Conferencia: O Nacionalismo galego na II República
Lunes 11 de Abril de 2005
O BNG de Oia organiza unha conferencia sobre O nacionalismo galego na II República o próximo sábado 16 de abril as 17:00h na casa da cultura de Oia impartida polo Profesor Xusto Beramendi González.
Perfil:
Xusto Beramendi González realizou estudos de Enxeñería Industrial en Madrid (1959-1967), de Traducción en Barcelona (1969-1974) e de doutorado en Historia en Santiago en 1987. Foi xerente da Comisión de Cultura e secretario técnico do Colexio de Arquitectos de Galicia (1974-84), cofundador do “Museo do Pobo Galego” (1976), presidente da Xunta Rectora, vicerreitor da USC (1990-94), cofundador das revistas “Negaciones” (Madrid, 1976-78), “A Trabe de Ouro” (1990- ) e “Tempos Novos” (!997), membro fundador da Fundación Castelao e Director da sección de pensamento político da fundación Vicente Risco. É catedrático de historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, tamén é colaborador do foro “Novo Estatuto” e guionista da serie documental da 2 de TVE sobre a transición en Galiza. Tamén ten escrito varios libros.
Redactado por Redacción el
Lunes 11 de Abril de 2005