| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Memoria histórica da Guarda: Club Sporting Guardés IISábado 23 de Julio de 2005
Campión o Tomiño con 20 puntos. O Sporting Guardés quedou en cuarto posto: 14 encontros xogados; 6 gañados; 2 empatados; 34 tantos a favor e 30 en contra. Total 14 puntos.
Tamén en 1963 xoga o Sporting na Copa de Zonas contra: Gondomar; Tomiño; Figueiró; Rápido de Sabariz; Erizana; Orfanato de Panxón e Deportivo Chaín. Toca xogar contra o Chaín que elimina por 1 a 4 tantos logo xoga contra o Erizana de Baiona empatando a O tantos, para caer eliminado en Gondomar, Erizana 2 – Sporting 1. A final foi xogada por Erizana 2 – Gondomar 1. Campión de Copa de Zoas ó Erizana que xogara os encontros con: Rodal; Marcote; Lalo; Galiñanes; Emilin; Flecha, Jesús; Manolo; Tino; Suso e Tura.
Nesta tempada xogaban: Enrique Silva Peniza “Quique”, Javier Franco Lomba, Antonio González Lomba“Santa María ou Escucha”, Manuel Lomba Peña “Manolito”, Antonio Alfonso Sousa “Tonio”, Victor Manuel Baz Coello “Salmerón”, Manuel Berrecoso, Fernando Pérez Sierra, José A. Uris Guisantes “Uris”, Eduardo Uris Guisantes “Lalo” Hermelindo Pena Alonso “Milindo”, Manuel Martín Baz “Manolito”, Lorenzo, Bernabé Álvarez Sobrino “Gento”[gran xogador e excelente compañeiro, por desgracia para todos finado en 1980, tío do historiador local Joaquin Miguel Villa Álvarez] e Domingos Pérez Martínez “Carruallo”. Luís Alberto Franco Lomba “Berto”. Adestrador: José Alfonso Rebollar “Pepiño” de Camposancos, casado con dona Nicasia Sousa a quen por amor abandonou ó ser fichado por un grande equipo de fútbol daqueles tempos, Pepiño poida que sexa un dos mellores dianteiros guardeses de tódolos tempos.
No ano 1964 o Sporting Guardés queda segundo na Liga, cos mesmos puntos que Deportivo Rianxo [gol averaxe], o cadro de xogadores era: Enrique Silva Peniza “Quique”; José A. Uris Guisantes “Uris”; Manuel Rodríguez Ferreira “Peolla”; Benjamin Álvarez Portela “Jamín”; Fernando Martínez Rodríguez “Nando”; Antonio González Lomba “Escucha” ou “Santa María”; José Rodríguez Ferreira “Peolla II”, Celso Ferreira da Silva “Cueviñas”, Nemesio Vaquero “Nemesio”(q.e.p.d.), José Lomba Vicente “Lombita”, Joaquin Morales González “Quinito”(q.e.p.d.); Fernando Pérez Sierra “Sierra”. Por certo, os xogadores do Spòrting nestas etapas non cobraban nin unha soa peseta por encontro xogado, nin se pagaban fichas como agora. Eran totalmente “afeccionados”, o final do encontro acudían o Bar Celta para tomar un “bocata” e un refresco, é ata a próxima semana. Campión: Deportivo Rianxo con 33 puntos. Sub campión: Sporting Guardés, tamén con 33 puntos; 20 encontros xogados;16 gañados; 1 empatado; 3 perdidos; 59 tantos a favor e 24 en contra. Colista o Coruxo F.C. con 7 puntos.
COPA COMARCAL de 1964. O Sporting xoga co Deportivo Rianxo na Guarda gañando por 1 a 0, pero en Rianxo perden os guardeses por 6 a 0, quedando polo tanto eliminados. Campión de Copa: San Miguel que eliminou ao Erizana.
Na tempada 1965/66 o Sporting Guardés xoga o Iº Campionato Rexional de Xuvenís sendo adestrador don José María Silva Vicente antigo xogador do Deportivo Guardés é técnico oleiro na Cerámica Lomba Camiña. Enfróntase con: Porriño Industrial, Deportivo Sabarís e San Miguel de Alcabre, quedando campión o Porriño Industrial.
Vicente; Ramiro; Ignacio; Maya; reyes; Victor; Antonio; Suso; Peniza(1); Narciso(1) e Manuel Sobrino con 16 anos. Fotografía de Manuel Sobrino Sobrino
O día 31 de xullo de 1966 ten lugar no Estadio do Tecla a Iª Copa de Fútbol Casados contra Solteiros con arbitraxe do carteiro local [ é fotógrafo]Lino González Rolle “Cholito” o cal se debe retirar no segundo tempo do encontro ca desculpa de …una retirada a tiempo es una victoria… naturalmente foi substituído por outro paisano afeccionado.
Fotografía propiedade de don Manuel Sobrino Sobrino de Buxán. Festas do Monte 1966. Equipo de CASADOS: De esquerda a dereita: Isaac González González, José Martínez Álvarez “Polis II”, non sabemos quen o seguinte, porteiro Manuel Vicente Portela “Sandrini”, Antonio González Lomba “Santa María” ou “Escucha”, José Vázquez Sousa “O Meco” de Camposancos, José Uris Fernández “Pinta”, Luís Pereira Díaz “Licha”, Manuel Díaz González “Ligero”, Fernando Pereira Díaz “Nando” é Brasilino Martínez Rodríguez “Chelino” da Cruzada. Daquela [1966] era presidente das Festas do Monte don Manuel Díaz González “Ligero” e Alcalde don José Luís García Pérez [anos mais tarde o xogador do Sporting Florencio Gutiérrez Melero casaría con Aida García Rey a filla mais vella do alcalde] Nestas Festas do Monte xogaron tamén o Real Club Celta Xuvenil contra unha Selección Comarcal de Fútbol.
Equipo de SOLTEIROS: De esquerda a dereita: Javier Franco Lomba, Antonio Martínez Vicente, Florindo Rodríguez Lomba “Reyes”, Víctor, Fernando López Ríos “Nanín”[sobriño de don Julián López Ríos] , Ignacio Iglesias, porteiro Rafael Couto González[finado en Puerto Rico], Manuel Sobrino Sobrino, Joaquin Fernández Gómez, Agustin Franco Lomba, Narciso González, Luís Alberto Franco Lomba e David Pérez Cividanes “David” [finado en outubro de 2003, descanse en paz o amigo David].
SPORTING GUARDÉS no verán de 1959 no Estadio do Tecla. De esquerda a dereita: Rafael Couto González “Rafa”[finado fai uns anos en Puerto Rico], Fernando López Ríos “Nanín”[médico cirurxián no Hospital
Na tempada 1966/67 celébrase o IIº Campionato Rexional de Xuvenís do Grupo XVII, intervindo os seguintes Clubs: Rápido de Sabarís, Unión Deportiva Ribera, Goyán F.C., Tyde F.C. , Tomiño F.C. e Sporting Guardés. Queda campión o Tomiño F.C.
O IIIº Campionato Rexional de Xuvenís de 1967/68 da comezo o 1º de outubro, xogando o Sporting con: Agustín Alfonso Alonso “Morita”, Luís Cadilla Sousa “Rabano”, Eugenio, J. Carlos, Luís, Raymon,“Mingos”, Daniel, Paquito, Michelin e Cándido. Adestrador: José Mª Silva Vicente e capitán Eugenio. Xogan contra o Tyde, Louro, Planeta, U.D. Ribera e Tomiño F.C. En 1968 o Sporting Guardés xoga o Campionato Comarcal de Liga Grupo Iº contra: Mondariz, U.D. Ribera, Rápido de Sabarís, Goyan F.C., Caselas, Club Areas, Gondomar F.C., Tyde, Tomiño, Guillarey e Rápido de Vilariño.
Intervén no Campionato Rexional de Afeccionados tamén en 1968, xogando contra o Deportivo Coruxo, Wikingos de Vigo, Arenas de Alcabre, Club Planeta, Club Dunas de Nigrán e Comesaña para entrar no Campionato Comarcal de Liga de Iª División.
27 agosto de 1969. Sporting 3 – Teis de Vigo 0. Goles de Menora, Melero e Manuel Sobrino Queda campión o Mondariz, sendo castigado o Tomiño con tres puntos menos por sanción federativa. O Sporting quedou de terceiro. Xogaban nesta competición: Enrique Silva Peniza “Quique”; Manuel Fernández Gómez “Machote”;Carlos; Andrés Amil Grova “Andrés; Luís Cadilla Sousa “Rabano”, Manuel Rodríguez Ferreira “Peolla IIº”; Raimon; Rufino Silva Martínez, presidente do Club; Celso “Cueviñas”, Manuel Sobrino Sobrino, Florencio Gutiérrez Melero, Tito, Fernando Pérez Sierra, Eduardo González Pinto “Lento”, Luís Alberto Franco Lomba “Berto”, Mora Alfonso, Domingos Pérez Martínez “Minxos”, Paes e José.
Por primeira vez na historia do Sporting en 1969 proclámase Campión da Liga e da Copa Comarcal, gañando no Estadio do Tecla ó Goián F.C. por 4 a 1 tantos [Melero 2 é Berto 2]. Arbitrou o Sr. Huertas de Vigo. Adestrador: José Mª Silva.
Tiveron que xogar contra: San Miguel de Oia(campo A Pirucha); Mondariz (campo da Lagoa); Caselas F.C.( campo de A Gándara);Deportivo Valladares(campo de A Gándara);Club Dunas de Nigrán(campo en Vilameán); Huracán (campo de San Cosme); Goian F.C,(campo do Regatiño); Rápido de Sabarís(Campo de A Ladeira); Deportivo Rianxo (campo de A Madroa); Unión Deportiva Ribera (campo de A Canosa), e Arenas de Alcabre( campo da Ameixeira).
SPORTING GUARDÉS: 22 encontros xogados; 13 gañados; 8 empatados; 1 perdido, 63 tantos a favor; 29 tantos en contra e 34 puntos. ARENAS DE ALCABRE foi colista con 11 puntos menos 3 por sanción. Algúns dos xogadores do Sporting: Machote; Melero; Juan; Vicente; Marcote; Ramiro; Lolo; Melchor Valtierra “Peitiños”; Manolito; Menora; Andrés; Luís; Berto; Chicho; Carlos e Alberto. Presidente do Club: Rufino Silva Martínez. COPA COMARCAL 1969. FINAL. 20 de xullo de 1969 Coruxo F. C. 1 – Sporting Guardés 2 03 de agosto de 1969 Sporting Guardés 2 – Coruxo 2. Campión Sporting Guardés.
Tiveron que xoga-la prórroga o Sporting e Deportivo Coruxo que gañou o Sporting por un tanto a cero, marcando este gol da victoria o xogador Menora, co hándicap de que fora expulsado o xogador Peitiños. Para celebra-lo o evento o conxunto musical local LOS BAMBINOS fixeron unha actuación pública gratuíta na Alameda para festexa-lo éxito deportivo. Pola maña tivera lugar unha caravana de coches pola Vila e na tarde desfile de distintos equipos de Balonmán e Banda de Música no Estadio do Tecla. O remate do encontro foi entregado a Luís Alberto Franco Lomba “Berto” o trofeo de Campión de Liga polo propio presidente da Federación Galega de Fútbol, a Florencio Gutiérrez Melero “Melero”, o trofeo como máximo goleador do equipo é a Manuel José Fernández Gómez “Machote”, o trofeo ao equipo mais goleador e menos goleado desta Liga. A Copa Comarcal foi conseguida cos seguintes xogadores: Juan ( non lembro os apelidos), Enrique Silva Peniza “Quique”, Manuel José Fernandéz Gómez “Machote”, Marcote, Andrés Amil Grova, Chicho (nun lembro os apelidos), Manuel Rodríguez Ferreira “Peolla IIº”, Manuel Sobrino Sobrino “Manolito”, Menora (non lembro os apelidos), Peitiños (non lembro o nome propio e apelidos)[este rapaz de Nigrán finou o pouco tempo nun accidente de motocicleta], Alberto (tampouco me lembro dos apelidos), e Berto Franco Lomba. Arbitrou: LERI de Vigo[ Antonio Nieto Figueroa, que chegaría a ser concelleiro de Vigo durante varias lexislaturas, finado fai uns dous anos] . Contribuíron ó éxito estes outros xogadores: Carlos, Juan, Vicente, Ramiro, Luís, Chicho e Lolo. Nesta etapa era presidente do Club RUFINO Silva Martínez [industrial peixeiro finado hai uns anos], destacando o directivo e anterior xogador Javier Franco Lomba. Este Sporting xogou contra o Español de A Coruña un 9 de agosto de 1969 no Estadio do Tecla perdendo por 2 a 4 tantos. O encontro foi disputado en plenas Festas do Monte sendo presidente don Eduardo Martín Rey e Alcalde don José Luís García Pérez. Na devolución de visita a cidade de A Coruña volve a perder por 0 a 4 tantos.
Club San Bernardo do barrio de Ribadavila en xuño de 1961, contra Sporting Guardés. Eduardo Martínez Vicente de paisano, Carlos Sobrino ,Lito López “Vaqueiro”,Coxiño de Camposancos, Luís Ferreira Lorenzo, Félix Lorenzo, o presidente Antonio Pereira “Toniño”, Victor Manuel Baz Coello “Salmerón”, Anselmo Ferreira Lorenzo “Selmo”, Eduardo Uris Guisantes “Lalo”, Victoriano Alvarez Rodríguez “Víctor” e outros que non me lembro. Un equipo xuvenil do Sporting compite neste ano 1969 no Grupo VI e na tempada 1969/70 volve a gaña-la Liga do Campionato Comarcal de Primeira División vencendo no Estadio do Tecla o 19 de xaneiro de ó Deportivo Valladares por Comentarios
Andres Amil Grova es uno de los jugadores de su equipo. Yo soy mexicana y mi abuelo se llamaba Jesus Rodríguez Grova. No conocemos a ninguno de sus parientes. El llegó de Porriño, España a México, me imagino que a principios del siglo XX. Su primo hermano, sacerdote, vino con él, y se llamaba Emilio Pérez Grova. Me gustaría saber si son parientes de Andrés Amil. Muchas Gracias mira esto simplemente indicar que el portero del guardes, que era mi tio, su segundo apellido era DIAZ, y no Gonzalez. Enviado por: ROBERTO COUTO GONZALEZ el Viernes 4 de Abril de 2008 a las 10:09Comentar este artículo
|