Realizada a selección de alumnos para o curso de carpinteiro que terá lugar no concello do Rosal entre o 6 de xuño e o 19 de outubro, efectúase unha nova convocatoria á que poderán presentarse todos os desempregados inscritos en calquera Oficina de Emprego.
A selección de alumnos terá lugar o mércores, 25 de maio, ás 10:00 da mañá, na Biblioteca Municipal (Praza do Calvario, 1)