Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Memoria histórica da Guarda: Club Sporting Guardés I

Sábado 23 de Julio de 2005

Sporting GuardésPrimerira parte desde extenso recorrido pola historia do Sporting Guardés escrito por Xosé Antonio Uris e no que atoparemos datos de interese, curiosidades e moitas fotografías.


Antigo escudo ou logo do Club Sporting Guardés. Propiedade de don Manuel Sobrino Sobrino, ex xogador do Club.O primeiro escudo foi deseñado por Luís Alberto Franco Lomba [segundo nos asegura don Manuel Alonso González antigo directivo e dono da Pastelería Monserrat], e a primeira bandeira [en castelán Banderín] entregada a outro equipo foi bordado por súa esposa dona María Josefa Alpuin “Fefa”. Luís Alberto xa era un excelente debuxante cando estabamos estudiar nos P.P. Somascos en 1957 na Praza do Reloxo.


Equipo que podemos chamar do “Pre” Sporting Guardés. Fotografía enviada por Joaquín Fernández Gómez “Quin”.

Fúndase un dous de marzo de 1958 por un grupo de mozos guardeses, entre eles Ignacio empregado da Pastelería Estevez. O primeiro presidente foi Manuel Lomba de la Peña “Manolito do Afónico” nado no eirado[ praza de José Mª Lomba e antes praza do Almirante Topete], seu pai era o dono de “Efectos Navales Antonio Lomba”. O escudo do Sporting foi confeccionado por Joaquin Fernández Gómez segundo me afirmou vía email dende a República Dominicana. Tamén Ignacio Rodríguez Álvarez botou unha man nestes primeiros tempos.


Dato curioso sobre o Español de A Guarda en 1947. Recorte facilitado por Esteban Doiro.

Sinalar un feito real cómo o motivo de poñer o nome de Sporting Guardés foi nada mais, e nada menos que non podía volver a levar o nome de Deportivo Guardés, debido a que a última directiva deixara unhas faltas de pagamento por facer, sendo responsables os directivos que “recolleran” o logo ou nome de deportivo Guardés………Outro presidente foi Basilio Vicente Santiago.


Fotografía de José María Silva Vicente. Homenaxe a DEVA [Esteban Arrizabala Echevarría] que fora xogador e adestrados do Deportivo Guardés ou “Barquiño”. Un  15 de agosto de 1954. Neste equipo “reforzado” que xogou nas festas do Monte contra unha Selección Viguesa podemos distinguir os únicos xogadores guardeses:

Carlos Martínez Troncoso “Carlitos”; Elpidio Sobrino Sobrino Álvarez e José María Silva Vicente.

Tamén xogaron: Meca (D. Avilés; Vilariño (R.C.Celta); Sansón (R.C.Celta); Juan Francisco (R.C.Celta); Hermida (R.C.Celta); Mauro (D. Avilés); Mekerle (R.C.Celta) e Fernando (Pontevedra F.C.).

Na Selección Viguesa xogaron: Lobato (Pontevedra F.C.); Gaítos ( R.C.Celta); Lolín (R.C.Celta); Cabiño (R.C.Celta); Bermejo (D.Avilés); Ernesto (D.Avilés); Azpeitia (C.D.Ferrol); Mencía (Pontevedra F.C.); Amoedo (R.C.Celta); Aretio (Xixón F.C.) e Toñin (Pontevedra F.C.)


Outro conxunto do recen nado Sporting Guardés no verán de 1957. Fotografía de Joaquin Fernández Gómez.


Antiga bandeira do Club Sporting Guardés. Propiedade de don Manuel Sobrino Sobrino.

Nos primeiros anos nútrese no meses de verán, de mozos de ascendencia guardesa con domicilios en Madrid, de estudiantes en vacacións e de fillos de turistas veteranos, nos demais meses o club nútrese de xogadores locais. Entre eles Manuel Angel Martínez “Puskas”[seu pai fora policía en Tui e casara con unha galega a que naturalmente “varría” para Galicia……..


Joaquín Fernández Gómez “Quin” e a dereita é Manuel Angel Martínez “Puskas” en 1958. Fotografía propiedade de Joaquin.

O día da presentación en sociedade do SPORTING GUARDÉS tivo lugar no verán de 1958 sendo a madriña do “evento” a señorita Milagros Portela Guevara [neta do famoso “telleireiro” don Manuel Portela Martínez popularmente “O Tío Cálloo” e de dona Manuel Alonso Sobrino “Tía Manuela Ganchella” ].


Fotografía propiedade de Milagros Portela Guevara 1958. A esquerda un xogador do U.D. Ribera, o capitán deste equipo,  Milagros, co ramo de madriña, outra señorita, o capitán do Sporting, Manolito Portela González e Juan Baró Díaz “Valencia”(q.e.p.d.), árbitro do encontro.


Iº Trofeo de verán das Festas do Monte gañado polo Sporting Guardés en 1958. Fotografía de Joaquin Fernández Gómez. A esquerda vemos a Ignacio Rodríguez Álvarez de gravata como directivo do Club.

Os primeiros encontros futbolísticos ou balompédicos son entre o Club San Bernardo do barrio de Ribadavila, Gimnástica Deportiva Miño de Camposancos, Unión Deportiva Ribera  de San Miguel de Tabagón, Deportivo Oyense, Tomiño F.C., Goyan F.C. e no verán contra o Porriño Industrial. No ano 1963 o club foi inscrito na Federación Galega de Fútbol con tódolos honores…………….


Fotografía de José A. Uris Guisantes. Festas do Monte 1956. Algúns integrantes do Club San Bernardo do barrio de Ribadavila.

Na fotografía feita na Alameda podemos ver[entre outros] a Luís Cadilla Sousa “Rabano”, Victor Manuel Baz Coello “Salmerón”, Victoriano Álvarez Rodríguez, Rafael Lomba “Pintanexo”, José Manuel Vicente “Tito”, Luís Martínez “Domingos Pérez Martínez “ Mingos” ou “Carruallo”….

O nome de San Bernardo foi posto po-los fundadores, os irmáns Alfonso e Manuel Lorenzo Costa que vivían na praza de San Bernardo, popularmente “praza dos porcos”, porque alí era o lugar onde viñan os camións cargados de porcos para vender aos paisanos/as os sábados de mercado.


Novo escudo ou logo do Club Sporting Guardés. Integra parte do Escudo  de A Guarda. Propiedade de don Manuel Sobrino Sobrino.


Fotografía propiedade de Milagros Portela Guevara 1958. Intercambio de bandeiras e saque de honra. O árbitro local Juan Baró Díaz “Valencia”(q.e.p.d.), disposto a “pitar o que sexa”.


Fotografía propiedade de Milagros Portela Guevara 1949. O Cadillac propiedade de Laureano Portela Alonso.

Un dos primeiros Cadillac  chegados de Puerto Rico diante da vivenda de don Manuel Portela Martínez o tío Cálloo, sendo o dono seu fillo Laureano Portela Alonso. Laureano era un dos grandes afeccionados do Real Club Celta de Vigo, acudindo a tódolos encontros cando viña a pasar uns meses na Guarda, acostumaba  estar acompañado de don Raimundo e Pepe Lomba González [Os das Cachadas], incluso acudía a presencia-los encontros xogados en Portugal.

O encargado de lava-lo “haiga” era o mecánico de Transportes Lomba na rúa Puerto Rico Francisco Álvarez “Cajeno” de O Castro.


Outro haiga dos “americanos”, neste caso e un Fiat de Manuel Alonso, “don Manolo dos Follatos”.


Aspecto da Tribuna antes de ser entregado o “Trofeo Fiestas de La Guía” ao Sporting Guardés. Na Fotografía propiedade de Milagros Portela Guevara: José María Salcidos [presidente da Comisión de Festas de A Guía]; sentado a esquerda Ramón Vicente “Caelo” [funcionario Municipal e membro da Comisión de Festas]. Ano 1958 no Estadio do Tecla.

Falando do tío Cajeno se me ven a memoria unha anécdota referida por don José de la Santísima Trinidad Armán [….] No ano 1939, coñecido cómo Iº Ano Triunfal, fomos a telleira en Estramil (A Coruña), nun coche de turismo conducido por Francisco Álvarez “Cajeno” do Castro, íamos oito persoas e oito maletas “a bordo”, cobrou 216 pesetas, endexamais se me esquecerá……..


Entrega do “Trofeo Fiestas de La Guía” por parte de Milagros Portela  Guevara no Estadio do Tecla en 1960. O lado José María Salcidos, a señorita de gafas é Mari Loli Pérez Sierra irmán do xogador do Sporting Fernando Pérez Sierra.Fotografía de Milagros Portela Guevara.


Festexando un Trofeo das Festas do Monte de 1962. Fotografía de Manuel Fernández Gómez.


Outra victoria mais do Sporting Guardés. Fotografía de Manuel Fernández Gómez.


Primeiros alumnos do Colexio P.P. Somascos en Caldas de Reis  vestindo as camisetas verdes do Sporting, inverno de 1958. O padre Somasco Orestes Caimotto natural da rexión do Piamonte (Italia), o seu lado está o actual Alcalde de A Guarda, no outro lado o mestre Manuel Coedo Martínez, o seu lado está Eduardo Uris Guisantes(q.e.p.d.). Tamén: José María Salcidos; José A. Uris Guisantes; Amado Sola Gándara (o que ten a funda da cámara); Tomás López; Justo Fernández Domingos “Queirós” (q.e.p.d.), está o lado do Alcalde (o mais baixiño); Luís Alberto Franco Lomba; Alberto Santos Carrero “Philips”, é dos demais non me lembro….


Conxunto do Club San Bernardo en 1960 nas Festas do Monte.

De esquerda a dereita: Carlos Sobrino “Carlos”; Manuel Vicente “Tito”, Abelardo López “Lito Vaqueiro”; Victoriano Rodríguez Álvarez “Victor”;Luís Cadilla Sousa “Rabano”;Luís Ferreira Lorenzo “Luís”; Domingos Pérez Martínez “Carruallo”e Manuel José Fernández Gómez “Machote”. Abaixo: Victor Manuel Baz Coello “Salmerón”; José A. Uris Guisantes; Ermelindo Pena Alonso “Ermelindo”; Anselmo Ferreira Lorenzo “Selmo”,


Un dos conxuntos do Sporting Guardés dos primeiros tempos. Domingos Pérez Martínez “Carruallo”; José A. Uris Guisantes; Antonio Glez Lomba “Santa María” ou “Escucha”; Ermelindo Pena Alonso “Erme”; Manuel Rodríguez Ferreira “Peolla IIº”; Joaquin Morales González “Quinito”; Benjamin Álvarez Portela “Jamín”; Enrique Silva Peniza “Quique”; Celso Ferreira “Cueviñas”; Manuel Martín Baz “Manolito”; Fernando Rodríguez Álvarez “Fernando”; Fernando Pérez Sierra “Sierra”; Manuel Berrecoso Rodríguez “Berrecoso” e Lúis Alberto Franco Lomba “Berto”.


Fotografía propiedade de Milagros Portela Guevara. Milagros e José Sánchez na presentación do primeiro fillo a seus avós [tía Manuela Alonso e tío Manuel Portela Martínez “O Callóo”]


Nova bandeira do Club Sporting Guardés. Propiedade de don Manuel Sobrino Sobrino, ex xogador do Guardés.

Como curiosidade reproducimos un factura do médico local don Ermelindo Portela Gómez do día 22 de maio de 1962. O lesionado fora Florencio Gutiérrez Melero “Melero”.


O xogador do Sporting Guardés Florencio Gutiérrez Melero quedou lesionado e don Ermelindo fixo unha radioscopia do ombro, logo tivo que ir a Vigo para ser atendido nunha Clínica. A radioscopia valeu 75 pesetas, que tivo que pagar a Comisión de Festas do Monte de 1962.


Acta do encontro amigable celebrado no Estadio do Tecla o 27 de maio de 1962, entre G.D. MIÑO (4 tantos) e SPORTING GUARDÉS (2 tantos). Arbitro: Emilio Correa Canas da Delegación de VIGO.


Un conxunto do Sporting Guardés. Fotografía de Manuel José Fernández Gómez.

GIMNÁSTICA DEPORTIVA MIÑO: Porteiro: Manuel Díaz González “Ligero”; Porteiro Reserva: Luís Pereira Díaz “Licha”; Defensas: José Vázquez Sousa “Meco”; Eladio Aldea Galiñanes; Agustín Alfonso Sousa “Tin”;Francisco Sobrino Barbosa; Medios: Manuel Aldea Galiñanes; Celso Ferreira Silva “Peolla”; Dianteiros: Javier Lafuente González; Eduardo Álvarez González “Ado”; Joaquin Morales González “Quinito”; Victorino Pérez Aldea. Capitán: Eduardo Álvarez González “Ado”.


Un equipo do Sporting con Issac González Costal;Javier Franco Lomba, Manuel Lomba de la Peña; Eliso Berrydi Alonso; Manuel Portela González; Guillermo Ruiz Silva; Florencio Gutiérrez Melero; José María Salcidos Sobrino;Benito Urgal; Fernando Pérez Sierra; Agustin Franco Lomba; Ignacio Rodríguez Álvarez e Javier Lomba Vicente “Lombita”.

SPORTING GUARDÉS: Porteiro: Isaac González Costal “Carlón”; Porteiro Reserva: José María Salcidos Sobrino; Defensas: Guillermo Ruiz Silva; Manuel Portela González “Manolito”; Manuel Lomba de la Peña “Peña”; Medios: Ignacio Álvarez Rodríguez; Benito Urgal; Fernando Pérez Sierra “Sierra”; Dianteiros: Agustín Franco Lomba “Tin”; Florencio Gutiérrez Melero; Eliso Berridy Alonso; Javier Franco Lomba. Capitán: Manuel Portela.

Por primeira vez dende 1958 o Sporting Guardés entra oficialmente nun Campionato de Zoas BAIXO MIÑO – VAL MIÑOR 1963, xogando contra:


Outro conxunto do Sporting Guardés. Fotografía de Manuel Fernández Gómez. 

Tomiño F.C. (campo de O Alivio); Figueiró F.C.(campo de Os Pedregales) de Tomiño; Gondomar F.C.(campo de As Gallandas); Erizana de Baiona (campo de A Palma); Orfanato de Panxón de Nigrán (campo de Vilameán); Deportivo Chaín (campo de A Gándara), e Rápido de Sabarís (campo de A Ladeira).  O Sporting Guardés no Estadio do Tecla.


Primeiros carnés ou fichas do Club Sporting Guardés [antes de federarse]. Este pertence a Andrés Costoya Franco “Sito”, finado no País Vasco en accidente de motocicleta sendo membro da Garda Civil de Tráfico (d.e.p.) un gran rapaz, gran deportista, falecido en plena xuventude. Propiedade de seu irmán político José Martínez Álvarez “Polis IIº”.


Membros da Xunta Directiva do Sporting Guardés no Estadio do Tecla ensinando un dos Trofeos gañados na Festas do Monte, de gafas Manuel Alonso González, ca botella Héctor Rocha Rocha e o lado Esteban Doiro Rodríguez.


Luís Cadilla Sousa “Rabano” Florencio Gutiérrez Melero celebrando a victoria no salón da Pensión España. Fotografía de Esteban Doiro.

 


Uniforme do Sporting Guardés: camiseta amarela e pantalón negro. Nembargantes en Sabariz en 1961 se xogou cas camisetas verdes. De esquerda a dereita: Javier Franco Lomba; Victor Manuel Baz Coello “Salmerón”; Benjamin Álvarez Portela “Jamin”; Antonio González Lomba “Santa María”; Joaquin Morales González “Quinito”; Manuel Rodríguez Ferreira “Peolla Iº”; Fernando Pérez Sierra “Sierra”; Enrique Silva Peniza “Quique”. Abaixo: Celso Ferreira “Cueviñas”; Nemesio Vaquero; Florencio Gutiérrez Melero “Melero”; Manuel Berrecoso Rodríguez “Berrecoso” e Luís Alberto Franco Lomba.


Folla de cobro da empresa do Estadio do Tecla en 1962. Torneo Relámpago organizado pola Comisión de Festas do Monte. Interviron: Cividanes FC; Sporting Guardés; San Bernardo; G.D. Miño; Tecla Juvenil. A empresa cobraba do taquillaxe un 25% das primeiras 1000 pesetas, a partir desa cantidade cobraba un 10%. Mais 217,50 pesetas por Nómina de empregados e taquilleiros e 25 pesetas por Protección de Menores.


“TROFEO VINOS EIROA”. Representante na Guarda don José Couto Macia.

Domingo 15 de abril de 1962: G.D. Miño 2 <> Sporting 3- San Bernardo 3 <> Juvenil Tecla 4.


Anuncio do Bar Celta nos carteis do Torneo Relámpago de 1962.

Día 22 de abril 1962: Sporting Guardés 4 <> San Bernardo de Ribadavila 2- Juvenil Tecla 2 <> Cividanes 1.

Día 1 de maio de 1962: Cividanes 3 <> San Bernardo 2- G.D. Miño 7 <> Juvenil Tecla 2.


Anuncio de Calzados Sobrino nos carteis do Torneo Relámpago de 1962.

Domingo 6 de maio de 1962: G.D. Miño 10 <> Cividanes 1- Juvenil Tecla 2 <> Sporting 6.

Domingo 20 de maio de 1962: Cividanes 1 <> Sporting 7 – San Bernardo 1 <> G.D. Miño 5.


Anuncio da Cafetería Oasis en 1962 nos carteis do Trofeo Relámpago.

Domingo 27 de maio de 1962: Juvenil Tecla 3 <> San Bernardo 3 – Sporting 2 <> G.D. Miño 4.

Alineacións: G.D. Miño: Manuel Díaz González “Ligero”; José Vázquez Sousa “Meco”; Eladio Aldea Galiñanes; Agustin Alfonso Sousa; Francisco Sobrino Barbosa; Manuel Aldea Galiñanes; Celso Ferreira da Silva “Cueviñas”; Javier Lafuente González; Eduardo Álvarez González “Ado”; Joaquin Morales González “Qunito”; Victorino Pérez Aldea; porteiro suplente: Luís Pereira Díaz “Licha”.

Sporting Guardés: Isaac González “Carlón; Guillermo Ruiz Silva; Manuel Portela “Manolito”; Manuel Lomba de la Peña; Ignacio Álvarez Rodríguez; Benito Urgal; Fernando Pérez Sierra; Agustin Franco Lomba; Florencio Gutiérrez Melero; Eliso Berridy Alonso; Javier Franco Lomba. Porteiro reserva: José María Salcidos.

Día 31 de maio de 1962: Cividanes 1 <> Juvenil Tecla 0- San Bernardo 2 <> Sporting 3.


Propaganda das Festas do Monte neste 1962 no cartel dos encontros de fútbol.

Domingo 10 de xuño de 1962:Juvenil Tecla 1 <> G.D. Miño 8 – San Bernardo 1 <> Cividanes 2.

Venres 29 de xuño de 1962: Sporting 4 <> Juvenil Tecla 1 – Cividanes 0 <> G.D. Miño 3.

A final tivo lugar o desempate entre o Sporting Guardés e G.D. Miño, resultado que ignoramos. Temos na memoria que puido ser ó Sporting Guardés, pero non podemos afirmalo rotundamente…..

FOTOGRAFÍA CURIOSA


Deportivo CASTRO en 1949 no campo das Trincadeiras de Goián. Fotografía de José Álvarez Alonso.


Campo de La Palma en Baiona o 3 de marzo de 1963.

Erizana 4 – Sporting Guardés 5. Campionato de Zonas “Baixo Miño <> Val Miñor”. Domingos Pérez Martínez “Mingos”; Manuel Lomba de la Peña “Peña”; Antonio González Lomba “Escucha ou Santa María”; Antonio Alfonso Sousa “Alfonso”; Manuel Martín Baz “Manolito”; Enrique Pena Alonso “Milindo”; Enrique Silva Peniza “Quique”; Victor Manuel Baz Coello “Salmerón”; Luís Alberto Franco Lomba “Berto”; Fernando Pérez Sierra “Sierra”; José A. Uris Guisantes “Uris”; e Bernabé Álvarez Sobrino “Bernabé”(q.e.p.d.). Fotografía de José A.Uris Guisantes.


Sporting Guardés 3 – Rápido de Sabaríz 1. Estadio do Tecla 1º de maio de 1963.  Domingos Pérez Martínez “Mingos”; Ermelindo Pena Alonso; Antonio González Lomba “Santamaría”;Lorenzo Álvarez Alonso “Lorenzo”; Manuel Lomba de la Peña “Peña”;Manuel Martín Baz “Manolito”; Eduardo Uris Guisantes “Lalo” (q.e.p.d.) ;Fernando Pérez Sierra “Sierra”; Javier Franco Lomba “Javi”; Manuel Berrecoso “Berrecoso” e Luís Alberto Franco Lomba “Berto”. Fotografía de José A.Uris Guisantes.

1 de de maio/63, Gondomar 5 – Sporting 3.

12 de maio/63, Sporting  0 – Tomiño 2.

19 de maio/63, Deportivo Chaín 0 – Sporting 4

Continuará …

Redactado por José A. Uris Guisantes el Sábado 23 de Julio de 2005
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.