Eleccións na Confraría de Pescadores Santa Tecla
Jueves 17 de Marzo de 2005
A Confraría de Pescadores Santa Tecla iniciou o proceso para a renovación de tódolos cargos da mesma; Xunta Xeral, Cabido e Patrón Maior.
A Xunta Xeral, que se compón de 24 vocáis, será elixida o 28 de Maio próximo e o Cabido composto de 10 vocáis serán elixidos o 15 de Xullo, o Patrón Maior tamén será elixido nesta última data.
Así se desprende do calendario electoral unha vez foron ratificadas pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos tanto as normas como o calendario electoral que rexirá durante todo o proceso electoral.
Destacar que as normas están a disposición dos socios da Confraría no taboleiro de anuncios da mesma dendo o día 9 de Marzal.
Destacar tamén que o censo de afiliados tamén está a disposición dos socios no mesmo lugar dendo o 12 ó 30 de Marzal, para a comprobación e presentación de reclamacións sobre exclusións ou inclusións no mesmo.
CALENDARIO ELECTORAL
Acordo da Xunta Xeral de celebración de eleccións.
- 02-03-2005 - Mércores 17:30 h.
- Constitución da Comisión Electoral.
- Elaboración do plan, normas e calendario electoral.
- 04-03-2005 - Venres 17:30 h.
- Cabido. Aprobación do plan, normas e calendario electoral.
- 09-03-2005 - Mércores
- Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Ratificación do plan, normas e calendario electoral.
- 09-03-2005 - Mércores
- Exposición no taboleiro de anuncios da Confraría do plan, normas e calendario electoral.
- 12-03-2005 - Sábado a 30-03-2005 Mércores
- Exposición do censo de afiliados no taboleiro de anuncios da Confraría.
Presentación de reclamacións sobre exclusións ou inclusións.
- 02-04-2005 - Sábado 10:00 h.
- Comisión Electoral. Resolución de reclamacións contra o censo de afiliados.
- 07-04-2005 - Xoves
- Remate prazo de presentación de recursos ante a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
- 13-04-2005 - Mércores
- Exposición no taboleiro de anuncios da Confraría do censo electoral definitivo.
Inicio de solicitude de voto por correo.
- 14-04-2005 - Xoves e 28-04-2005 Xoves
- Presentación de candidaturas a vocais da Xunta Xeral.
- 29-04-2005 - Venres
- Publicación de candidaturas no taboleiro de anuncios da Confraría.
- 30-04-2005 - Sábado 10:00 h.
- Comisión Electoral. Comprobación de cumprimento de requisitos das candidaturas presentadas.
- 02-05-2005 - Luns e 03-05-2005 Martes
- Prazo para presentar alegacións e subsanación de irregularidades.
- 05-05-2005 - Xoves 17:30 h.
- Comisión Electoral. Resolución das reclamacións presentadas.
Proclamación de candidaturas e exposición no taboleiro de anuncios da Confraría.
- 10-05-2005 - Martes
- Remate prazo de presentación de recursos ante a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
- 16-05-2005 - Luns 17:30 h.
- Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Proclamación definitiva de candidatos.
Inicio da campaña electoral.
Comisión Electoral designará os compoñentes da Mesa Electoral, notificándollo e debendo ser aceptado por escrito.
- 27-05-2005 - Venres
- Fin prazo voto por correo.
- 28-05-2005 - Sábado
- 09:30 horas.Constitución da Mesa Electoral.
De 10:00 a 18:00 horas apertura do Colexio Electoral na Confraría.
Votacións a vocais da Xunta Xeral.
Escrutinio e acta da Mesa Electoral.
- 29-05-2005 - Domingo e 30-05-2005 - Luns
- Entrega das actas da Mesa Electoral á Comisión Electoral e á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Exposición das actas das votacións no taboleiro de anuncios da Confraría.
Presentación de reclamacións ante a Comisión Electoral.
- 31-05-2005 - Martes 17:30 h.
- Comisión Electoral. Resolución sobre as reclamacións.
- 01-06-2005 - Mércores e 02-06-2005 - Xoves
- Presentación de recursos ante a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
- 08-06-2005 - Mércores
- Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Resolución de recursos.
- 13-06-2005 - Lúns 17:30 h.
- Comisión Electoral. Proclamación de membros da Xunta Xeral.
- 16-06-2005 - Xoves
- Remate prazo de recursos contra o acordo de proclamación ante a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
- 22-06-2005 - Mércores
- Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Resolución de recursos.
- 25-06-2005 - Sábado 10:00 h.
- Comisión Electoral. Toma de posesión e constitución da Xunta Xeral na Confraría.
- 27-06-2005 - Lúns e 28-06-2005 - Martes
- Presentación de candidaturas a Patrón Maior.
- 29-06-2005 - Mércores 17:30 h. e 30-06-2005 - Xoves
- Comisión Electoral. Proclamación e exposición de candidatos a Patrón Maior.
Presentación de reclamacións ante a Comisión Electoral.
- 01-07-2005 - Venres 17:30 h.
- Comisión Electoral. Resolución de reclamacións.
- 04-07-2005 - Luns
- Remate prazo de presentación de recursos ante a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
- 09-07-2005 - Sábado
- Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Resolución de recursos.
- 15-07-2005 - Venres 17:30 h.
- Mesa Electoral. Constitución da mesma.
Votación a Patrón Maior, Vicepatróns e Cabido na Confraría.
- 18-07-2005 e Lúns e 19-07-2005 - Martes
- Exposición das actas no taboleiro da Confraría.
Presentación de reclamacións ante a Comisión Electoral.
- 20-07-2005 - Mércores 17:30 h.
- Comisión Electoral. Resolución de reclamacións.
- 22-07-2005 - Venres
- Prazo de presentación de recursos ante a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
- 29-07-2005 - Venres
- Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Proclamación do Patrón Maior, Vicepatróns e Vocais do Cabido.
- 29-07-2005 - Venres 17:30 h.
- Comisión Electoral. Proclamación do Patrón Maior, Vicepatróns e Vocais do Cabido.
Toma de posesión do Patrón Maior, Vicepatróns e Vocais do Cabido.
Disolución da Comisión Electoral.
Remisión de toda a documentación electoral á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Redactado por Satoko el
Jueves 17 de Marzo de 2005