Eleccións na Confraría Santa Tecla
Jueves 26 de Mayo de 2005
O vindeiro sábado 28-05-2005 de 10:00 a 18:00 horas, no local social da confraría de pescadores “Santa Tecla”, celebraránse as votacións para elixir ós vocáis da xunta xeral; nas votacións haberá duas urnas, unha para os empresarios e outra para a parte social, e dentro de cada urna haberá papeletes e sobres de cores, que van a diferenciar os votos dentro de cada agrupación.
Unha vez pechado o colexio procederase ó escrutinio de votos, asi como á acta das votacións, o dia seguinte procederase a entrega da acta na conselleria de pesca e asuntos marítimos.
Os compoñentes da xunta xeral por sectores quedará da seguinte maneira:
Agrupación empresarios:
- 3 sector de altura
- 9 sector de baixura
Agrupación traballadores:
- 7 sector de altura
- 4 sector de baixura
- 1 recursos especificos (mariscadores)
O número de compoñentes vai proporcional ó numero de socios de cada sector.
Unha vez composta a xunta xeral, habrirase o prazo para presentación de candidaturas a patron maior , vice-patrons e cabido, e posteriormente faranse as votacións para a elección destes cargos.
Redactado por el
Jueves 26 de Mayo de 2005