Xornada formativa: 'Internet como ferramenta empresarial' no Rosal
Miércoles 2 de Noviembre de 2005
“Internet como ferramenta empresarial” é unha xornada dun día de duración e consiste nunha acción de difusión promovida polo IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica – Xunta de Galicia). Esta xornada terá lugar no Rosal o día 21 de novembro.
O seu obxectivo é amosar ós empresarios as múltiples posibilidades que ofrece Internet e, en concreto, o xeito en que as novas tecnoloxías poden axudarlle a incrementa-la rendibilidade das súas empresas. Estes seminarios, que o IGAPE imparte ó longo do ano 2005 por toda a xeografía galega, constitúen un importante factor de desenvolvemento económico.
Horario:
- 10:00.- Presentación do seminario ós asistentes
- 10:30.- Realización do cuestionario inicial
- 10:30.- Internet: conceptos básicos e utilidade empresarial
- 12:00.- Correo electrónico: vantaxes e utilización
- Descanso
- 12:30.- Oferta de servizos de acceso a internet
- 14:00.-Utilización de diferentes webs de interese empresarial
- Xantar
- 16:00.- Exemplos da utilización da Internet
- Descanso
- 18:30.- A xestión da información e das tecnoloxías da información na empresa
- 20:00.- Servizo de consultoría
Os asistentes que así o desexen poderán beneficiarse da realización dun seguimento post-seminario a través de atención telefónica ou correo electrónico durante os 6 meses seguintes á realización do seminario. Ademais entregarase material didáctico.
Redactado por Concello do Rosal el
Miércoles 2 de Noviembre de 2005