Curso de encadernación artesanal
Martes 27 de Septiembre de 2005
Érguete baixo Miño ven de convocar un Curso de Encadernación Artesanal de 65 horas destiñado a persoas de dificil inserción social, formando parte do Programa de Incorporación Social desta Asociación.
Os participantes serán fundamentalmente perceptores de Risga, parados, con escasos recursos, con problemáticas en adiccións, minorías étnicas, inmigrantes ou calquera outra problemática. Número de alumnos 15.
O Curso comeza no día 17 de outubro dende as 16 h. ata as 18,30 h., luns, mercores e venres.
Os contidos deste curso versarán sobre o papel, o cosido, o refilado e as tapas. Cada alumno/a recibirá unha axuda económica como incentivo pola asistencia. Estará subvencionado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, xunto ca Deputación de Pontevedra.
Para mais información dirixirse a Érguete Baixo Miño rúa Colón 20-1º, ven persoalmente ou no tel. 986 61 44 07.
Redactado por José A. Uris Guisantes el
Martes 27 de Septiembre de 2005