Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Oia inaugura o I Festival “Rock do Mosteiro”

Miércoles 17 de Agosto de 2005

Clic para ampliarMáis de seis grupos actuarán neste primeiro festival, que se ha celebrar o vindeiro sábado 20 de agosto, no Eirado do Mosteiro de Oia, a partir das 22.30 horas.

Santa María de Oia, 15 de agosto 2005. Oia celebra este sábado 20 de agosto a primeira edición do festival “Rock do Mosteiro” coa actuación de máis de seis grupos de rock. Os vigueses Skacha (punk rock) e os miñoranos Dakidarría (punk rock con influencia reggae e ska) serán os cabezas de cartel deste festival, no que ademais actuarán grupos chegados da Guarda (Not Now, Chámalle X e Balbordo) e un cantautor local, Fiasco. Espérase tamén a actuación de máis grupos convidados.

O festival botará a andar no Eirado do Mosteiro de Santa María de Oia, o vindeiro sábado 20 de agosto, a partir das 22.30 horas. A entrada é de balde e, por iso, espérase que se acheguen a Oia un grande número de seguidores dos seis grupos que comparten escenario.

O obxectivo deste evento é introducir a Oia no circuito de festivais que teñen lugar todos os veráns polas comarcas do Baixo Miño, O Val Miñor e Vigo. De feito, este é o primeiro festival rock que se organiza en Oia desde hai varios anos e tanto a Asociación Cultural Correlos, como a organización Galiza Nova de Oia queren que o concello sexa coñecido polas actividades culturais e lúdicas que nel se celebran. Ambas as organizacións son as encargadas de xestionar este I festival “Rock do Mosteiro”.

O lugar: un mosteiro cisterciense único en España O “Rock do Mosteiro” vaise celebrar nunha ubicación privilexiada: á beira dun Monumento Histórico Artístico e dun dos cenobios máis particulares de todo o Estado español. Construído desde 1132, baixo o mandado do rei da Galiza Afonso VII, o Mosteiro de Oia é o único cisterciense que se conserva á beira do mar. Os monxes que o habitaron durante séculos destacaron pola súa férrea defensa ante os continuos intentos de invasións e saqueos desde o mar.

Os grupos: dous cabezas de cartaz do rock galego Con catorce anos ás súas costas, os vigueses Skacha conseguiron colocarse entre as bandas máis destacadas do rock galego. No “Rock do Mosteiro” han tocar temas do seu novo e sexto disco (“A ferro e lume”), tal e como fixeron en numerosos concertos por toda Galiza, Euskadi, Cataluña…

Pola súa banda, os Dakidarría veñen de sacar ao mercado o seu primeiro disco, “Fragasaurus Rex”. Procedentes da comarca do Val Miñor, os integrantes deste grupo traballan por facerse un oco entre os mellores grupos do punk rock galego e incluso estatal, xa que este primeiro traballo está a obter boas críticas por mesturar estilos como o punk, o rock, o ska e mais o reggae.

Xunta estos grupos actuarán varias bandas da Guarda. Not Now, Chámalle X e Balbordo –membros todos da “Plataforma Locais de Ensaio Xa!”- e un cantautor de Oia, Fiasco. Ademais, no día do concerto actuarán outros grupos, cuxo nome non se desvelará até que comece o “Rock do Mosteiro”.

Redactado por Redacción el Miércoles 17 de Agosto de 2005
Comentarios

fue genial ,espero que pal año pueda repetirse

Enviado por: vera el Lunes 19 de Diciembre de 2005 a las 16:43
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.