| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Exposición de esculturas de Nando ÁlvarezJueves 26 de Mayo de 2005
Nos últimos dous anos Nando Álvarez participou en varios Simposiums internacionais de escultura como único representante español , en Arxentina, Brasil e Córdoba. A esta última cidade volverá en setembro para realizar, nun novo escontro de escultores, unha peza monumental en pedra caliza a partir dun bloque de dous metros e medio de altura. Nando Álvarez quedou atrapado polo volume e as formas tridimensionais cando tiña quince anos no taller de Antúnez Pousa en Tomiño. Despois licenciouse en Historia da Arte e estudiou o Ciclo superior de escultura na Escola de Artes e Oficios artísticos Mestre Mateo en Santiago de Compostela. Cando rematou os estudos en Compostela volveu ó Baixo Miño colaborando con Antúnez en traballos monumentais e con Xuxo no taller de Tebra (Tomiño). Montou taller propio na casa familiar agora cheo de pezas e proxectos.
Durante os seis anos nos que se editou Río, a revista da cultura miñota, Nando Álvarez encargouse do apartado de Arte entrevistando a artistas como Xavier Pousa, Juan Oliveira, Buciños e Silverio Rivas. Na sua obra parte de formas sinxelas, tres liñas e volume dí combinando bloques de pedra de distintas cores e distintos lugares. Gústalle que as esculturas insinúen que estean a medio camiño entre a figuración e a abstracción. Os últimos traballos son unha serie de combinacións de semiesferas de distinto tamaño que están en equilibrio. Nando Alvarez quere que o espectador busque o significado das obras, que participe nunha lectura compartida co artista, que faga traballar a imaxinación, que xogue coa obra. Títulos e cursos realizados:
Participación en Certames e Simposiums:
Premios
Comentarios
Ola: Ola Pilar, creo que estás intentando localizar datos sobre Xavier Pousa. Se podes contacta conmigo para falar do tema. Son a filla do pintor. hola formo parte de la asiciacion cultural " La Tanda" y me gustaria ponerme en contacto con Nando Alvarez, si alguien pudiera facilitarme su correo electronico o su telefono, muchas gracias, un saludo os invito a visitar www.latanda.org Enviado por: blanca el Martes 21 de Agosto de 2007 a las 21:26Ola Blanca, podes localizar a Nando Alvarez, na seguinte direccion de email: nandoap@hotmail.com Enviado por: E el Lunes 17 de Marzo de 2008 a las 18:39Comentar este artículo
|