Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

Historia do Día das Alfombras

Sábado 17 de Septiembre de 2005

Alfombra floralA festividade de Corpus na Guarda fai moitos anos que non se celebra, antes estaba organizada polo Concello, era a mais importante-oficialmente- da Guarda, o baile ou festividade “profana” tiña lugar na propia praza do Reloxo, praza do Xenerálisimo Franco, praza da Constitución ou praza da República, as autoridades -daquela franquistas- ían baixo palio, todos de uniforme, camisa azul, “hijas de María”, pendos, estandartes, confrarías varias, etc., etc.

A Festividade do Santísimo foi organizada por unha Comisión Cidadán con orixe no barrio de A Marina, case que todo-los compoñentes eran da Adoración Nocturna, se colocaba un “Santísimo” de madeira con luces enriba do “muelle alto”, este “Santísimo” ainda existe no baixo da Comisión de Festas do Monte meo estragado. Podíase observar pola noite cando se paseaba ou se bailaba na Avda. de Calvo Sotelo, hoxe rúa de O Porto.

A confección de ALFOMBRAS polas rúas datan de 1978, ainda que sempre se facía unha pequena no altar preparado para a bendición do mar e dos barcos no varadoiro das gamelas na Ribeira.

O percorrido da procesión do Santísimo Sacramento era: Saída da igresia, Praza do Reloxo, praza de Ignacio Sobrino ou da Fariña,Hernán Cortés ou Laxes ou rúa do Medio, praciña de José Mª Lomba ou Eirado, un anaco da rúa Malteses, A Ribeira co altar citado, Concepción Arenal con outro altar fronte a igresia de San Bento, altar no cruce de Concepción Arenal cas rúas E. María Sesto ou Lagartosa e Muñoz Grandes (hoxe Brasilino Álvarez Sobrino), cruce ca praza Nova ou Joaquin Alonso, subida por rúa Antonio Alonso e a igresia de novo.

En concreto na Festa do Santísimo Sacramento celebrada o 13 de xuño de 1982 as alfombras foron espectaculares, as mulleres que as confeccionaron clamaban xa da quela que a xuventude debía de interesarse mais e cooperar na confección das alfombras pois elas levaban tres meses recollendo frores e prantas, tendo que pagar ata obreiros para tapa-los buracos do varadoiro e así poder confeccionala alfombra de sal e coores do altar mais importante a base de alegorías da pesca e mariñeiros. Da quela era Alcalde o inefable don Raúl González Puebla, un elemento negativo politicamentefalando para o pobo, segundo a miña opinión que pode non cincidir con outras….

A data da organización da Confraría do Santísimo data de mais de 325 anos, un dos “copóns” para garda-lo Santísimo data de 1821.

Na Capela Maior da Igresia Parroquial de Santa María pende unha lámpara de prata gravada que di “Esta lámpara y su compañera de plata de ley que pesan 44 M´2012 adarmes son para alumbrar perennemente al Stmo. Sacramento de la iglesia parroquial de esta María de la Villa de La Guardia, obispado de la ciudad de Tuy en el Reino de Galicia de la Fundación que la buena memoria de don José Ventura Rubín de Celis, vecino de esta ciudad de Sevilla y natural de dicha villa ha hecho y consta en el libro de dicha fundación al cargo del Mayordomo de la Fábrica de dicha iglesia”, año de 1787….[datos de Angel Luís Troncoso Alonso]. Cómo se pode comprobar a Festa do Santísimo Sacramento así coñocido hoxe na Guarda - que noutros lugares se lle chama de Corpus Christie - data de tempo inmemorial…. e a xuventude debe informarse da NOSA HISTORIA, da historia local que é a historia de todos.

Redactado por José A. Uris Guisantes el Sábado 17 de Septiembre de 2005
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.