Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Éxito clamoroso do clube San Xerome no campionato de España

Martes 31 de Mayo de 2005

Clic para ampliar Os días 27 e 28 disputáronse en Murcia os campionatos de atletismo organizados pola Federación Española de Deportes para Discapacitados, nos que Galicia estivo representada polos clubes Juan XXIII de Pontevedra e San Xerome da Guarda.

Foron 8 as medallas acadadas polos formidables deportistas da nosa bisbarra: Na competición, Fabio Martínez Otero é o novo subcampión de España en lanzamento de peso, e Javier Portela Vieira foi cuarto en 5.000 m. e en 1.500, e Santiago Oliveira Albadalejo participou na final de 200 m. Na categoría adaptada, obtivéronse medallas en cada unha das probas nas que participaron as atletas do Xerome. Así, Maite Rodríguez Barros foi primeira en 300 m. e primeira en 80 m, Amparo Ferreira Alvarez primeira en 800 m., terceira en 300 m. e terceira en salto de lonxitude, e Rosalía González Fonseca: terceira en 800 m. e terceira en 80 m. A destacar o apoio da deputación de Pontevedra e do concello do Rosal para que os deportistas e os seus adestradores poidesen acudir ao campionato.

Redactado por Ioshu el Martes 31 de Mayo de 2005
Comentarios

Ánimo a tódolos deportistas do San Xerome, por ter demostrado tantas veces que sodes os mellores do mundo e incluso uns dos mellores de España.

Enviado por: Fernando Coello el Sábado 4 de Junio de 2005 a las 14:24
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.