Novo Servizo de Orientación para o Emprego do Concello do Rosal
Jueves 27 de Octubre de 2005
Dende o pasado mes de setembro o Concello do Rosal ten funcionando o novo Servizo de Orientación para o Emprego. Trátase dun novo centro colaborador do Servizo Galego de Colocación ubicado nas novas instalacións do Centro de Formación Ocupacional A Mata. O frente do Servizo está, a Técnica en Orientación Laboral Belén Piñeiro Álvarez, que atende as persoas usuarias que se achegan polo servizo.
O cometido do mesmo é o de levar a cabo accións de información profesional e laboral que apoien e melloren as posibilidades de ocupacións de demandantes de emprego inscritos no Servizo Púlbico de Emprego de Galicia.
¿Que ofrece este Servizo Municipal de Orientación para o Emprego?
Información a quen demanda traballo sobre as accións que leva a cabo o Servizo Público de Emprego de Galicia.
Rexistro da demanda de emprego por medio da actualización, modificación e revisión do currículum nunha entrevista ocupacional.
Organiza accións dirixidas á adquirir as capacidades básicas para facilitar unha mellor busca ctiva de emprego.
Información das ofertas de emprego de interese para usuarios/as do servizo, e demais información relacionada con formación ocupacional e emprego. O horario de atención ó público e de mañán e tarde ( a excepción das tardes dos martes e venres). Tno de contacto: 986 62 61 15
Redactado por Concello do Rosal el
Jueves 27 de Octubre de 2005