Cursos de Formación Ocupacional do Concello do Rosal
Miércoles 4 de Mayo de 2005
A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais concedeulle en días pasados ó Concello do Rosal, dous cursos de Formación Profesional Ocupacional integrados no Plan FIP, que comezarán a impartirse (por unidades de competencia) no vindeiro mes de xuño no Centro de Formación Municipal da Mata. Eses cursos son os que seguen:
CARPINTEIRO: do 6 de xuño ó 19 de outubro do presente ano, en horario de 9:00 a 14:00, cun total de 474 horas.
CAMAREIRO DE RESTAURANTE-BAR: do 27 de xuño ó 27 de outubro do presente ano, en horario de 9:00 a 14:00 horas, cun total de 430 horas.
Estes cursos están dirixidos a desempregados que ó inicio dos mesmos deben estar inscritos na Oficina de Emprego de Tui. Non obstante, se durante o desenvolvemento do curso algún alumno é contratado, poderá continuar asistindo á acción formativa, previa autorización e sempre que haxa compatiblidade horaria.
Para máis información poden dirixirse ó Concello do Rosal: 986 62 50 00 e 986 62 50 17.
Redactado por Concello do Rosal el
Miércoles 4 de Mayo de 2005