePedro Irube Crucelegui (simple “hermano coadxutor” xesuíta) por orden do Padre Superior XesuítaAntonio Zarandona.
En 1875 chega a Vila de A GUARDA (O Pasaxe) o padre Tomás Gómez Carral (1837-1898), nado en Cabezón de La Sal (Santander), ingresara na Compañía de Xesús no ano 1856.

P. Tomás Gómez Carral, rector do Colexio Apóstoo Santiago em O Pasaxe-Camposancos-A Guarda.
Os xesuítas e alumnos viñan do Colexio de ANCEIS, o Colexio Apostólico ou Seminario, tivo orixe en O Pasaxe para logo ser trasladado a Comillas.
Por motivos de comunicación con Vigo os P.P. Xesuítas deixan A Guarda no outono de 1916 para instalarse no edificio de La Molinera, o novo Colexio de Vigo levaría o nome de Colegio del Sagrado Corazón.
Todo elo levado con sixilo debido a que a Orden Xesuíta fora suprimida (…) en la Península é islas adyacentes…cerrándose en el término de tres días todos los colegios e instituciones…

O Colexio en 1876. A esquerda aserradoiro La Camposina. Fotografía propiedade dos P.P. Xesuítas daProvincia de Portugal.
Nestes anos a Universidade de Santiago fervía pola chamada segunda cuestión universitaria que culmina ca aprobación en agosto de 1876 da Institución Libre de Enseñanza (ILE) de Francisco Ginés de los Ríos ( xunto a outros profesores universitarios como Eugenio Montero Ríos, Nicolás Salmerón e outros),que contrastaba totalmente ca ensinanza que nas mesmas datas levaban a cabo os distintos Colexios dos P.P. Xesuítas.
Esta Institución Libre de Enseñanza ( foi ademais inspiradora do programa educativo da IIª República Española), levou acabo unha importante labor de renovación cultural e pedagóxica sen precedentes nos séculos XIX e XX. (…) La Institución será ajena a todo interés religioso, ideología o partido politico, proclamando el derecho a la libertad de cátedra, la inviolabilidad de la ciencia y el respeto a la conciencia individual…
Nembargantes a Orden da Compañía de Jesús (xesuítas para entendernos), tiña xa catro colexios en España ( Camposancos, Sevilla, Porto de Santa María e Orduña en Vizcaia) con preto de 230 alumnos segundo escribe don Evaristo Rivera Vázquez.
- BACHAREIS ANO 1877
- Julián Cervela Malvar
- Ramón Rodríguez Aran
- Maximino Blanco Varela
- Constantino Barreras López
- Joaquin Carsi Rivera
- Pedro Maza Agar
- Bernardino Cervela Malvar
- Gerardo GarcíaGuillén
- Eduardo Carreño Rodríguez
- Francisco Javier Cuesta Díaz
- Alfredo Souto Cuero
- Jerónimo Suárez Quiroga
- Victor Naveyra Pato
- Manuel Rivadeneira Lage
- Saturnino Samaniego Fernández
- Silverio Manuel Alvarez González
Nesta época aparecen os xesuítas Francisco Gárate, Baltasar Merino e Ignacio María Aramburu (este xesuíta chegou a escribir (…) la peor de las herejías es la masonería que es una secta diabólica…), figuras “descollantes” pola súa valía científica e docente.
Dende novembro de 1876 era bispo de Tui Juan Valero Nicarino.
En agosto de 1877 créase no Colexio unha Escola Universitaria ( que logo se convertería na Universidade de Deusto ), dirixida polo padre Tomás Gómez, rector do Colexio ata xullo de 1881. En 1883 esta Escola Universitaria foi trasladada a Valladolid e no Curso 1884-85 soamente quedaban no Colexio de O Pasaxe 17 bachareis. En setembro de 1886 foi inaugurado o Centro Universitario de Deusto.
- BACHAREIS ANO 1878
- Rodrigo Pardo Tenreiro
- Vicente Pardo Tenreiro
- Gumersindo Meirás Hurtado
- Manuel Meirás Hurtado
- Félix Lázaro Mú
- Angel Pedreira Lavadíe
- Rosendo Feijóo Freire
- Juan Pardo Rojas
En 1878 o padre Felipe Sorondo, foi o primeiro xesuíta falecido neste colexio, é un dos primeiros alumnos falecidos no colexio foi Antonio Franco Salgado de 13 anos natural de Ferrol e parente de Francisco Franco Baamonde, en 1876 cando xa había instalados no Colexio preto de 100 alumnos, dependendo a nivel burocrático de exames e títulos do Instituto de Pontevedra(…) En el Curso 1876-77 de 229 alumnos matriculados no se presentaron a examinarse 24, suspendiendo solamente un alumno, otros 204 aprobaron con 64 notables y 51 sobresalientes, como se puede ver un auténtico record…..
En 1879 estivo no Colexio Apóstoo Santiago de O Pasaxe-Camposancos o xesuíta Fidel Fita Fernández Guerra, historiador e arqueólogo que estivo estudiando o Esteiro do Río Miño, aproveitando súa estadía en Santiago, chamado para estudialas escavacións feitas no interior da catedral compostelá. Neste mesmo ano o xesuíta Tomás Gómez Carral creou un Seminario de Pobres, fundando primeiro unha capela para uso do Seminario co nome de San José (hoxe abandonada, onde soamente hai motores de barco, gasóleo,aceite etc.etc.).
- BACHAREIS ANO 1879
- Hilario Hervado González
- Francisco Javier Izquierdo Zárate
- José Folla Jordi
- Calixto Leis Ponte
- Victor Barús Lavandeira
- Juan María Orue Olabarría
- Rogelio Dávila Campo
Este Seminario de Pobres foi inaugurado o día de San Ignacio de Loyola neste ano de 1879, asistiron a Corporación Guardesa e representantes de tódalas parroquias da contorna. Cita do seminaristaClaudio Rodríguez, anos mais tarde canónico tesoureiro da catedral de Santiago(…) nosotros (os seminaristas pobres) éramos plantas de invernadero. Viviendo en un ambiente del más puro espíritualismo, aislados casi de todo el mundo, sin trato más que con muy contadas personas, sin ir siquiera a nuestras casas en ninguna época del año ¿qué extraño que fuésemos buenos si no podíamos ser malos?.

Capela de San José dos P.P. Xesuítas en O Pasaxe. O lado o edificio da antiga Aduana.
Fotografía propiedade de José A. Uris Guisantes.
Un dos primeiros novicios que entraron no Seminario de Pobres San José en O Pasaxe, foiJosé Campoamor Álvarez de A Coruña.Tamén foi dos primeiros Observatorios Meteorolóxicos de Galicia o instalado no Colexio no Curso 1879-80, dende se daba os datos recollidos a Madrid, para ser publicados xuntamente cos datos doutras localidades.
O primeiro director deste Observatorio foi o xesuíta Ramón Martínez, logo en 1887 foi o padre Baltasar Merino (nado en 1845 en Lerma-Burgos) que chegara a Camposancos en 1880, lugar onde pasaría a meirande parte da súa vida. Publicou: “Cuadernos del Observatorio Meteorológico del Colegio de la Compañía de Jesús en La Guardia”( engadindo gráficos e ilustracións feitos por el mesmo); “Un estudio sobre las borrascas en la costa occidental de Galicia” (1883); “Un estudio sobre la vegetación espontánea y la temperatura de la cuenca del río Miño”(1897). Rematando as observacións persoais en 1906 pero o Observatorio seguiu nas mans de outros xesuítas.
- BACHAREIS ANO 1880
- Juan Alvarado Albo
Manuel Carsi Rivera
José Núñez Rodríguez
Donato Melón Alonso (guardés)
Francisco Novoa Alvarez (guardés)
Severiano Vaqueiro Martínez
Ramón Sanjurjo Meira
Máximino Fernández Pérez (guardés)
Julio Cobos Roa
Manuel Jorge Alonso
César Troncoso González (guardés)
Tamén destacou no Pasaxe o “hermano” Francisco Gárate, nado en 1857 en Errekañe – Azpeitia - Guipúscoa, chegado a Camposancos a idade de 20 anos como enfermeiro do Colexio, velando pola saúde de mais-menos 200 persoas no Colexio ( ó médico nesas datas era don Leonardo Álvarez quen acudía montado a cabalo e a quen os P.P. Xesuítas instalaron oteléfono dende a liña telefónica da empresa Candeira Hermanos para poder chamalo no caso de emerxencias pois vivía no Curuto), permaneceu once anos no Colexio.
- BACHAREIS ANO 1881
- Juan Fernández Orosco
- Miguel Martínez de la Riva
- Vicente Novoa Alvarez (guardés)
- Pedro Carvajal Rivera
- Rafael Sánchez Guardamino
- Nazario Díaz de la Hora y Bañón
- Joaquin Alvarez de Toledo y Pérez
- César Cancio Bellota
- Ramón Portilla Beraza
- Francisco Plazaola Bell
- José Pardo Montenegro y Pardo Montenegro
- Gustavo Borrás Fernández
- Julián López García (guardés)
- Luís Sobrino Gómez (guardés).
MARQUÉS DE COMILLAS <> PADRE TOMÁS GÓMEZ CARRAL

Anuncio dos Vapores da Compañía de don Antonio Víctor López López de La Madrid.
Neste ano de 1881 o Rector do Colexio Apóstoo Santiago en O Pasaxe P. Tomás Gómez Carral deixaba A Guarda para trasladarse a Loyola co encargo do Provincial de Castela Rvdo. P. Francisco de Sales Muruzábal de falar con D. Antonio Victor López López de la Madrid, Iº Marqués de Comillas, amigo personal do P. Tomás.

D. Antonio Victor López López de La Madrid, Iº Marqués de Comillas filántropo do Colexio Apostólico de Comillas, logo Universidade Pontifica de Comillas.
D. Antonio Victor López López de La Madrid (Comillas-Santander 1817-Barcelona 1883) fora nomeado Iº Marqués de Comillas polo Rei Alfonso XII en 1878, era un dos empresarios mais poderosos de España, dono do Banco Hispano Colonial, da naviera Compañía Trasatlántica e Compañía General de Tabacos de Filipinas, compañías mineiras en Asturrias,etc.

D. Claudio López Brú, IIº Marqués de Comillas que asinou a doazón do Colexio Apostólico de Comillas a Santa Sede en 1891.

Logotipo da empresa de vapores Antonio López y Cia.
Neste ano de 1881coincide a visita do P. Tomás ca do Rei Alfonso XII a Comillas, co motivo da vista real don AntonioVictor López López de La Madrid convertíu a Comillas no primeiro pobo de España con luz eléctrica. En maio de 1883 era colocada a primeira pedra do edificio do Seminario ou Colexio Apostólico, rematando as obras en 1889. levou o nome de Seminario Pontificio de Comillas porque o Ministro de Gracia y Justicia non aceptou que a propiedade pasara as mans da Compañía de Xesús, debendo figurar a doazón de don Antonio López López, asinou-na seu fillo don Claudio López Brú (Barcelona 1853-Madrid 1925), IIº Marqués de Comillas por haber falecido seu pai no ano 1883 en Barcelona a nome do Papa, é un 7 de xullo de 1891 o Papa León XIII aproba as modificacións para asinala escritura de doazón o 10 de xullo de 1891 a favor da Santa Sede da que co tempo sería a Universidade Pontificia de Comillas. O Padre Tomás Gómez Carral fillo de “pasiegos” falece un 2 de marzo de 1898.

Seminario Mayor, Colegio Mayor e mais tarde Universidad Pontificia de Comillas. O Padre Tomás Gómez Carral, antigo Rector do Colexio Apóstoo Santiago en O Pasaxe-Camposancos ata 1881, ano no que vista en Comillas a don Antonio López López o mecenas da obra.

Logotipo da Compañía Trasatlántica do Marqués de Comillas.
O hermano Gárate tivo a satisfacción persoal en 1887 de inaugura-la nova enfermería do Colexio, habilitada con tódolos adiantos da época, logo pasaría a nova Universidade de Deusto onde estivo 41 anos ata súa morte.
O hermano Domingo Aguirrezabal “Chomin” nado en Azcoitia votou sesenta anos no Colexio, primeiro en Anceis (A Coruña), logo en Camposancos, pasa o edificio de La Molinera en Vigo e finalmente ao Colexio de Bellavista-Vigo. Fixo de porteiro, xastre, gardarroupa e sereno. Finou en Vigo no ano 1932, xusto un día antes de que don Manuel Azaña Díaz asinara a disolución das Ordenes Relixiosas.
No ano 1880 remataron as obras de acondicionamento do Colexio e segundo escribe don Evaristo Rivera Vázquez (…) el Colegio de Camposancos era el primer gran edificio escolar que levantaban los jesuítas españoles en el siglo XIX..
O padre Baltasar Merino incorporouse no Curso 1881-82 para explicar Linguas Clásicas en inglés e dirixila Academia en cuestións relixiosas.
- BACHAREIS ANO 1882
- Joaquin Souto Cuero
- José Grova Noceda
- Angel Fernández Bofill
- Antonio Cuesta Laso de la Vega
- Manuel Fernández Bofill
- José Ochoa Márquez
- Pedro Monsalve Ceballos
- Luciano Pita Boado
- Salustiano Cobián López
- Luís Soler Fuentes
- José Barreras Massó
- Francisco Sánchez Varela
- Cristobal Valdés Meléndez
- Camilo Maisonave Gayoso
- Matías González García
- Saturnino Alvarez Bugallal
- Lucas Zúñiga Serrano
- Salvador Valdenebro Cisneros
- Adrian Morado Veres
- Manuel González Alvarez (guardés)
En 1884, estando en Baiona, visita o Colexio don Antonio Cánovas del Castillo líder do Partido Conservador en compañía de don Francisco Romero Robledo e don José Elduayen, coincidindo esta visita ca estancia cómo alumno de don Manuel Portela Valladares ( o alcumado “carallo campante” polo secretario da Corporación Guardesa don Adolfo Mosquera Castro cando ámbolos dous estudiaban en Santiago) futuro político e futuro dono do xornal El Pueblo Gallego.

ManuelPortela Valladares
No Curso 1884-85 aparece a peste bubónica no Colexio que volve –fatidicamente- a aparecer no Curso 1890-91.
Neste curso o barrio da mariña na Guarda estaban padecendo unha grande fame, os alumnos do Colexio cooperan segundo don Evaristo Rivera (…) llevándoles durante muchos días pan, comida y aceite…comprado con el dinero que recibían para ellos de sus casas…
- BACHAREIS ANO 1883
- Ramón Alvarado Borio
- Antonio Castro Serrano
- Gonzalo Fernández de Córdoba Quesada
- Prudencio Fajardo Mosquera
- Vicente García Rivera
- Ramón Morais Villas
- Manuel PérezBatallón López
- Manuel Reglado Nieto
- José Soler Fuentes
- Julio Alvarez
En1887 o Colexio Apóstoo Santiago en O Pasaxe contou ca visita do bispo de Ciudad Rodrigo don José Tomás Mazarrasa,un ano mais tarde o bispo de Lugo don Gregorio Aguirre, seguido dos distintos bispos de Tui don Juan María Valero,don Fernando Hué e don Valeriano Menéndez Conde, en 1897 chegou o bispo de Ourense don Pascual Carrascosa.
- BACHAREIS ANO 1884
- Alfonso Pita Veiga Morgado
- Senén Buenaga González
- Eloy Suárez Cobián López
- Santiago García Ozores
- Juan Márquez Prado
- José María Montenegro Soto
- Basilio Santalla Gómez González
- Manuel Viguri López
- Gonzalo Rodríguez Martínez
- Juan López García (guardés)
- Anselmo Troncoso Vicente (guardés)
- Eduardo Martínez López (guardés)
- Juan Bagaría Torrens
En xuño de 1897 don Aureliano Linares Rivas do Partido Conservador publicaba unha Disposición na que se recoñecía a Compañía de Xesús como unha Institución habilitada para o ensino.
A Compañía Xesuíta estableceu tamén no verán de 1893 a Iª Colonia Escolar de Galicia con 32 alumnos de seis escolas públicas de Santiago.
- BACHAREIS ANO 1885
- Alejandro Buenaga González
- José Carsi Rivera
- Fernando Castro
- Manuel García Maceira Rivera
- Emilio Huguet Serracato
- Luís Madriñán Abegid
- Fernando Morales López
- Jesús Pérez López
- José del Río Rodríguez
- Pedro Rovira Carreró
- Joaquin Teixeira Rivero
- Rafael Tours Monsalve
- Antonio Zayas Beamont
- José Torres García
En 1899 o Colexio foi consagrado ao Sagrado Corazón de Xesús sendo bispo de Tui don Valeriano Ménéndez Conde.
- BACHAREIS ANO 1886
- Fernando Viguri López
- Evaristo Olleros Navarrete
- Gervasio Gamero Domínguez
- Francisco Javier Navarrete Arteaga
- Joaquin Tafur Funes
- Juan Ouviña Iglesias
- Eudoro Pardo García
- ANO 1887
- Enrique Fernández de la Puente
- Gonzalo Losada Pardo
- Antonio Suárez Vega
- Joaquin Lemos Varela
- Apolinar Flórez Suárez
- Antonio Díaz Galiano
- José Sastres García
- Sergio Simia Macia
- Tomás Carlos Roa
- Agustin Nandin Vicente (guardés)
- BACHAREIS ANO 1888
- Pedro Aznar Bárcena
- Diego del Campo López de Arza
- José Campoamor Alvarez<
- Antonio Fuentes Macarro
- José García Rivera
- Ricardo Guisado Casillas
- Francisco Javier Merino Bordás
- Fernando Rico Gómez
- Idelfonso Romero Gil de Zúñiga
- Marcelino Sanjurjo Aballe
- Manuel Tajuz Funes
- Fernando del Valle Murillo
- Senén Varela Ulloa
- Ceferino Gutiérrez García
- ANO 1889
- José Alarcón Pérez
- José Domínguez Cabezas
- Cecilio González R. Torreros
- Juan Martín González
- José Núñez Secos
- Luís Pérez Sánchez
- José Rodríguez Pereira
- Telmo Rodríguez Vázquez
- Vicente Vilanova Picón
- José Vizuete Ramírez
Dende 1897 os xesuítas daban clases de catecismo os domingos aos nenos da parroquia de A Guarda nun local cedido polas monxas M.M. Benedictinas (algúns rapaces “apedrexaban” aos alumnos xesuítas dende as escaleiras da rúa Colon, tamén rúa do Medio).
- BACHAREIS ANO 1890
- José Carvajal Rivera
- Vicente Gómez Bravo y Gómez Bravo
- Emilio González Gayoso Rodríguez
- Antonio González Tamayo
- Celestino Guisado Casillas
- Jesús Lojo Gómez
- José María Maceda Cadórniga
- Ricardo SánchezVarela
- Eliseo de la Torre Velver Martínez
- Miguel Torresano Alcolado
- Pedro Vázquez Puga de la Fuente.