| A web na que todos colaboramos V. 4.1 | |
Memoria histórica da Guarda: Club Sporting Guardés IIISábado 23 de Julio de 2005
CAMPIONATO COMARCAL 1969/70 de PRIMEIRA DIVISIÓN. EQUIPOS PARTICIPANTES: Caselas F.C.(campo de A Gándara); Coruxo F.C.(campo de O Bao); Dunas F.C.(campo de Vilameán); Deportivo Valladares(campo de A Gándara); Goian F.C.(campo de O Regatiño); Huracán (campo de San Cosme); Mondariz(campo de A Lágoa); Planeta(campo de As Pozas); San Miguel (campo de A Pirucha); Sporting Guardés(Estadio do Trega); Tide F.C.(campo de Chau Chau) e Unión Deportiva Comesaña(campo de A Xunqueira).
Campión: Sporting Guardés con 35 puntos; 15 encontros gañados, 5 empatados; 2 perdidos; 59 tantos a favor e 18 en contra. Colista o Goián F.C. con 3 puntos.
O San Miguel foi campión da Copa Comarcal vencendo ao Deportivo Valladares. O Sporting Guardés fora derrotado polo San Miguel na quenda de penaltis, despois dunha prórroga.
Segundo me refire Manuel Sobrino Sobrino. Xogaron: Carlos [gardaredes], Manuel Martín Baz “Manolito; Canina; Garrincha; José Antonio; Xaraiba; Constante Rodríguez González “Tante”[gardaredes suplente];Luís Alberto Franco Lomba “Berto”; Melchor Valtierra “Peitiños”; Chicho, Manuel Sobrino Sobrino “Manolito”; José Manuel Silva[fillo de José María Silva Vicente] e Menora José Antonio, Benito (Manolo), Melchor Valtierra “Peitiños”, [nembargantes vemos a Florencio Melero o lado de Peitiños, mais a Enrique Silva Peniza “Quique”] Garrincha e Berto. Suplentes: Constante Rodríguez González “Tante”(porteiro), Manuel Sobrino Sobrino e Menora.
Arbitrou o Sr. Arroyo, auxiliado por Sr. Chiarroni e Sr. Cousido. O rematar o encontro foi entregado o trofeo de Campión Comarcal de Liga a Berto. Xogaron contra: San Miguel de Oia, Deportivo Comesaña, Deportivo Dunas de Nigrán, Mondariz, Deportivo Coruxo, Club Huracán, Deportivo Valladares, Tyde F.C, Deportivo Caselas, e Planeta e Goián F.C , último clasificado. Os demais xogadores foron. Andrés Amil Grova, Manuel Martín Baz, Pedrito, J. Carlos, Constante Rodríguez González “Tante”, Enrique Silva Peniza “Quique”, Marcote, Menora, Florencio Gutiérrez Melero “Melero”, Ramiro, Eduardo González Pinto “Lento” e Manuel José Fernández Gómez “Machote”.
O Sporting aparece mencionado no Libro Programa das Festas do Monte en 1965 cando o sábado 7 de agosto xoga no Estadio do Tecla contra o equipo GIL VICENTE F.C. de Barcelos (Portugal) na disputa do Trofeo Victoria doado pola aseguradora Assicurazioni Generali de Seguros [o axente na Guarda era Eliso Berridy] e Construcciones Martínez Cividanes. En agosto de 1970 xoga contra o equipo Vila Praia de Áncora (Portugal), gañando por 4 a 1 con: Estevez, Martín, Vilas, Andrés Amil, Xaraiba, Chicho, Eduardo González Pinto “Lento”. Para animalos espectadores a Comisión de Festas enviou a Banda de Música ó Estadio, o final Berto Franco recibiu da Comisión o Iº Trofeo Banco Pastor de Fútbol. CLASIFICACIÓN FINAL DA LIGA DA SERIE –A REXIONAL 1970/71 Por primeira vez na historia do Sporting Guardés xoga na Serie A Rexional, quedando clasificado en 8º lugar con 40 puntos; 14 encontros gañados; 12 empatados; 49 tantos a favor e 52 en contra. Campión: Sociedade Deportiva Compostela con 63 puntos; Colista: Deportivo Silva con 12 puntos.
Outro conxunto do Club Sporting Guardés con Manuel Díaz González “Ligero” de presidente. O sinalado con unha “x” vermella é o amigo David Parada Fernández, sobriño de Joaquin un gran xogados dos anos setenta/oitenta.
En 1969, ó Sporting Guardés Xuvenil quedou clasificado no Campionato Grupo XIV de 6º con 12 encontros xogados, 1 encontro gañado, 3 empatados, 8 perdidos, 10 goles a favor e 48 en contra. En 1970 [Grupo XVIII] quedou de 4º, con 8 encontros xogados, 2 gañados, 2 empatados e 4 perdidos. En 1971[Grupo XVIII] o Sporting quedou primeiro con 16 encontros xogados, 13 gañados, 2 empatados, 1 perdido, 54 tantos a favor e 19 en contra.
En 1972 [Grupo VIII] quedou 7º [por detrás do Gran Peña de Vigo], con 18 encontros xogados, 8 gañados, 4 perdidos, 9 empatados, 17 goles a favor e 44 en contra. En 1973 [Grupo IX] quedou de 6º,con 16 encontros xogados, 7 gañados, 2 empatados, 7 perdidos.
En 1974 [Grupo IX] quedou de 3º con 12 encontros gañados, 1 empatado, 5 perdidos e 25 puntos. No existen datos de 1975/76. En 1976/77 [GrupoXXXII] quedou de 1º con 32 puntos, 15 encontros gañados, 2 empatados, 1 perdido, 59 goles a favor e 10 en contra.
CLASIFICACIÓN FINAL DA SERIE –A- REXIONAL 1971/72 Campión: Gran Peña de Vigo con 61 puntos. O Sporting Guardés queda na 12ª posición con 36 puntos; 13 encontros gañados; 10 empatados; 15 perdidos; 50 tantos a favor e 51 en contra. Colista: Club Palmeira con 19 puntos. CLASIFICACIÓN FINAL DA SERIE – A- REXIONAL 1972/73 Campión: Club Deportivo Lugo con 64 puntos. O Sporting Guardés quedou no 6º posto con 45 puntos; 20 encontros gañados; 5 empatados; 13 perdidos; 66 tantos a favor e 38 en contra.
CLASIFICACIÓN FINAL DA SERIE –A- REXIONAL 1973/74 Campión: Gran Peña de Vigo con 59 puntos. O Sporting Guardés quedou de 12º con 13 encontros gañados, 10 empatados, 15 perdidos, 52 tantos a favor e 58 en contra, con 36 puntos. CLASIFICACIÓN FINAL DA SERIE –A- REXIONAL 1974/75 Campión: Arousa con 56 puntos. O Sporting quedou de 15º con 11 encontros gañados, 11 empatados,, 16 perdidos e 33 puntos. CLASIFICACIÓN FINAL DA SERIE –A- REXIONAL 1975/76 Campión: Sociedade Deportiva Compostela con 66 puntos. O Sporting quedou de 7º con 17 encontros gañados, 5 empatados, 16 perdidos e 39 puntos. CLASIFICACIÓN FINAL DA SERIE –A- REXIONAL 1976/77 Campión: Fabril Club deportivo con 56 puntos. O Sporting queda de 15º con 14 encontros gañados, 5 empatados, 19 perdidos e 33 puntos.
CLASIFICACIÓN FINAL DA SERIE –A- REXIONAL 1977/78 Campión: Alondras con 66 puntos. O Sporting quedou de 17º con 10 encontros gañados, 8 empatados, 20 perdidos e 28 puntos.
Nesta tempada obtivo a Licencia Provisional de Adestrador da federación Galega de Fútbol José María Silva Vicente.
Un 15 de xullo de 1982 saíu elixido presidente do Sporting Guardés [despois dunha crise de dous meses] Leoncio Rodríguez Cividanes. Vicepresidente: Benjamin Álvarez Portela Secretario: Manuel Benito Lomba Portela Tesoureiro: Manuel Rolán Fernández Vocais: Antonio Vicente Portela Antonio Cobal Lomba Jesús Álvarez Baz Alejandro Martínez Martínez Antonio Morais Martínez Adestrador: SANO de O Porriño. O 26 de xullo deste 1982 foi presentada ó novo equipo de futbolistas do Sporting de cara a vindeira Tempada en Serie A Preferente: Porteiros: Sito e Roberto. Defensas: Cayo; Julio; Germán; Alejandro; Parada; Tino; Castiñeiras; Celso e Chao. Medios: Francisco; José Luís; Loren; Fernando e Suso. Dianteiros: Leiviña; Jaime; Mariano; Lastra; Berto e Villa. Baixas de xogadores no Club: Rodri; Javier; Quintana; Miguel; Benito; Puskas; Pintos; Carlos e Seijo. O primeiro compromiso deste equipo terá lugar en Gondomar o día 30 deste mes de xullo, onde participarán nun Torneo Cuadrangular chamado “Trofeo San Benito”. Neste ano 1982 teñen lugar as VODAS DE PRATA DO SPORTING GUARDÉS
Como se sabe o Club Deportivo Guardés, San Lorenzo, Gimnástica Deportiva Miño, San Bernardo, Unión Guardesa, Club Sporting Guardés, San Cayetano, Alameda, Cividanes, La Guía, etc.etc., xogaron no Estadio do Tecla a partir da inauguración no 26 de agosto de 1951. Este campo propiedade dos irmáns Lomba González [ Os das Cachadas], Laureano Trigo Álvarez [ O Galo de Buxán] e Manuel Portela Lomba[Portelita] foi vendido a unha Inmobiliaria para convertelo en PERI nº 5. O Concello de A Guarda a través de Manuel Díaz González “Ligero” tivo a oportunidade de mercalo por 25 millóns de pesetas no ano 1983/84 [ aos donos Laureano Trigo Álvarez, Andrés Raimundo Lomba González e Eduardo Portela Lomba], pero Ligero quería investir nun novo Campo Municipal é non houbo maneira de que cambiara de parecer, neste Campo Municipal de A Sangriña se investiron mais de 40 millóns de pesetas de 1985 é nun reúne ¡nin por asomo! as condicións de aforo e sobre de todo as condicións do terreo de xogo ¡ o do Estadio do Tecla foi considerado polos entendidos un dos mellores de Galicia!, nembargantes o terreo de xogo de A Sangriña…con tódolos respectos para quen lea estas liñas…¡é unha merda!, porque no lugar era un lugar onde se botaba o lixo [papeis, plásticos etc.] afundíndose o terreo, sen drenaxe e sen un sen número de condicións necesarias para un terreo onde se practica o fútbol.
En 1985 don Manuel Díaz González “Ligero” acabou politicamente co grande Estadio do Tecla. Como dixen a propia Directiva do Sporting Guardés dese ano 1985 axudou a pechalo por acepta-lo novo Campo Municipal de Deportes na Sangriña, campo que sigue sendo unha auténtica m…….. Nas “Estipulaciones Primera” figura que se vende por 21.000 pesetas….”en billetes de curso legal”……..unha superficie de D. Agustín Pena Pacheco mercara o antigo Estadio Troncoso a don Luís Fernández Domínguez por documento privado o 1º de xullo de 1942. Cómo se sabe o Estadio Troncoso fora cedido ó Club Deportivo Guardés ca condición de que se non era usado para a práctica do fútbol revertería outra vez a propiedade de seu dono don César Troncoso e seu sobriño político don Luís Fernández Domínguez. A Guerra Civil, fusilamento de xogadores, outros deberon ir obrigatoriamente para o fronte de guerra e a xente non estaba para fútbol……
Nunha palabra se protexeu mais a especulación urbanística que os intereses da cidadanía guardesa….é un 19 de agosto de 1985 tivo lugar a inauguración do campo de Fútbol Municipal de A Sangriña, o saque de honra foi feito por Ligero, a quen lle cabe a “honra” tamén de facer pasar a historia o ESTADIO DO TECLA, o igual que ao Alcalde daquela don Raúl González Puebla que apoiou a Ligero é ao presidente do Sporting tamén daquela don Leoncio Rodríguez Cividanes que acatou o que lle “mandaron”…é un 19 de outubro de 1986 unha pala escavadora das Cachadas eliminou con catro “buratos” o mellor terreo de xogo de Galicia.
Por certo que en xullo de
Abaixo ESTADIO TRONCOSO en 1934 dende O Montiño.Fotografía de Manuel Fuentes.
Remato con outra fotografía “histórica” relacionada tamén co Sporting Guardés, porque moitos alumnos do colexio dos P.P. Somascos de 1957, foron xogadores:
O rematar este traballo infórmome de que a actual Directiva do Club Sporting Guardés fixo entrega da documentación, contas etc.,etc., a disposición do Concello, esperemos que non pase cómo o Deportivo Guardés…..¡Que pasou a historia!… Redactado por José A. Uris Guisantes el Sábado 23 de Julio de 2005Comentarios
Excelente este reportage. No se puede pedir mas Si ustedes fueran tan amables de informarme si existe el club Huracán Campo de San Cosme o si tiene alguna relación con vuestro club, muchas gracias...Pablo A. ZAmora Enviado por: Pablo A. Zamora el Domingo 1 de Octubre de 2006 a las 02:26hola que tal escribo de argentina, mi familia por parte d emi padre es de la guarda.yo poseeo doble nacionalidad y antes de nacer me trajeron para argentina, me gustaria q me den datos del sporting guardes, yo estuve alla hace unso años, me gustaria saber en q division milita, yo soy simpatizante del club comunicaciones de argentina q es amarillo y negro , milita en la tercera categoria del futbol argentino y tambien es amarilla la camiseta, amarilla y negra. me gustaria saber donde puedo tenr informes sobre el sporting y mismo saber algo d emi familia, hasta llegado el caso me encantaria poder mandarles a ustedes una remera o campera del club comunicaciones y q ustedes pudieran hacer lo mismo mandandome una indumentaria de alla. les mando un saludo y espero estar en contacto y ampliar la charla. saludos Enviado por: jose carlos alves moreira el Lunes 31 de Diciembre de 2007 a las 09:53Comentar este artículo
|