| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Historia do colexio dos Jesuitas da Pasaxe (3)Viernes 4 de Marzo de 2005
Neste ano 1898 ten lugar o VIXÉSIMO QUINTO ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DO COLEXIO APÓSTOO SANTIAGO 1872 (ANCEIS A Coruña) – 1898 (O PASAXE – Camposancos-A GUARDA). O Rector do Colexio era: Padre Vicente Leza. O presidente da Comisión Organizadora do XXV Aniversario foi don Santiago Ozores Pedrosa, conde de Priegue. Este Conde de Priegue era fillo de don Francisco Javier Ozores Losada e de dona Jesusa Pedrosa Álvarez Maldonado. A súa vez don Santiago Ozores Pedrosa casou con dona Elena Miranda Santos, nacendo don Javier Ozores Miranda XI Condes de Priegue. D. Javier Ozores Miranda casou con dona María Marchesi de Oya, nacendo don Javier Ozores Marchesi que dende o ano 1971 é o XII Conde de Priegue, casado con dona María del carmen Calderón Espinosa de los Monteros que son os actuais Condes de Priegue.
Secretarios: D. Angel Pedreira Labadíe e don Maximino Blanco Tenreiro. O día 13 de abril comezan os actos con una misa de comunión xeral, oficiando o bispo da diócesis don Valeriano Mendez Conde, facendo a Iª Comunión os alumnos don Paulino Souto Neira e don José María Alonso Francisco. O bispo foi axudado polo Mestre de Escola do bispado de Ourense don Anastasio Flórez, don Santiago Ozores Pedrosa, capitán de artillería e don Heliodoro Santos Cuero, Axudante de Mariña do porto de Vigo. Asistentes invitados: D. Manuel Rivas, Alcalde de A Guarda; D. Fernando Fernández Mustelier, Axudante de Mariña de A Guarda; D. JuanSánchez, Arcipestre; D. Higinio Troncoso; D. César Troncoso; D. Ricardo González; D. Mauro Fernández; D. Ricardo Lomba; D. Leonardo Alvarez (médico do Colexio); D. Francisco Novoa; D. Rafael Alvarez, é un montón de ex alumnos…….. O patio e cobertizo superior foi construido baixo a dirección do padre Alcolado que era inxeneiro e ex profesor en Madrid da Escuela de Caminos, Canales y Puertos. O patio e cobertizo tiñan 58 metros de longo por trece de ancho. Os comesais neste primeiro dia do XXV Aniversario foron 300. A orquesta e coro do Colexio foron reforzados con don Ramón Salazar, don José Basadre e don Evaristo Bargiela que era “sochantre”, organista e tenor segundo da Catedral de Tui, os cales interpretaron a Misa de Sochantres do mestre García. Como as comunicacións por estrada seguían pésimas ainda neste ano 1898 a “barcas” do Colexio recibiron no peirao de Caminha ( ata Caminha chegaban no tren) as distintas Comisións de A Coruña, Pontevedra, Ferrol, Betanzos, Pontedeume, Vilagarcía, Tui e A Cañiza, todos recibidos pola banda de música do colexio dirixida polo mestre don José Iglesias Sánchez. O Padre Modesto fernández foi o primeiro profesor no Colexio de ANCEIS é o derradeiro Rector no Colexio Apóstoo Santiago en O Pasaxe-Camposancos. Este acto o que nos referimos foi “amenizado” pola Banda de Música de Caminha, pola noite lanzáronse fogos de lucería da Piroctenia Hijos de Alonso de Palencia. Os actos deste XXV Aniversario do Colexio Apóstoo Santiago remataron o 14 de abril de 1898 sendo o fotógrafo “oficial” o Sr. Bugarin de Tui, os ex alumnos e familiares de fora da Guarda saíron en dirección Caminha para poder colle-lo tren, outros montaron en carruaxes para seguir a viaxe por estrada, que repito, non reunía as condicións minimas para poder circular axeitadamene………. Ata 1902 non se normalizou a legalización do Colexio Apóstoo Santiago en Camposancos, pasa+ndo a ser Sociedade Anómima La Enseñanza Católica. No ano 1904 foi AÑO MARIANO ( Cincuenta aniversario do dogma da Virxe Inmaculada) e toda a congregación do Colexio foi en peregrinación (camiñando) ata o mosteiro de OIA para honrar a Virxe do Mar, imaxe que aparecera flotando no mar, fronte a Oia no século XVI. En 1909 había unha liña de autobuses entre A Guarda e Vigo por 6 pesetas a viaxe, pero a estrada seguía sendo moi deficiente, chea de “baches” e pedras soltas. No ano 1912 existe o precedente de que varios indianos quixeron fundar un Colexio na Guarda parapobres que logo non saíu adiante. Neste ano xorde un litixio entre a Xunta Administrativa de Camposancos e os xesuítas do Colexio (….) El Ayuntamiento (Alcalde don Agustin Sobrino Vicente) dice que no ha concedido el terreno del jardin exterior del Colegio por la sencilla razón de que no era suyo.….Os P.P. Xesuítas quéixanse ao Concello por inxurias do pobo…(Voz del Tecla nº 83). No nº 81 de La Voz del Tecla (….) El Colegio realizó durante el año en curso (1913) artículos en La Guardia por 30.832 pesetas, paga al Ayuntamiento 2.500 ptas por el capítulo de impuestos; en su portería se reparte diariamente más de una arroba de pan…….¡que mucho les importa el bien público a ciertas gentes!, les han calificado de ladrones…. O conflicto de reclamación deses terreos dos xardíns durou ata fai poucos anos. En xullo de 1914 o Colexio dos P.P. Xesuítas recibe a visita da Infanta MaríaIsabel de Borbón “La Chata”(Madrid 1851-Paris 1931), filla da reina Isabel II, daquela tiña a infanta uns 63 anos. Tamén visitou o Colexio das H.H. Carmelitas, igrexa parroquial e as obras do Porto xunto o Alcalde don Agustin Sobrino Vicente e demais autoridades. A Infanta tiña oficialmente a ocupación de: Señora de la Orden de María Luísa. En 1991 seus restos foron soterrados no Palacio de San Ildefonso (Segovia). Un ano despois estivo tamén no Colexio Monseñor Francisco Ragonessi, Nuncio do Papa en España. En 1915 toma posesión como bispo de TUI don Leopoldo Eijo Garay (Vigo 1878-Vigo 1963) foi nomeado bispo de Vitoria en 1917, en 1923 arcebispo de Madrid-Alcalá, mais tarde o Papa Pío XII o nomea Patriarca da Indias Occidentais, foi Académico da Lingua e Ciencias Morais e Políticas, procurador nas Cortes de Francisco Franco Baamonde, e membro do Consello do Reino, finou…….sendo amigo dos Padres Xesuítas. No Curso 1914-15 o Colexio Apóstolo Santiago quedou na cota mais baixa que nunca tivo o Colexio – en número de alumnos -, debido as graves dificultades para poder desprazarse dende calquera punto de España ata Camposancos e a que existía unha grave situación económico – social (….) incluso con la desaparición de la sardina – que se juzga temporal – muchas fábricas de salazón están paralizadas…. era Alcalde de Vigo nesas datas don Fernando Conde Domínguez (segundo os datos accedera en 1895, fillo e socio da naviera Antonio Conde e Hijos con líneas a Montivideo, Bós Aires e Santiago de Cuba), logo no Curso 1915-16 xa estaban matriculados 104 alumnos 3 cinco externos. No ano de 1916 había no Pasaxe os serradoiros de don Constante Candeira González (1851-1933), serradoiros de Candeira Hermanos (Constante e Matías naturais de Ponteareas), fornos de cal e almacén de cal de don Valentin Domínguez Pérez, serraría na Armona, comezaba a traballar o estaleiro Castro. ((porto pasaxe con barcos)) DonValentin Domínguez Pérez (tío de don Eloy e don Manuel Domínguez Veiga)tamén tiña un serradoiro e un forno de cal fundados en 1899 co nome de Manuel Domínguez y Cia. que mercaran a don Teodoro Sabaris Pérez. Os socios da empresa eran don Valentin Domínguez Pérez que aportou a sociedade 23.000 duros; don Manuel Domínguez Veiga 10.000 duros; don Eloy Domínguez Veiga 1.000 duros (doados por seu tío Valentin) e don Basilio Santiago 6.000 duros. Total 40.000 duros de capital. Os cinco anos crearon outra sociedade co nome de Domínguez, Hermano y Trigo con un capital de 100.000 duros: don Manuel Domínguez Veiga 33.334 duros; don Eloy Domínguez Veiga 33.333 duros e don Celestino Trigo 33.333. Total 100.000 duros. Esta fábrica-serradoiro era coñecida cómo La Camposina (este nome o levara antes unha fábrica de embutidos La Camposina), nesta fábrica en febreiro de 1915, aconteceu a explosión, antes da entrada ó traballo, dunha caldeira de vapor cando entraban os obreiros pola maña, accidente no que morreron dez obreiros e mais dunha ducia de feridosgraves. Tamén en O Pasaxe –preto do Colexio- había dúas pensións e dúas tendas.
Neste Curso 1916-17 os P.P. Xesuítas Portugueses expulsados de Portugal en 1910, pasaron a Holanda e Bélxica para logo chegar a España en San Martinho de Trebejo ca Escola Apostólica (Cáceres); Juniorado e Filosofado en Santa María de Oya (Pontevedra), redación das revistas “Brotéria e Mensageiro do Coraçao de Jesus” en Pontevedra capital,arrendando e logo A GUARDA, mercando os bens dos xesuítas españois sitos en O Pasaxe (Camposancos) que foron valorados no ano 1914 en 561.500 pesetas, o colexio con tódalas dependencias, seguindo unha traxectoria que durou ata 1932 cando don Manuel AzañaDíaz (presidente da IIª República Española) publicou o Decreto de Disolución de las Ordenes Religiosas (entre elas a Orden da Compañía de Jesús). En 1932 pasan a Portugal abrindo varias residencias acollendose a Constitución portuguesa de 1933, a que abolíu as leis de excepeción por motivos relixiosos de 1910 e 1941, recoñocendo a Compañía de Xesús como unha Corporación Misioneira, normalizándose a situación xurídica dos xesuítas da Provincia de Portugal. Os xesuítas españois pasaron a Vigo, primeiro no edificio de La Molinera e logo no complexo de Bellavista en Guixar..
La Molinera era un edificio de recente construcción (1898) de cinco plantas onde estivera instalada unha fábrica de fariñas que fracasara, dispuña de grandes almacéns sendo algúns dos donos de La Molinera Gallega S.A. don Gaspar Massó, don Francisco Tapias, don Luís Suárez Llanes e don Ceferino Maestú Novoa que foi alcalde de Vigo en 1920. E o dono da finca Bellavista era don Angel Elduayen Mathet, capitán de navío, fillo de don José Elduayen Gorriti (marqués de Pazo de la Merced, membro do Partido Conservador, chegou a ser ministro ata nove veces, sendo tamén deputado a Cortes, enxeñeiro de camiños, finou en 1897), don Angel tiña o título de marqués herdado da súa defunta muller dona María Ximénez Sandoval Saavedra. Esta finca de Bellavista en Guixar-Vigo pasa a ser propiedade dos xesuítas españois o 13 de novembro de 1916, legalizada a venta diante do notario de Madrid don Toribio Gimeno Bayón por un importe de 400.000 pesetas mais 16.000 pesetas de Dereitos Reais. Co fin de evitar “líos” legais os xesuítas fundan a Sociedad La Enseñanza Católica que entre outros negocios revende outra vez as posesións do Colexio de O Pasaxe en 1917 cancelando anteriores hipotecas. A Condesa de Vigo ( Conde de Vigo foi un título dado en 1810 a don Joaquin Tenreiro Montenegro pola súa actuación diante das tropas francesas na Guerra de Independencia e na defensa e liberación de Vigo), era dona Josefa Tenreiro Montenegro García que axudou economicamente aos xesuítas de Vigo.
En agosto de 1928 o presidente do goberno don Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, segundo marqués de Estella,visita Vigo é o novo Colexio dos P.P. Xesuítas en Bellavista, así como A GUARDA, o monte Tecla e outros lugares da comarca. No Curso 1937-38 os P.P. Xesuítas de Vigo aproban a creación dun grupo de alumnos chamados Exploradores Hispanos baixo o mando directo da Falanxe Local de Vigo, organizaban campamentos de verán ata a Illa de Arousa, Limens, A Lanzada, Vilanova….
Uniformados e ordenados os alumnos e profesores percorrían as rúas mais importantes de Vigo cada vez que era conquistada unha cidade aos “rojos”. Non digamos cando en 1939 se celebrou o Desfile de la Victoria, acto polo que foron felicitados polo propio Alcalde de Vigo quen enviou ao Colexio varias botellas de xerez e galletas…
Os xesuítas adiantáronse ao Fronte de Xuventudes que naceu en decembro de 1940. (….) todos los alumnos de los Centros de 1ª y 2ª Enseñanza Oficial y Privada forman parte del Frente de Juventudes.. A propia filla do Dictador Francisco Franco Baamonde en 1942, fixo doazón dunha Bandeira Nacional ao Colexio (….) Al Frente de Juventudes del Colegio Apóstol Santiago. Carmencita Franco Polo. 8-XII-1942. No Curso 1941-42 comezou a estudiar en O Pasaxe o futuro Prefecto da Orden Xesuítica, era o Padre Juan Bautista Llorens nado na ARMONA – Camposancos. Fillo de don Evaristo Llorens Ferrando administrador da empresa “París Hermanos y Cia” que era un serradoiro-fábrica de madeira na Armona.Nestas instalacións estivera unha fábrica de xabón ata 1849, logo mercadas as instalacións por don Domingo Español Cividades en 1875, mercado por don Vicente París Morla de Gandía e en 1940 vendido a Serrarías del Miño S.A. na que tiñan accións a familia Candeira.
No ano 1942 foi arranxada a Capela pública e inaugurada unha Escola Pública no Pasaxe (sita no antigo edificio onde estivera a Estufa de Desinfección, e hoxe Estación Ornitolóxica de Anabam ), estiveron presentes os Alcaldes de A Guarda e de Vigo. Os P.P. Xesuítas Portugueses estiveron no Pasaxe -como dixen- dende 1916( data na que o Colexio Apóstolo Santiago se traslada a La Molinera de Vigo), no Mosteiro de OIA tiveron o Noviciado e a Casa de Formación, en Marín e logo en Pontevedra tiveron a Casa de Escritores na que se editaba a revista científica BROTERÍA de sona mundial.
Na etapa dos Xesuítas da Provincia Portuguesa, o Colexio de O Pasaxe tiña un gran nivel científico nosprofesores. O xesuíta Eugenio Jalhaydescubriu unha Estación Prehistórica no Castro da Forca no monte Tegra (preto do parque de O Cancelón) e o padre Alfonso Luisier foi un dos grandes botánicos de tódolos tempos.
No Curso 1928-29 o Goberno Español obrigou aos P.P. Xesuítas portugueses eliminar o nome de Colexio Nun´ Alvres (o portugués NUN´ ALVRES participara na batalla de Alxubarrota onde as tropas portuguesas derrotaran as tropas castelás en pro da independencia), tendo que poñer o nome de Colexio de María Inmaculada, logo en 1932 o decreto de don. Manuel Azaña Díaz obriga aos portugueses ( é a tódalas Ordenes Relixiosas) deixalo Colexio nun prazo de sete días.
Algúns veciños de Camposancos (unha pequena parte que logo na guerra civil foi esaxerada), entraron nas dependencias do Colexio roubando e destruíndo parte do mobiliario propiedade dos xesuítas portugueses, logo en 1936, mercé a unhas fotografías sacadas polos xesuítas varios cidadáns foron procesados en Consello de Guerra Sumarísimo. No ano 1934 o Colexio(mellor dito o edificio porque xa non había Colexio), puído converterse en Hospital Psiquiátrico ( foi un gran protagonista don Bibiano Fernández- Osorio Tafall), pero non chegou a fundarse.
O Alcalde daquela don Antolin Silva Vicente ( do Partido Radical de Alejandro Lerroux) foi o derradeiro Administrador das propiedades dos xesuítas no Pasaxe, antes forandon Juan Portela Lomba e don Generoso Lagarejos Rivas ( tamén do Partido Radical fundador da Agrupación del Partido Radical de Los Tabagones, que fora Alcalde de O Rosal). D. Emilio González López deputado pola ORGA (Organización Galega Autónoma) e membro da Comisión Liquidadora das propiedades dos P.P. Xesuítas Portugueses en O Pasaxe-Camposancos (……) yo tenía el propósito(1934) de instalar en él (Colexio de María Inmaculada de O Pasaxe) el Manicomio General de Galicia, pero necesitaba que las Diputaciones Provincialesenviasen locos a éste Manicomio y nunca logré que se comprometiesen….. É logo un 27 de xullo de 1936 as tropas “nacionales” de Franco entran na Guarda….incautándose de tódalas instalacións do Colexio e creándose a Prisión Habilitada de Camposancos, ou Campo de Concentración. No Colexio Apóstoo Santiago de Vigo funcionaban dúas Centuriasdel Frente de Juventudes. Unha chamada“Apóstol Santiago” compostas por cadetes e outra “Méndez Núñez” de frechas. Segundo refire don Evaristo Rivera Vázquez (…) en octubre de 1937 llegó( A O PASAXE CAMPOSANCOS) la primera tandade prisioneros republicanos compuesta por 3.000 hombres y 180 mujeres…. todos capturados por nuestra gloriosa escuadra al derrumbarse el frente de Asturias. Las mujeres fueron trasladadas muy pronto a otra parte…algunas detenidas dieron a luz entre aquellas venerables paredes… A finais de 1939 evacuaron as instalacións gran parte dos detidos sendo o Xefe do Campo de Concentración nesas datas o capitán Antonio Fontenla Romero. Pero non foi ata o ano 1941 cando se pechou de forma definitiva o Campo de Concentración de Camposancos, e a devolución oficial de tódalas instalacións do Colexio de María Inmaculada tivo lugar o 18 de setembro de 1941. Cando os P.P. Xesuítas reclaman unha determinada indemnización o Director Xeral de Prisións daquela don Ignacio Bernardo Álvarez se negou a abonar calquera cantidade aos xesuítas alegando (….) no sólo no fueron causados daños , sino que se hicieron en él edificio algunas reparaciones…. No Curso 1943-44 o Colexio pasa a ser unha Escola Vocacional ou Escola Pre-Apostólica ou Seminario Menor co nome de San Francisco Javier, neste curso había 32 alumnos e sete padres xesuítas que dependían de Vigo (Colexio Apóstoo Santiago en Bellavista). ((jesuitas Portugal 2)) O primeiro Director desta Escola Vocacional foi o padre Francisco Gómez e no Curso 1958-59 foi pechada esta escola no momento en que había no pasaxe 22 padres xesuítas e 94 alumnos. O Pasaxe tamén foi Casa de Exercicios para escolares do Colexio de Vigo (…) Desde 1959 el histórico edificio vive de recuerdos, presta los estimables servicios de jubilado hacendoso y espera que un día, al fin, llegue la voz bienhechora que le diga levántate y anda…. Ata 1974 había unha pequena Comunidade no Colexio, serviu como sitio de vacacións no verán de outros colexios relixiosos…
Escribo en castelán porque interesa este asunto a persoas non galegas: Nota: Todos los fallecidos en el Campo de Concentración de Camposancos (El Pasaje) y que que no podían ser retirados sus cadáveres por la familia eran enterrados en el cementerio de Camposancos, mientras duró la guerra por oficio del Comandante Militar del Campo de Concentración, luego fueron enterrados en el cementerio de A Guarda. A partir del 31 de agosto de 1941 ya no aparece en el Registro Civil, ningún otro prisionero de guerra muerto en el Campo de Concentración de Camposancos, debido a que los prisioneros que quedaban fueron enviados a otros penales cerca del lugar de origen de los prisioneros, desde ése momento el Campo de Concentración instalado en el Colegio Apóstol Santiago de los Padres Jesuítas queda clausurado. Este Colegio fué Prisión Habilitada por los militares “nacionales” para encerrar a los republicanos guardeses, rosaleiros etc.etc. detenidos por los militares cuando entraron en A Guarda el 27 de julio de 1936 (2,30 de la tarde), al romper las tropas la resistencia de los paisanos, guardias civiles, carabineros, marineros del cañonero cabo Fradera de Tui en la curva de A Moura- O Porriño (todos ellos defensores de la IIª República, al igual que los Alcaldes de A Guarda, O Rosal, Tomiño y Tui), la mayor parte fueron fusilados sin juicio previo, y los demás despues de un Consejo de Guerra Sumarísimo. Inmediatamente después el Colegio fue requisado por la Inspección de Campos de Concentración en julio de 1937, comenzando a “funcionar” la Prisión Habilitada de Camposancos o Campo de Concentración de Camposancos, donde llegaron a estar entre 2.000 a 5.000 prisioneros politicos, llamados “rojos” por los nacionales.
Los jesuítas atendían como podían, o querían, a los prisioneros a nivel católico-apostólico, el primero que atendió a los prisioneros fue el Padre José Sarabia. En marzo de 1941 (cuando ya se iba a clausurar) figuraba cómo capellán castrense de la prisión de Camposancos el sacerdote D. Hermenegildo Gil Millós. Fuera propuesto por el obispo de Tui, sucediendo a don Martín Alvarez Alvarez (parroco de Salcidos) que haía sido capellán desde abril de 1938. El primer Jefe de ésta Inspección de Campos de Concentración fué Luís Martín Pinillos con sede en Burgos. Este Campo de Concentración de El Pasaje – Camposancos tiene una historia muy triste para cientos y cientos de de ciudadanos (la mayoría ya fallecidos), asturianos, leoneses, castellanos, catalanes y gallegos, estando intimamente coaligado con la Prisión Habilitada en el Cuartel de Artillería de Figueirido (Pontevedra), con la Prisión Habilitada en la Isla de San Simón ( Redondela), la Prisión Habilitada en el Monasterio de OIA (Pontevedra), Campo de Concentración de Cedeira (A Coruña), Campo de Concentración de Rianxo (A Coruña)y de Muros de San Pedro. El 17 de mayo de 1938 el Tribunal Militar Permanente Nº 1 de Gijón (Oviedo) presidido por el Comandante Caballero LuísVicente Sasiaín se traslada a El Pasaje Camposancos, estando constituído por: Presidente: Comandante de Caballería Luís Vicente Sasiaín.
6b4b827a48b0a99ba0a3aaad0a6847eb
Ponente: Capitan Honorífico del Cuerpo Jurídico Militar Julio García Rosado. Este Tribunal llevaba a cabo de cuatro a seis Consejos de Guerra Sumarísimos diarios, donde juzgaban?? entre seis a diez prisioneros cada vez. La vigilancia exterior en éste época estaba controlada por una Sección de Falange, la interior por el ejército. Uno de los testigos (que aún vive en Asturias) es el Presidente de la Asociación de Antiguos Combatientes Republicanos de Asturias don Avelino Fernández Cabricano que estuvo prisionero en Camposancos desde 1937. Era Tte de la 2ª Sección de Estado Mayor del XIV Cuerpo de Ejército al mando de don Francisco Galán, pasando mil y una privaciones despues de ser capturado, estuvo varias veces a punto de ser fusilado, y por suerte el 9 de marzo de 1938 fué enviado a un Batallón Disciplinario en Miranda de Ebro. (…) cuando llegamos al campo de concentración la miseria, la cantidad de piojos, es inenarrable. Hubo que tirar los calzoncillos y quitar los bolsillos a los pantalones para poder rascarnos mejor. Estábamos llenos de piojos. De comer eso sí, nos daban en abundancia: patatas y berzas, todo lo que quisieses, en un plato de metal; y algunas veces hasta nos llegaron a dar un poco de vino…A los enfermos les daban leche aguada, “leche azul” que decían…
D. Marcelino Laruelo Roa una de las personas que más se ha preocupado en investigar el paradero y la vida de muchos prisioneros de guerra, escribió el libro “La Libertad es un bien muy preciado”.
D. Santiago Casares Quiroga xefe do goberno da IIª República cando un 18 de xullo de 1936 se subleva parte do exército contra o goberno republicano lexitimado nas urnas en febreiro desde mesmo ano.
D. José Luís Lomba Alonso de A Guarda también investigó los archivos del Registro Civil de A Guarda. D. Manuel Domínguez Pacheco “Taxota” es un testigo directo de todos los sucesos ocurridos en A Guarda y que vivió en carne propia. Y el que suscribe José Antonio Uris Guisantes que también investigó y sigue investigando el paradero y las vicisitudes por las que pasaron muchos republicanos y sus familias. As comunicacións por estrada dende A Guardafacíanse a través de Caminha collendo o tren ata Tui, debido a que a estrada dende A Guarda a Tui e dende A Guarda por Baiona-Vigo eran tan pésimas que dende setembro a maio as dificultades eran enormes. Concretamente en O Pasaxe no ano 1825 había unha barca grande con capacidade para 25 persoas e outro mais pequeno para 12 persoas, os barqueiros debían arrendalo servicio ao Concello de A Guarda por 20 reais cada mes, o billete de ida e volta era de “cinco cuartos” por persoa, por cabalería vinte cuartos, debendo de ser as barcas portuguesas – con mais capacidade – as que transportasen as cabalerías.
Para a vixilancia había xa un servicio de policía, debido a que dende tempo inmemorial o intercambio comercial entre ambas poboacións foi moi intenso, existindo un nome especial para as mercancías que non pasaban polas aduanas “o pisco”. No ano 1824 o Concejo de La Foz del Miño estaba formado por A Guarda, Salcidos, Camposancos, O Rosal, San Juan de Tabagón, San Miguel e As Eiras. En 1840 viñan atracando no peirao de O Pasaxe barcos procedentes de Vigo, A Coruña, Alacante, Valencia,etc. A mediados do século XIX ( 1855), atopamos referencias do serradoiro de madeira de don Manuel Antonio Candeira, mais tarde dos irmáns Candeira González ( Constante e Matías).
Un dos comerciantes importantes de A Guarda no século XIX foi don Juan Antonio Español López finado en 1854 con unha importante infraestructura comercial no Pasaxe de importación e exportación de mercadorías. Fora deputado provincial, sendo unha xestión persoal a construcción do actual ponte Tamuxe ( antes de madeira ) entre 1844-45, encargado a don José Fernández de Goián. Por súa conta construíu embarcadoiros e facilitou a construcción de barcos de madeira. Segundo don Antonio García Lago, don Juan Español López era dono de 16.470 varas en terreos, solicitando seu fillo don Domingo Español Cividanes en 1876 a redencióndas taxas estatais a don José María Gribe de Madrid polos que pagou ao Estado 375,50 reais.
No ano 1859 aínda existía unha fábrica de xabón na Armona, mercada por don Domingo Español Cividanes, mais tarde vendida aos irmáns don Bautista e don Vicente París Morla instalaron un serradoiro de madeira, solicitando ao estado unha concesión administrativa do uso dos peiraos por cen anos en 1896, aínda que debían despachalos embarques na Aduana de O Pasaxe, estas instalacións foron vendidas a Serrarías del Miño, logo pasou o bispado de Tui-Vigo para facer un Seminario, sendo vendido a Cerámica Domínguez de Levante S.A. Cedolesa para fabricar ladrillos, e finalmente unha empresa de construcción de A Guarda se fixo ca propiedade construíndo un complexo de apartamentos coñecido como Apartamentos Armona. En 1894 o Concello de A Guarda instalou uns barracóns de madeira onde se habilitaron os Servicios de Sanidade para poder poder facer revisión médica aos tripulantes das embarcacións chegadas de tódalas partes do mundo, máxime nesas datas nas que apareceu o “cólera morbo” que xa afectara en 1854 os portos de Vigo, A Coruña, Baiona e Pontevedra, estas instalacións aínda existen hoxe, lugar onde sería mais axeitado construíla Estación Marítima para o transbordador e non o MAMOTRETO que mandou construír Portos de Galicia. Onde está hoxe a Estación Ornitolóxica de ANABAM estaba emprazada a “estufa” que eran unhas instalacións sanitarias onde se desinfectaban as roupas dos enfermos e dos tripulantes dos barcos que estaban en “corentena” fondeados no río. Nos anos 1897-1900 figura tamén como dono dun Forno de Cal D. Teodoro Sabariz. A comezos do século XX a sociedade Manuel Domínguez y Cia., comeza a construíla fábrica La Camposina ( sería esta a mais grande de todas as da Bisbarra) ., coincidindo ca inauguración do posto de Carabineiros de Costas y Fronteiras, disoluto en 1968.
Outra empresa de O Pasaxe foi Domínguez Hnos y Trigo. Se destacan nestes anos de 1911 os vapores La Guardia, Unión, Galicia, Hernani, Lista e os bergantíns Perla e María Asumpta ( construído en Cataluña en 1904, e afundido nas costas de Cornualles despois de 137 anos de singraduras).
Un 11 de xaneiro de 1924 o pailebote Constantino Candeira queda varado no baixo Robalixeira nunha noite de auténtica galerna. Carlos Candeira foi outro barco de carga, e en 1920 tivo lugar un acto multitudinario ca botadura nos estaleiros de O Pasaxe o barco Celso Candeira, onde navegou o poeta Manuel Antonio (1900-1930) autor da obra “De Catro a Catro”, tamén navegaron o Río Miño, o canoneiro Gaviota, o vapor Mardomingo 14, o veleiro Delfina María ou Delfina Amalia. En 1880 foi construída a actual rampa-varadoiro, sendo elemento importante no desenrolo de O Pasaxe nas primeiras décadas do século XX. D. Domingo Español Cividanes sendo alcalde de A Guarda en 1850 arranxou por primeira vez a Alameda é abriu a estrada para carros dende A Guarda ata O Pasaxe, anos mais tarde convertida en estrada C-550 ( as malas linguas daquela criticaron que era en beneficio do propio alcalde que tiña os negocios no Pasaxe). Segundo D. Evaristo Rivera, (…) D. Domingo era una figura descollante entre la burguesía de la comarca.. Dende 1855 a 1865 existía unha compañía de vapores entre Caminha e Valença e intercambio comercial entre Caminha e Monçao. Segundo don Ernesto Iglesias Almeida (…) con barcos movidos a vara, remo, vela y vapor… Cregos de Arbo, Tui e outras localidades van celebralas misas en igrexas e capelas de portugal e a inversa.
En 1884 o serradoiro dos Candeira traballaba a tope, sendo neses anos o tráfico fluvial dos mais intensos da historia, onde controlaba as entradas e saídas un Contramestre de Río. Ao Pasaxe chegaba viños de xerez, vinagre, azucre, pedra de cal, xabón, figos, pasas, canela, algodón, café, escobas, barallas, libriños de papel para ligar o tabaco, sal, botóns, productos químicos, papei do estado, e enfermidades infecto contaxiosas como o cólera ou a gripe. Saían toneladas de madeira en táboas e tablillas, barricas de cal en po, louza, congro seco,etc. Por fin en 1896 inaugúrase unha “estrada moderna” gracias as xestións do deputado conservador don Ezequiel Ordóñez González ( neto de guardeses), coñecida como Estrada Real a Tui, e que comeza na Praza do Reloxo, as beira rúas da rúa da Praza Nova ( Joaquin Alonso) datan de 1832 que foron pagadas, xunto as da rúa Vicente Sobrino por don Bernardo Martínez Ameal o igual que o cemiterio parroquial de San Pedro que cedeu a parroquia en 1834, cemiterio que foi trasladado a Paraños-Sestás. Un Real Decreto do 23 de abril de 1897 ordena que cada barco ( dePortugal ou de España ) que tivese o privilexio para o servicio de transporte de pasaxeiros ou mercadorías debía levar unha bandeira con unha P de cor negro no centro, se tivera outra barca, esta última debía pagar 20 reis en Portugal, e 10 céntimos en españa, a barca privilexiada por cada pasaxeiro ou mercadoría ata 100 quilos.
Imaxe dunha “gasolineira” que facía a viaxe de pasaxeiros entre o peirao de O Pasaxe e Caminha. Esta fotografía correspondea chegada de don Bernardino Machado Guimaräes ex presidente da República Portuguesa exiliado a España despois do golpe de estado do xeneral Antonio Óscar Carmona de Fragoso. D. Bernardino estivo na Guarda en 1934 hospedado no Hotel del Tecla, propiedade de don José Ramón Sobrino Arias (hoxe oficina de La Caixa), logo trasladouse ao chalé da familia Candeira (hoxe Hostal Martirey) ata 1935, data na que o goberno da república obrigouno a abandonala zoa preto da fronteira (premidos polo goberno portugués do primeiro ministro Antonio de Oliveira Salazar, un dos crueis dictadores da Península Ibérica). Se escribe que fora vixiado pola PIDE (Policía Internacional e de Defensa do Estado), pero debemos desmenti-lo debido a que a PIDE foi creada en 1945 polo Decreto Lei nº 35.046 de 22 de outubro. A policía secreta que vixiaba ou espiaba a don Bernardino Machado era a PVDE (Policía de Vigilância e Defensa do Estado) creada en 1933 polo Decreto Lei nº 22.992 do 29 de agosto. Tiña dúas Seccións, nesas datas dirixida polo capitán Agostinho Lourenço: Secçao de Defensa Política e Social, e Seccçao Internacional que sería a que espiaba na Guarda a don Bernardino e séquito. En 1934 (ano no que se expía a don Bernardino) a PVDE era responsable da emigración e fiscalización das axencias de pasaxes, dos pasaportes. Neste mesmo ano mercé o Decreto Lei nº 24112 do 29-7-1934 asume unha nova Sección: Secçao de Presos Políticos e Sociais para prover ao sustento, manutención, garda e transporte dos presos políticos e sociais, preventivos ou xulgados. Esta foi a policía secreta portuguesa que entregaba aos republicanos españois na fronteira, os que logo eran condenados por rebelión militar e a meirande parte fusilados ou paseados.
Por outra banda a PIDE (Policía Internacional e de Defensa do Estado) creada en 1945 cómo “un organismo autónomo da Policía Judiciária”. Podía facer uso da tortura e de prisión psicolóxica que foran unha constante o longo do NOVO ESTADO de Oliveira Salazar. Miles de cidadáns portugueses foron presos e moitos faleceron en prisión, outros saíron con graves lesións psicolóxicas ou en moi mal estado de saúde. A Guerra Civil nas Colonias de Ultramar intensificou o traballo desta policía política. En 1969 o goberno de Marcelo Caetano extinguiu a PIDE creando a DGS (Direcçao Geral de Segurança). Un dos sucesos de mais sona a nivel interancional foi ó asasinato do xeneral portugués Humberto Delgado e súa secretaria Arajaryr Campos en Badajoz en 1974. Casimiro Emérico Monteiro, xefe de brigada da PIDE foi o autor dos asasinatos, apoiado por sete axentes a suas órdenes tenderon unha trampa ó xeneral Humberto Delgado a través do traidor infiltrado Mario Carvalho que o levou (co pretexto de facer unha reunión con politicos contrarios o Réxime Portugués)a unha finca chamada “Los Armerines” o lado de Olivenza, onde sería asasinado xunto a secretaria. Aplicábase nos intercambios comerciais o “Reglamento de Comercio Fluvial”. En 1909 don Juan Cervera Valderrama Tte de navío e comandante da canoneira Perla con base en Tui, publicaba en La Integridad de Tui (…) El Miño es el VIVERO más rico y productivo que tiene la Península Ibérica…, calculándose que neste ano había mais de 3.000 pescadores na augas do Miño.
José Antonio Uris Guisantes. Redactado por José A. Uris Guisantes el Viernes 4 de Marzo de 2005Comentarios
Mi más sincera enhorabuena por este fantastico reportaje. Enviado por: Alex el Lunes 7 de Marzo de 2005 a las 09:49Dende Redondela, nun lugar moi próximo ás illas de San Simón e Santo Antonio, a miña noraboa, un bo traballo. Enviado por: gonzalo amoedo lópez el Miércoles 4 de Mayo de 2005 a las 18:00Felicitaciones por este reportaje, Mi abuelo vino a Chile en el barco Winnipeg,refugiado, que bueno hubiera sido que hubiera alcanzado a leer estas paginas, bueno ahora lo hace su nieta, en horabuena....Berta Enviado por: Berta Suárez Cofré el Jueves 9 de Junio de 2005 a las 05:16Magnifica historia del edificio que albergo durante casi un siglo la vida de la Compañia de Jesus en Galicia.Me siento muy feliz de recordar mis dias de ejercicios espirituales,en el entonces seminario. Los partidos de futbol,que jugue,contra los seminaristas,siendo alunno del Colegio "Apostol Santiago" de Vigo.Gracias por rememorar,la vida de colegio,aun cuando yo vivi unicamente los años 50. Pancho Casteleiro. Enviado por: Pancho Casteleiro el Jueves 14 de Julio de 2005 a las 22:14El articulo, estupendo.Mi abuelo Serafin fue barquero entre españa (a Pasaxe) y Portugal (Camihna) muchos años. Mi padre por su edad conoce a mucha gente de la que sale en este reportaje,y tambien fué alumno de los jesuitas en Portugal. Hola, He leído con mucho interés vuestro artículo. Mi abuelo estuvo unos meses encerrado en el campo de concentración de Santa Mª de Oya, pero en algunos documentos me figura el nombre de Camposancos. ¿Es el mismo campo de concentración?, ¿teneis información al respeto? ¿sabéis si existe algun archivo con la documentación de los presos que estuvieron el el campo de concentración? Agradeceré cualquier información. Desearía contactar con Angeles G. Gandoy y Jaume Prat,por una investigación sobre el recinto de camposancos que estamos llevando a cabo. Muchas gracias por adelantado a ambos. Un cordial saludo. Pepe Ballesta Enviado por: jose ballesta el Domingo 25 de Junio de 2006 a las 14:22Estoy buscando datos sobre mi abuelo quien fue prisionero en el campo de concentracion de Santa Maria de Oya. Su nombre era Conrado LLuch Guardia y solo se que murio el dia 3 de abril del 1939. Enviado por: Anna Lluch el Domingo 10 de Septiembre de 2006 a las 20:55Hola: mi abuelo fue fusilado en galicia, el hombre dejo mujer y tres hijos, ya solo viven dos de ellos. Creemos que esta enterrado en una fosa comun en Tui, pero no sabemos nada mas, tenemos unas cartas de él que son para que se te pongan los pelos de punta. Me gustaría poder llevarle flores. su nombre era Jose Antonio Fernández Bermudez y residia en La Felguera - Langreo - Asturias. Por favor respondanme algo. Muchas gracias. Enviado por: covadonga el Domingo 12 de Noviembre de 2006 a las 19:08Hola, ola Mi padre estuvo en el campo de concentracion de Santa Maria de Oya pero no tengo ningun documento que conste que estuvo alli. Sabeis si hay algun archivo con datos de los presos?.Agradederia cualquier tipo de informacion al respecto. Me gustaria contactar con Jaume Prat de Girona, me parece que buscamos la misma informacion. Enviado por: Angela Peig el Martes 5 de Febrero de 2008 a las 00:59Esetimado amigo: Acompaño en el sentimiento y doy el pésame a todos los familiares de las víctimas. Comentar este artículo
|