Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

O Parricidio da Guarda

Domingo 4 de Diciembre de 2005

Portada Faro de VigoO 1 de novembro de 1900 (Faro de Vigo primeira páxina) na Audiencia Provincial tivo lugar a “Segunda Sesión” do xuizo por parricidio contra Generoso Otero. Presidía o Tribunal o profesor de dereito Sr. Valdés Riestra.

Este suceso acontecera na Guarda cando o día 14 de maio de 1900 o paisano Generoso Otero matara a súa muller Jesusa Enero Rodríguez (muller de grande beleza) quen “o parecer estaba comentendo adulterio”…

Na segunda sesión as testemuñas presentadas polo avogado defensor Sr. Besada, coincidiron en que era unha muller “infiel” a seu marido, e que Generoso Otero era un “hombre bueno, puesto que gozaba en La Guardia de una conducta irreprochable”…

O Fiscal tratou de convencer ó Xurado de que o procesado Generoso Otero era o autor material da morte de súa muller… que os celos foron a principal causa de tal desgracia… pide ao Xurado un veredicto de culpabilidade para o procesado.

O avogado da acusación privada Sr. Limeses interesa da Sala a suspensión do xuizo para o día seguinte debido a “la hora avanzada de la tarde”.

Na “Tercera Sesión” o Sr. Limeses fixo unha descripción dos feitos acontecidos na Guarda o 14 de maio deste ano, insistindo en que as declaracións de moitas testemuñas expostas diante do Tribunal do Xurado,

[….] carecen en absoluto de veracidad, y agrega que los testigos de la defensa, nada en concreto han dicho.

Habla de la belleza de la interfecta Jesusa Enero Rodríguez. Da lectura seguidamente al escrito de calificación de la defensa, combatiendo algunos hechos que en él se hacían constar, como realizados por la finada.

Termina su elocuente informe pidiendo al Jurado, un veredicto de culpabilidad con arreglo a justicia.

O avogado Sr. Besada, defensor do acusado fala da declaración do neno Américo Otero (fillo do acusado) que produxo un forte efecto no ánimo dos presentes na sala, despois dun amplo discurso en defensa do acusado, remata solicitando un veredicto de inculpabilidade.

O veredicto do Tribunal foi de inculpabilidade para ó acusado Generoso Otero.

Crimen no RosalO Fiscal e o avogado da acusación privada solicitaron a revisión dun novo Xurado, pero a Sala estimou “no ha lugar a lo solicitado y se retiró a dictar sentencia”, sentencia que foi de “inculpabilidade”, saíndo pouco despois o procesado “absuelto libremente”.

Nota: O Código Penal de 1848 indicaba que o “adulterio” era un “delito” cometido por unha muller casada e o “varón” que con ela “cohabitara”. Non existía o “adulterio” que cometera o esposo respecto da súa muller. O Código Penal de 1870 limitouse a copiar o mesmo artigo que no anterior. “La insubordinación de la esposa frente a su marido recibe tratamiento penal en códigos emanados de diferentes circunstancias politicas”.

A muller, toda muller, é mais que nada a muller casada estivo moi marxinada polo Código Civil español, porque segundo parece o Dereito Civil foi escrito e redactado por homes e para homes, é así consta no Código Civil de 1889. Neste século XIX e primeiros anos do XX o “mundo español” era do dominio masculino, eles foron os lexisladores é o Dereito que aprobaron tiña cómo protagonista en exclusiva a ése home profesional, político, económico, social e familiar.

Por iso non é estraño que o que matou a súa muller por “adúltera” saira “non culpable” en 1900.

Como anécdota expoñemos un “panfleto” “tirado” como volatina polas rúas de O Rosal é A Guarda en 1946. Falta a segunda parte… Este non foi asasinato por adulterio…….

Redactado por José A. Uris Guisantes el Domingo 4 de Diciembre de 2005
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.