Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Guillermo Vicente Santiago alcalde republicano de Tui en 1936

Miércoles 17 de Agosto de 2005

gvs_p.jpgD. Guillermo nacera en Brasil en 1896, casado con dona María Álvarez Fernández en 1924 en Pintan, mestre sen título, dono e director da imprenta onde- aparte doutros traballos- se editaba o semanario Tribuna [1933-1936], incautada polos falanxista de Tui o 27 de xullo de 1936 [cando entraron os militares sublevados contra a República]. Sabía francés e inglés con tres nacionalidades a española, brasileira e arxentina.

A imprenta estaba a nome de don Manuel Álvarez Portela.

Tamén editaba La Integridad [fundada en 1888, aínda que Soto Freire indica que en 1859 xa se editaba na imprenta de don Lorenzo Pérez Hermida de Tui]…. […] ..La Integridad, órgano del partido carlista de Tuy, uno de los más caracterizados de Galicia]..


Guillermo Vicente Santiago de mozo no Brasil. Fotografía propiedade da familia.

Foi colaborador e correspondente dos semanarios Heraldo Guardés [dirixido por don José Darse Sobrino] e Nuevo Heraldo Guardés [dirixido por don Juan Noya Gil]. Antes estivera empregado no Banco Nacional de Arxentina, logo na Guarda estivo empregado na corresponsalía de banca da familia Nandín sita no baixo da Casa dos Alonso Martínez e mais tarde trasladouse a Tui para traballar co pai do “Xirelo” de Tui.

Falece a causa de tuberculose un 1º de maio de 1940, seus restos que estaban soterrados no cabanón foron postos dentro do cadaleito da súa muller María Álvarez [ súa saúde viña deteriorándose vertixinosamente, perdendo a memoria dende 1972] cando esta faleceu o 24 de febreiro de 1975 a familia de acordo co abade descansan seus restos no cemiterio de Salcidos.

O médico que coidaba  ó Alcalde agochado [dende Tui sen ausculta-lo] era don Darío Álvarez Blázquez [fillo do tamén médico don Darío Álvarez Limeses fusilado en Tui xunto outro médico don Alejo Diz Jurado, alcumados polo pobo “los médicos de los pobres”].


Guillermo Vicente Santiago en Tui 1936. Fotografía propiedade da familia.


D. Darío Álvarez Blazquez.Médico de Tui que atendía a don Guillermo Vicente Santiago, fillo do médico don Darío Álvarez Limeses fusilado en Tui en 1936 xunto a seu amigo tamén médico don Alejo Diz Jurado.

Don Alejo Diz Jurado fora alumno dos P.P. Xesuítas no Colexio Apóstol Santiago de O Pasaxe en 1898 [alumno de IIIº ano] e forma parte da Xestora da Comisión de Antiguos Alumnos en 1920, sendo daquela Alcalde de Tui.


Panorámica do Colexio Apóstol Santiago dos P.P. Xesuítas 1931

Coincidiron no IIIº ano con don Alejo no Colexio de O Pasaxe:  Angel Donesteve y Pérez de Castro, Fernando Barreras Massó, José Taboada Zúñiga, Julián Pérez Esteve e Vicente Varela Radío.

O comezo da sublevación militar contra a II República o día 18 de xullo de 1936 o deputado agrarista do Baixo Miño don Antón Hipólito Alonso Ríos [ que tamén fora director da escola El Porvenir de Tomiño] recorre o Baixo Miño, chega a Vila de A Guarda e desprázase ata Oia, para ver cómo se podía organiza-la defensa contra os sublevados. Concentran as forzas do Destacamento da Mariña sito no  Pasaxe-Camposancos[o Contramestre sería logo fusilado polos “nacionais”], e unhas cantas parellas de carabineiros [os gardas civís habían acudido a Marín por problemas de orden público], nesas mesmas datas aterra unha avioneta particular no aeródromo de A Canosa (O Rosal) pilotada por don Francisco Bofill [ logo aviador republicano que finou en combate o 18 de febreiro de 1937].    

A Xunta de Defensa de A Guarda presidida polo Alcalde don Brasilino Honorio Álvarez Sobrino confisca a avioneta ordenando botar “panfletos” contra a sublevación militar dende o aire en Vigo.

Os militares que xa tiñan conquistado Vigo [ agás Lavadores que caeu uns días mais tarde], ordenan que hidroavións da Base Naval de Marín [ día 20 de xullo/36] se dirixan A Guarda, onde metrallan a avioneta na Canosa e deixan caer unhas bombas.


Felipe Sánchez Rodríguez, comandante militar da praza de Vigo durante a II República, sublevándose contra ela o  20 de xullo de 1936, xunto o capitán Antonio Carreró Vergés: O cargo de comandante militar foi referendado polos mandos sublevados, ou “mandos nacionais”.

O día 23 de xullo o comandante militar de Vigo Felipe Sánchez Rodríguez [ comandante do Rexemento de Infantería Mérida nº 29 a quen o Concello de Vigo os poucos meses lle concedeu a Medalla de Platino “polos méritos propios”, nomean “Hijo Adoptivo” e acordaron poñer seu nome a unha rúa] ordena ao capitán de Carabineiros don Marcelino Rodríguez Blanco que declarase o Estado de Guerra nesta localidade [TUI] e fusilase a tódolos dirixentes do Frente Popular, negándose este a facelo.

Igual que na Guarda estaba formada legalmente, dende os primeiros días, a Xunta de Defensa do Fronte Popular en Tui que estaba presidida polo Alcalde don Guillermo Vicente Santiago [ a súa vez presidente do Partido de Izquerda Republicana(*) de Tui], polo médico don Hermenegildo Losada [ presidente do Fronte Popular],  o deputado Antón Hipólito Alonso Ríos, o farmacéutico don Ulpiano Piña, o comerciante don Manuel Romero, é o panadeiro don Gumersindo Rodríguez como representante sindical da CNT quen sería fusilado nos primeiros días.


Antón Hipólito Alonso Ríos deputado en 1936. Un dos “fuxidos” do Baixo Miño en 1936. “Sr.Afranio de Amaral ou como me rispei das gadoupas da morte” [Serie Alexandre Bóveda-Edicións Castrelos], foi o libro que publicou sobre a represión sanguenta militar<>falanxista no Baixo Miño.


Libro de Antón Hipólito Alonso Ríos publicado en 1979 e prologado por don Xosé María Álvarez Blazquez.

  Antón Alonso Ríos nacera na localidade de Cortegada (Silleda) en agosto de 1887, mestre, deputado agrarista e galeguista, o líder politico do Baixo Miño, coverteuse o 26 de xullo de 1936 nun “fuxido” buscado polos militares sublevados, pero sobre de todo polos falanxistas da “Escuadra del Amanecer” para ser “paseado”. Durante tres anos, disfrazado de probe e de criado co nome de Afranio do Amaral consigue non ser detido para mais tarde fuxir para Portugal e embarcar con destiño Arxentina. 


Guillermo Vicente Santiago con súa nai [a señora do pao] e tía na Bisorca-Pintán. Fotografía propiedade da familia.

As primeiras medidas adoptadas polo Comité de Defensa para defendela República  [ diante do cariz que estaban tomando os acontecementos en Vigo, a Coruña, Ourense, Santiago etc.], foron  deter a todos aqueles militares e líderes da dereita local para evitar que seguiran conspirando contra a República.

Entre eles o Tenente de Carabineiros D. Salvador Buhigas Novo por “conspiración contra la República y apoyar a los sublevados”.

D. Guillermo, para evitar desmans ou vinganzas contra o clero en Tui [que non se fixeron], ordena a retención dos sacerdotes para telos baixo vixilancia, preguntando ao bispo onde quería que os enviase, recibindo mais tarde unha carta persoal do bispo [daquela era don Antonio García García que ocupaba a diocese dende xullo de 1931 e deixouna o 14 de febreiro de 1938 para ir de bispo a Valladolid]  onde lle daba as gracias pola “forma delicada con que el Sr. Alcalde había tratado a los sacerdotes”.

Comezan os combates o día 24, seguen o 25, chegando mais tropas de artillería da 6ª Batería do Rexemento Mixto de Artillería Nº 15 de Pontevedra, falanxistas de Vigo e mais tropas de Ourense, e as tres da tarde do 26 de xullo remata a resistencia dos defensores da II República [ armados a maioría con escopetas de caza], entrando en Tui as tropas e falanxistas.

Comeza a persecución polos montes e de seguido aparecen camións con cadáveres de republicanos, entre eles o panadeiro e sindicalista Gumersindo Rodríguez [ membro da Xunta de Defensa].

Un dos primeiros detidos foi seu amigo, o mestre de Forcadela (Tomiño) don Hipólito Gallego Camarero paseado [ violentado seu corpo por múltiples feridas] e tirado nunha cuneta de Mondariz, súa muller dona Josefa García Segret foi detida o 15 de agosto comezando un auténtico calvario de prisión en prisión que durou oito anos.

O 4 de agosto era “paseado” o secretario do Xulgado Municipal de Tomiño don Francisco Rodríguez Otero “Paquiño de Figueiró” [politico agrarista, xogador do Goián e colaborador de Nuevo Heraldo Guardés]


Dona Josefa García Segret e don Hipólito Gallego Camarero en 1930

Fotografía extraída do libro de dona Josefa ¡¡ABAJO LAS DICTADURAS!!

Libro esgotado que fora editado por ela mesma en 1982 en “Artes Gráficas Galicia S.A.”  

Os militares entran a tardiña do 26 en Tui, liberan o Tte. Buhigas [mentres os falanxistas apodéranse da imprenta de don Guillermo], é este ponse o fronte de militares e falanxistas recorrendo a estrada C-550, pasa por Tomiño, O Rosal e chega A Guarda o 27 de xullo de 1936 e as 14,30, entra na Casa Consistorial, cesa ao Alcalde republicano Brasilino Honorio Álvarez Sobrino, e nomea Alcalde [ en nome do Comandante Militar da Columna que opera en Tui] a don Francisco Moreno Álvarez “Paco Moreno”, presidente do Partido Unión Patriótica[creado por don Miguel Primo de Rivera y Orbaneja Marqués de Estella e pai de José Antonio Primo de Rivera fundador da Falanxe] e armador local. 

As tropas contra as que loitaron os republicanos nos días 24, 25 e 26 de xullo/36 na costa de A Moura  procedían do Rexemento de Artillería nº 15 de Pontevedra [a 6ª Batería permanecería en Tui o mando do capitán Eduardo Rodríguez], de Ourense e de Vigo, sumándose varias ducias de falanxistas da zona.     

Pola parte republicana combateron quince carabineiros o mando do capitán don Marcelino Rodríguez Blanco [logo fusilado], o brigada de carabineiros de Ponte Caldelas de Tui Agustin Pérez Rodríguez, o brigada Laureano Doniz Martínez  o sarxento Mayoral, seis números da Garda Civil, mariños tripulantes da canoneira Cabo Fradera as ordenes do Tte de navío don Joaquin Varela de Eguilaz [20 anos de prisión militar, gracias o certificado médico de don Darío Álvarez Blazquez], mariños do Destacamento da Mariña de O Pasaxe o mando do contramestre, membros da CNT, e paisanos do Baixo Miño armados con unhas simples escopetas.

O 7 de dedecembro de 1936 foron fusilados na Corredera de TUI o Alcalde de A Guarda don Brasilino Honorio Álvarez Sobrino, don o concelleiro socialista de Camposancos don Camilo Carrero Lorenzo, don José Manuel Vicente de A Guarda, don Francisco Lloret de A Guarda [dono do Hostal-Restaurante “El Argentino” sito no nº 1 da rúa Calvario] e Juliano Diaz carteiro de A Guarda.

Tamen foron fusilados o 16 de setembro de 1936 o maquinista da Aramada don Luís Rey Díaz, o mestre don Eduardo Gallart Ruiz, os brigadas de Carabineiros don Laureano Dóniz Martínez e don Agustín Pérez Rodríguez, o sarxento de Carabineiros don Juan Mayoral Hernández, os carabineiros don José Fernández Novoa, don Benito Tamajón Muñiz, don Enrique Ros Samitier, don Eulogio Moreno Luna, don Andrés Coscollano Fose, don Emilio Osuna Molinas, don Francisco Arenal Martín, don Antonio Medina Salmerón [Faro de Vigo 17 de setembro de 1936, páxina catro]


Guillermo Vicente Santiago en Brasil. Fotografía propiedade da familia

 Neses desgraciados días atopábase en TUI [facendo exercicios espirituais] o mais tarde Cardeal don  Vicente Enrique y Tarancón [ un dos artífices – despois da morte de Franco – da Transición Española], quedando fortemente impresionado da dura represión practicada polos militares e polos falanxistas, lembranzas estas que logo levouno a escribir un libro de “Memorias”[Editorial Planeta-1982-pax.62]…

[….] me empezaron a desconcertar las represalias que en Tuy se tomaban contra hombres que habían pertenecido a partidos de izquierda. Me escandalizó el ver que se fusilaba a gente por posturas idelológicas e incluso por rencillas personales. Aquello me impresionó muchísimo….

Unha vez rebentadas a canonazos  a defensa dos republicanos na curva da Moura uns entréganse [ logo de prometerlles salva-la vida se se rendían, foron metrallados e levados nun camión a Tui], outros tornan a seus fogares e uns poucos bótanse o monte, entre eles don Guillermo e don Antón Alonso Ríos que se refuxian na casa de Donata en Torroña (Oia), pero don Guillermo debido a problemas pulmonares non pode seguir no monte con Alonso Ríos e decide irse a agochar no domicilio familiar en Pintán (A Bisorca) a onde o leva Martina.


Guillermo Vicente Santiago con súa filla Mariña Vicente Álvarez en Pintán. Fotografía propiedade da familia.

Nos días 28 de xullo/36 e seguintes Antón Alonso Ríos e o Alcalde de TUI Guillermo Vicente Santiago [segundo relata Alonso Ríos] auxiliados por compañeiros de Tebra estaban en Cristelos [axudados polos paisanos agraristas] no lugar de As Furnas sendo levados a casa dos Bouzada “un dos bos e xenerosos a quen lles dan un afervoado recordo de gratitude”…, o 30 están en Vilachán do Monte, pola noite chegan a Torroña a casa da nai de Lola e Donata onde estiveron ata o 11 de agosto [Celestino Gradin era quen os axudara xunto a Pepe de Vilachán]. O 12 e 13 están nun alboio esperando os contrabandistas que “pasaban” a Portugal sen ter resultado algún, voltando o lugar de orixe, ata o día 19 de agosto onde os dous compañeiros se separan (xusto no lugar do Curro de Torroña) para sempre…..

Lola e Donata acompañaron a Guillermo ata Pintán porque estaba xa mal de saúde afectado pola tuberculose, mal alimentado e sobre de todo polas condicións ambentais. Agochado nun “zulo” da bodega da Bisorca en Pintán  en tan malas condicións a enfermidade agrávase –pese as mediciñas receitadas por don Darío mercadas na Framacia de Sabarís- morre no cabanón da súa casa, xusto os catro anos de haberse despedido de Antón Alonso Ríos na esplanada do Curro de Torroña……[Historias de fuxidos de don Darío Álvarez Bázquez.VIII: Enterrado na bodega (La Voz de Galicia 26 de xuño de 1977).

Relata don  Darío […..] “Guillermo Vicente Santiago perdeu logo aquela espranza (de sanar) e o pouco que gañara con aquel medicamento, ao ter unha hemoptisis mui grande. Na derradeira carta despedíase de mín, con palabras de fondo agarimo e gratitude. A muller e a súa nai, aquela velliña que tantos viaxes fixera á miña casa caváronlle a fosa na mesma bodega que fora o seu acocho en vida. Morreu o día 1 de maio de 1940. A muller morreu ainda fai solo dous anos o 24 de febreiro do 75, asegún dí Noya no seu libro, onde conta dunha visita que estando il fuxido lle fixo a Guillermo no seu escondite, onde xa o atopou mui enfermo. Dí tamén que, cando a

muller[ dona María Álvarez] foi enterrada, no seu cadaleito foron os restos de Guillermo para o camposanto….” 

Nesta mesma casa da Bisorca foi visitado en 1939 por Juan Noia Xil quen lle aconsella [….] que agardase a ver o que ocorría. 

D. Manuel Vicent no xornal El País [15 de xuño 2003]di sobre a II República […] SUEÑO DE INTELIGENCIA Y LIBERTAD de la IIª República, ahogado en sangre, y que quedó convertido en la flor de verbena de la Residencia de Estudiantes, espacio mental de los poetas de la Generación de 27…

A familia de don Guillermo debe facer fronte a vida nos primeiros anos da posguerra, continuas “visitas” dos falanxistas a casa da Bisorca para tratar de atopa-lo [ circulaba a versión de que se atopaba escapado xunto a don Antón Alonso Ríos], na escola os fillos Marina, Tito [Laureano] e César debían de aguantar as acusacións de “rojos” por parte doutros escolares e algunhas vexacións.

Tiñan un canciño de nome “León” nesta casa da Bisorca que “avisaba” cando se acercaban os falanxistas para facer o rexistro de “rigor”, e levaba os recados [papeliños escritos dentro da correa] para indicar en que lugar da aldea estaba escondido [ Juan Noia Xil en Fuxidos páxina 332 e seguintes edición Venezolana].

Súa nai percorría as romarías, feiras e mercados da Bisbarra do Baixo Miño e Val Miñor [sobre de todo a zona de Sabarís] para vender rosquillas e outros productos cargando un burriño e aproveitando ir a Farmacia de Sabaríz co obxectivo de merca-las medicinas [antituberculostáticos e preparados a base de codeína para mitiga-la tose, etc] que o médico don Darío Álvarez Blazquez lle receitaba para don Guillermo [sempre de oídas porque non podía visitalo en Pintán nin o enfermo podía trasladarse a Tui].


Guillermo Vicente de Santiago no monte vendo os cabritiños da familia. Fotografía propiedade da familia.

A tía María [como sempre a coñecemos] atravesaba co burriño o monte de Oia ata baixar por Bahiña, inverno e verán, chovera ou ventara.

Súa filla Marina casa co mestre carpinteiro don José María Peniza “Junío” nacendo unha filla Carmiña. César traballa o campo [invernadoiros- criadeiro de polos]  dende novo, casa na Proba nacendo un fillo e unha filla, hoxe está xa retirado e gracias a seu tesón logra unha certa estabilidade económica. Laureano “Tito” emigra dende moi novo a República Dominicana instalándose xunto outro socio na cidade de Santiago de los Caballeros onde dirixía un comercio de calzado chamado La Parisién, casado con unha nativa nacen dúas fillas e dous fillos a maioría dos cales viven en Pintan. Hopxe Tito está retirado vivindo na casa paterna da Bisorca……….

O médico e escritor que atendeu a don Guillermo Vicente Santiago don Darío Álvarez Blázquez ]1910-1979]  era fillo de don Darío Álvarez Limeses, médico e xornalista, defensor das liberdades, “médico dos pobres de Tui” fusilado en Tui o 30 de outubro de 1936, xunto a don Alejo Diz Jurado.


Camilo Carrero Lorenzo grande amigo de don Guillermo Vicente Santiago, fusilado en Tui xunto ó Alcalde de A Guarda don Brasilino Honorio Álvarez Sobrino en 1936.

Don Darío nace en Tui un 21 de setembro de 1910, licenciado en medicina e cirurxía por Santiago de Compostela no curso 1931-32, médico especialista do aparato circulatorio e do aparato respiratorio.

Presidente do Partido Galeguista de Tui nos anos trinta ata a guerra civil, tisiólogo por oposición do Patronato Nacional Antituberculoso dende 1933 a 1936, nomeado tisiólogo no Centro Secundario de Hixiene Rural de A Guarda. Médico en Tui 1932-42, asistindo daquela a varias comunidades de pobres e desamparados como as Madres Doroteas, Hermanitas del Asilo  de Ancianos Desamparados, Franciscanas de Clausura etc.         


Panorámica do Centro Sanitario en 1932. Fotografía propiedade de Carlos Martínez Troncoso. 

Don Darío pasa a vivir e traballar en Vigo, en 1947 foi detido en Vigo xunto a varios profesionais por pertencer a U.I.L. [Unión de Intelectuais Libres], en 1974 funda o Movemento  Socialista de Galicia [M.S.G.], fusionados mais tarde co P.S.G. [Partido Socialista  Galego], abandonando o partido en 1979. Foi médico asesor de PESCANOVA, empresa na que fixo unha profunda labor profesional.

Casado con dona Carmen Gándara “Carmiña” tiveron dous fillos don Darío e don Alfonso Álvarez Gándara [ avogado e concelleiro por Unidade Galega sendo alcalde Manuel Soto].


Guillermo Vicente Santiago [dereita] no Brasil con un irmán. Fotografía propiedade da familia.

Don Ramón Cavanillas escribiu uns versos dedicados a seu pai  en 1952 que entregou en Madrid, envoltos nun xornal para evitar que a policía secreta os detectase, titulase:

CAVILACIÓNS

A boa memoria do mártir Darío Álvarez Limeses
¡Ou Terra mergullada na barreira
do infindo dor, en tráxico desmaio,
cando escoito o teu laio
sinto o degaro ardogo
de vida cega e xorda da toupeira
e o silandeiro furo do sartego!.
Dempois de impío devanceiro estrago
ficou sangrando o corazón da terra
sobor dos hosos do señor Sant Yago.

Nos abertos, segueiros e cunetas
carnes apodrecidas procederon
en moradas e tristes violetas.
O tesouro froral de uces e toxos,
debullan as chorimas amarelas
e os gromos saien polo sangue roxos.

O forno familiar ten pan acedo,
nas fiastras salian voces mortas
e atranca as portas do fogar o medo.

O can oubea espantos na palleira,
nas ruinas das chouzas prangue o moucho
e hai pantasmas no fume da lareira.

Non baten as campanas
máis que a cabo de ano
e as misas gregorianas

Si a grea torna da romaxe á ermida,
onde foi a pregar a paz perdida,
os foguetes que estalan,
abrindo un novo laño na ferida
de outros estrondos fala,
e as nais, chorando, o corazón desfeito,
os filliños apertan contra o peito,
e os pais, tremendo de carraxe calan.

O sangue, durecido, rouro,
tingue os valos dos probes camposantos;
un estricado, barborante estroudo
urra na escuridade dos recantos
de carballeiras, matos e piñales;
a fraticida furia
enche de espantos, de tremor, de anguria
o cocho dos piedosos milleirales.

¡Ou sacra, Terra miña, encravuxada
da fonte da crueldade,
da inxusticia e da forza asoballada!.

¡Quen te vira alonxada
deste mando de lobos carniceiros,
camiño da lumiosa sereidade,
bogando antre luceiros
no saturnal anelo da Saudade!.

Ramón Cabanillas 26/X/1952
[Publicado en La Voz de Galicia o 27 de xuño de 1976]

——————————
Nota:(*) O Partido de Esquerda Republicana [ no ano 1936 dentro do Fronte Popular que foi unha coalición dos partidos políticos de esquerdas que se presentaron as eleccións celebradas en febreiro de 1936] foi fundado por don Manuel Azaña Díaz [1880-1940], integrado tamén pola ORGA [ Organización Republicana Galega Autónoma, dirixida por don Santiago Casares Quiroga ] e o Partido Radical-Socialista de don Marcelino Domingo.
…………………………

D. Guillermo, o igual que a maioría dos políticos do Baixo Miño estaba tamén relacionado ca ORGA e cos nacionalistas moderados do Partido Galeguista[ fundado por don Antonio Vilar Ponte].

Por certo que o Partido Galeguista pasou dende 1918 de telo concepto de “GALICIA como NACIÓN” a 1931 a “GALICIA, célula de universalidade”, e na II República non detentaba- por si mesmo- o nacionalismo galego. 

D. Guillermo ten contactos con Alexandre Bóveda e Francisco Rodríguez Castelao cando estes dedícanse a facer propaganda política en 1931 para consolidar o Partido galeguista na provincia de Pontevedra.


Dona Josefa García Segret ós 54 anos. Mestra en Forcadela, outra represaliada polos militares<>falanxistas en 1936, primeiro foi seu compañeiro Hipólito Gallego Camarero fusilado re martirizado en Mondariz, logo seu pai que falece de pena mentres ela estaba de prisión en prisión e ca pena de morte enriba. Salvou a vida gracias a axuda das propias presas na prisión de Tui [baixo do Xulgado de Tui] e sobre de todo do médico don Darío Álvarez Blazquez que asinou o certificado do aborto simulado….Autora do libro “Abajo las Dictaduras” hoxe esgotado.

D. Alejo Diz Jurado e D. Darío Álvarez Limeses, dous auténticos mártires da represión falanxista, segundo Dona Josefa García Segret [….] considerados por el pueblo cómo los Patricios por las virtudes que encarnaban sus bondadosos actos, y aún hoy (1982) se les recuerda como “padres de los pobres de Tuy”.


Bandeira da II República Española.

Hipólito Gallego Camarero mestre de Forcadela asasinado en Mondariz o catro de outubro de 1936, o final do calvario, cravado en terra por unha baioneta, cando apareceu tirado na cuneta estaba totalmente desfeito, de tantas barbaridades cometidas contra seu corpo. A viúva dona Josefa García Segret acusa e nomea no seu libro Abajo Las Dictaduras a: Francisco Pino de Forcadela, Álvarez Aldir, Manuel de Santiago, Gumersindo Alonso “O Rubio”, Tomé e Pablo Bugarin Domínguez.

Dona Josefa García Segret esposa do mestre mártir Hipólito Gallego Camarero finou en agosto de 1986, despois dunha estadía na Vila de A Guarda na casa de María Baz e de Manuel Domínguez Pacheco “Taxota” , súa muller Concha Andrés García foi unha das mulleres presas en Tui que axudara a dona Josefa.

O avogado e militante socialista de Pontevedra don Gonzalo Adrio Barreiro [familia tamén represaliada en 1936] escribe un artigo en La Voz de Galicia o venres 5 de agosto de 1986, citando unas frases del libro”Abajo las Dictaduras”:

[…] También es una formación para los jóvenes de hoy que no conocen las guerras ni sus horrores; leen las narraciones verídicas para que las juzguen como el peor mal que cae sobre la humanidad, cuando alguien por ambición de poder desata una guerra y con ella quizá…una conflagración mundial. Vivamos en paz y apartemos los mal entendidos….

     Para cando os cidadáns e póliticos da cidade de TUI deixarán o recoñocemento destes mártires republicanos baixo miñotos…¿ou queren esquecer unha importante faceta da historia de Tui?. O esquecemento da verdade non é o mellor que pode facer un pobo………

Escribía Alfonso Daniel Rodríguez Castelao dende Bós Aires en 1942, respecto de Alonso Ríos….

           [….]  xa no temos a Galiza diante dos ollos; pero ambos levámola no corazón e no pensamento. Non vivimos de recordos, como viven os vellos carcamáns, senón de ilusións frorecidas en novos anceios………

Pero neste caso de poder homaxear a un Alcalde de Tui nin existen os recordos OFICIAIS………..

José Antonio Uris Guisantes.

Relacionado con don Guillermo Vicente Santiago, Alcalde de TUI en 1936 traemos este artigo:

ABSOLUCIÓN DO XORNALISTA, ESCRITOR E PROFESOR TITULAR DA CÁTEDRA DE DEREITO DA INFORMACIÓN NA FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS DA UNIVERSIDADE DE VIGO D. FERNANDO RAMOS FERNÁNDEZ, POR PARTE DO TRIBUNAL SUPREMO.

O escritor fora denunciado e acusado de calumnias por unha familia de Tui relacionada [ algún familiar] ca represión franquista en Tui a raíz da publicación deste artigo no xornal La Hoja del Lunes do día 13 de xullo de 1981.

Título: TUI AQUEL VERANO DEL 36.
Testimonio histórico de uno de los más significativos procesos contra republicanos gallegos.
“Seis hombres buenos ante el Pelotón”.

Texto:
“El culpable de esta masacre de siete personas fue el oficial del Juzgado de Primera Instancia e Instrucción de Tui, Pablo Bugarin Domínguez. Este cacique antes de que entraran las tropas llamadas nacionales tenía preparada la lista de las personas que debían de desaparecer si el sistema fascista se implantaba.

Es la tenebrosa sombra del cacique que mueve los hilos de la revancha. Podía decidir sobre la vida y la muerte de muchas personas cuyo delito mas grande era el de tener fe en la República y en el Orden Democrático.

La familia del entonces Alcalde de Tui [ que fue uno de los que consiguieron escapar del pelotón de fusilamiento] nos facilita algunos recuerdos de D. Guillermo Vicente Santiago y sobre todo nos da cuenta del expolio cometido por aquellas fechas contra las propiedades de su padre y de su abuelo.

Tenían una imprenta en Tui donde su padre publicaba el semanario Tribuna. Esta imprenta estaba a nombre del padre del Alcalde D. Manuel Álvarez Portela, el cual al ver que su hijo era perseguido se mostró incapaz de reclamar la imprenta que les había incautado las huestes de Bugarin.

D. Guillermo se murió el 1º de mayo de 1940 en el escondite donde lo tenía su familia en el barrio de Pintán ( A Guarda), su muerte le sobrevino después de una fuerte “emoptisis” ya que pasara por muchísimas privaciones y estaba tuberculoso en grado avanzado, así es como lo manifestó el Dr. D. Darío Álvarez Blazquez en varios de sus escritos, pues él era el médico que lo atendía desde Tui [ por medio de familiares que le explicaban el curso de la enfermedad], luego estos familiares [ la mayoría de las veces su madre] se trasladaban a Sabaris [Baiona], a través del monte, para comprar las medicinas debido a que todos ellos estaban muy vigilados por los falangistas de A Guarda.

Lo enterraron en Pintán en el suelo de un cabanón y cuenta una parienta de la familia [Martina] que ése día había muchos pajaritos cantando por enmedio de las verduras y por los tejados.

Sobre la propiedad de la imprenta quienes pueden facilitar algún dato son dos personas afincadas en Tui en aquellas fechas, y que eran amigos de D. Guillermo, y eran el médico Dr. Losada y el farmacéutico D. Ulpiano Piña a los que perseguían también los fascistas por si podían cogerlos en algún fallo.


Guillermo Vicente Santiago instruíndose un pouco mais. Fotografía propiedade da familia.

D. Guillermo era un hombre muy preparado culturalmente, sabía hablar correctamente tres idiomas [ francés e inglés, entre ellos]. Nació en el Brasil y tenía tres nacionalidades, brasileña, argentina y española.


Guillermo Vicente Santiago. Fotografía propiedade da familia

Estuvo empleado en el Banco Nacional de Argentina, después estuvo empleado en A Guarda, en un Banco que poseían la familia Nandin, situado en los bajos de la casa de la familia de los Alonso Martínez. Luego se fue para Tui a trabajar con “Xirelo” como administrador [ padre de uno de los propietarios del Monasterio de Oia, luego vendido a la familia Masaveu], el edificio donde trabajaba era en la misma entrada de Tui desde A Guarda.


Guillermo Vicente Santiago no Banco Nacional de Argentina. Fotografía propiedade da familia.

Al final fue cuando montó la imprenta en Tui.

Era como ya dijimos un hombre culto, poseía una buena biblioteca, la cual a raiz de su fuga [ cuando calló la barricada de la curva de A  Moura el 26 de julio de 1936] la familia la hizo desaparecer, enterrando la mayoría de los libros en lugares que hoy son desconocidos, ya que se llevaron a la tumba su secreto.

Era muy amigo del diputado agrarista D. Antón Alonso Ríos con el que se había escapado en los primeros momentos [caída de las defensas en A Moura, Tui] y al que tuvo que abandonar para que siguiera su camino, ya que él no era capaz de seguirle pues ya estaba muy cansado, eso fue en Torroña [ OIA].

Una de las anécdotas es la que sucedió con el perro que tenían en Pintán llamado León que era el que se encargaba de avisar con sus ladridos cuando llegaban los falangistas, también era el que daba los recados a la familia, comunicándoles por medio de un papelito, puesto debajo de la correa, donde era el campo en que se encontraba en aquel momento D. Guillermo, para que le llevaran de comer, ya que está comprobado y atestiguado por la propia familia que D. Guillermo después de que “Martina” lo fuera a buscar en un carro, cuando se encontraba fatigado en Torroña y ya no podía seguir a Alonso Ríos que siempre….siempre, estuvo escondido o bien en casa, debajo de una especie de “presa”, o bien en los campos que circundaban la casa familiar.

Marina, César y Laureano “Tito” son los hijos habidos en el matrimonio con María Álvarez, los cuales hoy en día tienen formadas sus respectivas familias, la discriminación que sufrieron fue muy importante, en las escuelas donde ellos acudían eran pegados e insultados soezmente, tildándolos la mayoría de veces de “rojos”y “comunistas”.

En aquellos tiempos en que perseguían a su padre y al oir los ladridos de aviso del perrito León se escapaban y se escondían donde podían ya que siempre que entraban en su domicilio los falangistas a cualquier hora del día o de la noche, y siempre en grupos de más de seis miembros ya que en su interior debían sentir miedo hacia la persona que ellos perseguían y así de ésa manera se “arropaban” unos a otros.

En el libro de D. Juan Noya Gil “Fuxidos” también hay unas páginas dedicadas a D. Guillermo Vicente de Santiago [página 332 y siguientes].

Lo que lamentamos es el no tener algún documento de las propiedades incautadas por los fascistas de Tui ya que casi todos fueron destruidos y ésta citada familia nunca recibió nin un céntimo por esas propiedades, una buena medida sería el investigar en los archivos del Juzgado de Tui por si hay algo que arroje un poco de luz sobre el asunto.


Guillermo Vicente Santiago nos anos mozos. Fotografía propiedade da famiia.

 A estos dos  hombres gallegos aún no se les ha hecho un homenaje público para paliar, después de tantos años, el olvido en que se les ha tenido y sobre todo a D. Brasilino Álvarez Sobrino verdadero mártir, cuyo único delito fue ser el Alcalde cuando entraron los fascistas en A Guarda.

Lo de entrar es un detalle ya que la verdad es que estaban en A Guarda muchos de ellos pero como eran “cobardes” no se atrevieron a salir a la calle hasta que estuvieron bien seguros de que iban a ganar, algunos no sabían ni de que iba la cosa ya que eran “chaqueteros” y si cambiaba el viento igual se pasaban al lado contrario.

Aunque en los primeros momentos de la llegada de los militares a A Guarda hubo confusión y le dió tiempo [ a Brasilino] para escaparse en una motora [propiedad de Paco Moreno, luego nombrado Alcalde por los militares, dimitiendo una vez supo de que iba la “cosa” ], Brasilino se negó en redondo a escarparse., ya que según el no le podía pasar nada porque nada malo había hecho en toda su vida.

Al final ésa confianza en los demás la pagó con su vida, después de un Consejo de Guerra [Sumarísimo] de los muchos que se celebraban en aquellos días, y que eran sentencias de muerte las que más se emitían, desde aquellas lenguas viperinas llenas de odio hacia unos hombres, que en su mayor parte eran verdaderos patriotas, amantes de su ideal, que era la II República Española, verdadero Estado de Derecho, instaurado por la mayoría de los españoles en unas votaciones legítimas y que culminan con los asesinatos de José Castillo y José Calvo Sotelo, comenzando así la guerra fraticida que aún hoy, en el año 1981, tiene consecuencias protagonizadas en parte por Fuerza Nueva con sus disturbios y por la ETA con sus asesinatos cuyas justificaciones ignoramos”……….

Nota: As anotacións entre parentésis engadidas no artigo de D. Fernando Ramos foron feitas polo que subscribe.

Redactado por José A. Uris Guisantes el Miércoles 17 de Agosto de 2005
Comentarios

como veredes na miña páxina son escritor e teño escrita unha obra de teatro sobre a morte de Ánxel Casal, fusilado polos fascistas en Cacheiras, Teo, no 1936. Gustaríame pra ampliar ter a maioría de datos sobre todos aqueles que poideron estar implicados na súa morte con nomes e apelidos. Xa fosen de Santiago, da Coruña, de Lugo...

Enviado por: vicente piñeiro el Domingo 11 de Septiembre de 2005 a las 10:26

Sou brasileira de família galega, leio muito sobre tudo que encontro sobre a história da Galicia. Gostei muito de ter lido esse artigo onde o nome da minha família é citado.
Gracias

Enviado por: Bernadette bouzada el Lunes 12 de Septiembre de 2005 a las 02:24

Me gustaria encontrar datos referidos a Nicolás Alonso Linares, que en 1936 fue alcalde de A Guarda. No he podido hallar más datos que ese, si alguien sabe algo más, por favor escríbame a mi correo electrónico alonso_susana@hotmail.com

Enviado por: Susana el Lunes 12 de Septiembre de 2005 a las 19:51

hola quisiese saber o encontrar mas datos de este documental y quiero saber tambien si la familia del fallecido pudiese aportar mas datos

Enviado por: guillermo vicente el Viernes 16 de Septiembre de 2005 a las 14:16

gustariame encher máis a miña obra de teatro ANXEL CASAL

véxana na miña páxina
www.vicente-p.com
teatro

Enviado por: vicente piñeiro el Domingo 30 de Octubre de 2005 a las 18:27

Ola gustaríame saber máis sobre Eulogio Moreno Luna, o meu bisavó. Se fose tan ambel de mandarme algún tipo de información relacionada agradeceríallo moitisimo. Grazas, saludos.

Enviado por: lara giraldez blazquez el Lunes 26 de Diciembre de 2005 a las 01:07

HOLA, ME GUSTARIA QUE COLAVORASEIS A CONTRUIR UNA PAG, QUE ACTUALMENTE YA ESTA EN FUNCONAMIENTO.
LA VERDAD QUE DESDE HACE MUY POC BUSCO TODO TIPO DE INFORMACIONN SOBRE CALDELAS DE TUY, ME ES TOTALMENTE INDIFERENTE DE QUE SE TRATE.
ES MU DIFICIL ENCONTRARLA POR QUE ES UN PUEBLO PEQUEÑO DEL CONCELLLO DE TUY.
LES AGRADECERIA QUE MME ENVIASEIS TOLO LO REFERENTE SOBRE ESTE PEQUEÑO PUEBLO, YA QUE ME AYUDARIAS A RECUPERAR ALGO UY IMPORTANTE, QUE ES LA HISTORIA DE MI PUEBLO. YO ESTOY UN POCO LEJOS PERO NOTO QUE NADIE LE PRESTA ATENCION ME GUSTARIA QUE ALMENOS SI QUEDASE ALGO PA EL RECUERDO DE LOS MAS PEQUEÑOS.
LA DIRECCION PARA ENVIAR LO QUE QUERAIS ES LAURAREIGOSA@HOTMAIL.COM
UN SALUDO A TODOS. LA PAG. QUEPODEIS VISITAR E INCLUSO CRITICAR ES http://caldelasdetui.blogspot.com/
AHORA SI ME DESPIDO CON UN GRAN SALUDO.

Enviado por: LAURA el Sábado 14 de Enero de 2006 a las 21:36

Me ha gustado lo que he leido, mi madre era de ahí y además era hija de un diputado en el Ayuntamiento Don Ramón Martínez,(el de la granja o el mejicano) no recuerdo el año y quisiera si me podian decir algo de mi familia, vivian en el barrio de san bartolomé.Gracias por todo mi dirección en Sevilla el_primo49@hotmail.com

Enviado por: ramón ricardo el Sábado 25 de Marzo de 2006 a las 21:44

moi interesante.

Enviado por: Xosé el Domingo 16 de Abril de 2006 a las 01:58

Esta mensaxe é para Lara Giráldez Blázquez. Coñezo algo, moi pouco, sobre Eulogio Moreno Luna. Eu tamén estou interesado en saber máis sobre a súa biografía. O meu enderezo é "pazanton@terra.es".

Enviado por: interesado el Domingo 16 de Abril de 2006 a las 02:06

Busco parientes de mi abuelo Angel Bugarín Dominguez, quien llegó a Chile a comienzos del 1900, desde España, vivía en el pueblo de Tuy. Favor contactarse
Gracias

Enviado por: GLORIA MERCADO BUGARIN el Viernes 5 de Mayo de 2006 a las 05:23

Gracias por refrescarnos la memoria.
Soy nieto del Brigada de Carabineros Agustín Pérez Rodríguez, que cita el artículo como uno de los defensores republicanos de Tuy y fusilado por ello el 16 de septiembre de 1936. Me gustaria compartir información sobre los sucesos de Tuy, ya que tengo originales de mi abuelo, y a ser posible con familiares de otros fusilados y represaliados reavivar la memoria historica y rendir un pequeño homenaje a estas personas, la mayoria de ellas olvidadas en fosa común.
No me mueve odio ni rencor, pero si la gratitud a mi abuelo por el ejemplo de honestidad que ha significado en mi vida.

Enviado por: Agustín Benito Martínez Pérez el Martes 16 de Mayo de 2006 a las 14:50

Yo soy nieta de otro de los carabineros fusilados el 16 de septiembe de 1936, concretamente de Emilio Osuna. Me gustaría comentar que Gumersindo Rodriguez, el panadero que mencionan murió fusilado los primeros días, no falleció entonces, sino que en el momento de se enterrado, pidió agua y fue trasladado a Pontevedra, donde falleció 6 meses después. No se llegó a recuperar de sus heridas, ya que sabian que, si esto sucedía, sería torturado y asesinado. ERa el suegro de la prima de mi madre.

Enviado por: patricia el Martes 2 de Enero de 2007 a las 00:11

por favor, si alguien quiere compartir sus historas, especialmente Agustín BEnito, cuyo abuelo fue asesinado el mismo dia que el mío, mi correo es info@bebesnaturales.com

Un saludo

Enviado por: patricia el Martes 2 de Enero de 2007 a las 00:14

HOLA ME GUSTARÍA CONTACTAR CON GLORIA MERCADO BUGARÍN. GRACIAS.

Enviado por: FELIPE BUGARIN el Martes 9 de Enero de 2007 a las 10:27

Hola recabando informacion vi vuestra paguina mi abuelo era capitan de 233 batallon del ejercito del norte fue apresado en gijon por el ciscar y conducido a tuy donde fue fusilado el 2-7-38 se llamaba alfredo casaprima fernandez yo ahora estoy recabando informacion para traer sus restos a un nicho familiar pero una persona de chapela me comento hace un par de años que en el lugar donde estaba la fosa comun se hubiese urbanizado ruego me aclaren dicho comentario muchas gracias.

Enviado por: jose alfredo gonzalez casaprima el Jueves 8 de Marzo de 2007 a las 19:17

Apenas se nada de mi abuelo, Alejo Diz Jurado, pues mi padre nos habla muy poco de él, aún le duele. Me gustaría saber algo más

Enviado por: Ester DIZ ARDID el Lunes 29 de Octubre de 2007 a las 12:30

El artículo me ha parecido muy interesante.Mi abuelo participó en la defensa de Tui en la "Volta da Moura" en los días 24, 25 y 26 de julio del 36. Estoy muy interesada en conocer más historias de Tui en aquellos días. No encuentro facilmente datos referidos a la sublevación y represión en Tui. Agradecería toda la información que se me enviase.Mi correo es carmeruza@gmail.com

Enviado por: Carmen Pérez Domínguez el Martes 13 de Noviembre de 2007 a las 19:31

me gustaria que si alguien tiene algun dato de gumersindo rodriguez panadero de tuy me lo iziese saber en mi correo soy su nieta hija de gumersindo y de carmina vivimos en valencia muchas gracias

Enviado por: marita el Miércoles 20 de Febrero de 2008 a las 23:40

soy la nieta de gumersindo rodriguez el panadero de tuy que fue fusilado al pricipio del 36 si alguien puede darme datos de el se lo agradeceria mucho gracias marita

Enviado por: maricarmen rodriguez sntiso el Miércoles 20 de Febrero de 2008 a las 23:55

Tengo alguna información sobre Gumersindo Rodriguez, el panadero, pero no sé a que correo debo dirigirme para dársela a su nieta.

Enviado por: Carmen Pérez Domínguez el Miércoles 26 de Marzo de 2008 a las 23:40

comentario dirigido acarmen perz domingez por favor si miras esto dime todo lo que sepas gracias

Enviado por: maricarmen el Miércoles 14 de Mayo de 2008 a las 21:16

comentario dirigido a Carmen Perez Dominguez por favor si miras esto dime todo lo que sepas de mi familia gracias,Marita nieta de Gumersindo panadero de Tuy.

Enviado por: maricarmen el Miércoles 14 de Mayo de 2008 a las 21:28

Soy la nieta de Gumersindo Rdriguez panadero de tuy mi correo elctronico es maritaymiquel@yahoo.es dirigido a Carmen Perez Dominguez Maricaemen Rdriguez Santiso Hija de Gumersndo y de Carmen.

Enviado por: maricarmen el Jueves 15 de Mayo de 2008 a las 14:58

Ola como veo que Que somos muchos los que estamos fuera de nuestra tierra interesados en ella por una u otra razon os voy a dar un correo en el que vereis algunas ciudades o pueblo de ella ,la que tanto queremos. descubregalizia.com Marita.

Enviado por: maricarmen el Jueves 15 de Mayo de 2008 a las 15:15

Me gustaria contacta a gloria mercado bugarin y a felipe bugarin

Enviado por: Dany Bugarin el Miércoles 16 de Julio de 2008 a las 01:54

Pues he visto que hay un familiar de Gumersindo Rodriguez (el panadero). Yo soy bisnieto suyo.
Mi padre y mi abuelo tambien son Gumersindo.
Me gustaría saber más que fué de él.
Mi correo gumerforito@hotmail.com

Enviado por: gumer el Sábado 27 de Septiembre de 2008 a las 21:40

dna moczanowa leczenie cytryna podagra dna moczanowa http://seeknet.pl/ podagra powiklania dna moczanowa atak

Enviado por: Oksanadek el Lunes 13 de Febrero de 2017 a las 04:59
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.