Primeira reunión de "ábaco" ó público
Sábado 23 de Julio de 2005
O xoves 21 de xullo de 2005 tivo lugar a primeira reunión cara o público da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “ábaco”. á reunión aistiron unhas 30 persoas e explicouse que foi constituida o pasado 27 de xuño e detallaron os motivos principáis para a sua constitución e presentouse á directiva.
Entre os obxetivos constitución destacouse a necesidade de defender os dereitos dos comerciantes e clientes dos problemas máis destacados do pobo nestes momentos como son propoñer ou solicitar medidas para solucionar os problemas de:
Tráfico:
- Falta de aparcamentos.
- Evidente fracaso das ruas peatonais en canto a que perxudican ós comerciantes e producen atascos de tráfico tan grandes que obrigan ós Municipáis a desvia-lo tráfico polas propias ruas peatonáis, resultando un sinsenso.
- Tentar atopar unha solución á baixada e subida do porto que fai rpácticamente imposible a prsencia de autobuses no porto xa que moitos chóferes néganse a facelo polos riscos que implica.
- Solicita-la creación dunha circunvalación para o tráfico pesado.
Impostos municipáis:- Racionaliza-las tasas de recollida de lixo en función do tipo de negocio.
Turismo:
- Promoción do turismo
- Propoñer a creación dun recibo de subida ó Trega con visitas a distintos lugares de intereses do pobo.
“ábaco” considera que para poder levar eses plans a cabo son necesarios socios e animou a tódolos asistentes a asociarse.
A xunta directiva está formada por:
- José A. Gándara (Presidente)
- Ángel Luis Baz (vicepresidente)
- Mª Claudia Vicente (Secretaria)
- Manuela Pantaleón Cadilla (Tesorera)
- Juan J. Álvarez Franco (1º Vocal)
- Fernando Coello Vicente (2º Vocal)
Nos estatutos indicase que os mandatos serán de catro anos, tentando fomenta-la participación dos socios e que tódolos asuntos serán tratados por consenso e por maioría.
Tamén se indica que se pretenderá que as xuntas directivas estén constituidas por representantes de tódolos sectores e que as cuotas serán moi reducidas e sen entradas (10 € ó trimestre).
A Asociación ofrecerá cursos formativos ós asociados e aqueles servizos que sexan solicitados e estén na sua man.
Pódese contactar coa asociación no teléfono 699 240 467, no apartado de correos 65 de A Guarda, a traves do enderezo de correo electrónico abaco@aguarda.com e, en breve, na páxina web www.aguarda.com/abaco
Nas próximas semanas visitarán tódolos establecementos para coñecer as suas problemáticas e animalos a asociarse.
Fotografía de Antón Ferreira de Galicia-Suroeste.
Redactado por Redacción el
Sábado 23 de Julio de 2005