Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

1947: Festas no Rosal para celebrar ó centenario da fundación do concello

Miércoles 7 de Diciembre de 2005

Clic para ampliarExtraido do Programa de festas de 1947.

PROGRAMA

Día 24.

Bombas de palenque anunciando o comezo das festas, xigante e cabezudos e as 12 h. As campás da parroquia soaran “en un repique armonioso”, tirada de fogo “graneado” e entrada da “laureada banda de música” UNIÓN MUSICAL DE LANTAÑO. As 6 da tarde entrada da Banda de Música de TABAGÓN, concerto polas bandas de música na “Plaza del Generalísimo Franco”. As 9 da noite “Solemnes Vísperas” na igrexa parroquial e a partir das 11 da noite GRAN VERBENA cas bandas de música citadas.

DÍA 25

As 9 da maña entrada da Banda de Música REGIMIENTO DE INFANTERÍA DE MURCIA Nº 42 ca Sección de Gaitas.

As 12 concerto ca citada banda é a de Tabagón, descubrimento dunha placa no exterior da Casa Consistorial en conmemoración do CENTENARIO.

De seguido “SOLEMNE FUNCIÓN RELIGIOSA Y SERMÓN”, contando ca presencia, do Excmo. Sr. Gobernador Civil de Pontevedra, Excmo. Y Rvdmo. Sr. Bispo de Tui, presidente da Excma. Deputación Provincial e demais autoridades locais.

O sermón sería oficiado polo “elocuente orador sagrado” don José Fernández Parada (padre Comesaña), cura párroco de Bouzas.

Durante a misa, o Sr.Acalde fixo unha ofrenda en nome da Corporación Municipal a Virxe do Pilar, de seguido “majestuosa procesión presidida polas autoridades civiles e eclesiásticas”, enriquecendo ó acto un coro da localidade, a tres voces mixtas, cantou unha salve a virxe. Xantar enxebre nas carballeiras preto do centro da Vila.

As 5 da tarde concerto, baile e “Gran Paseo de Moda” na praza do Calvario. As Bandas de Tabagón e do Rexemento de Infantería nº 42 alternaron “con sus mejores bailes”.

DÍA 26 As 9 da maña dianas pola Banda Infantil Local, as 11 misa solemne na capela de San Sebastián na honra de Santa Ana, estando o sermón a cargo do sacerdote don Evaristo Crespo Lorenzo, coadxutor da parroquia rosaleira.

Pola tarde FESTA CAMPESTRE con baile, merendas nas carballeiras e gaitas do país.Pola noite Verbena Pública no local da Sociedade “Liga de Amigos”, ca Banda Infantil Local, rematando con unha descarga de “fuego graneado”.

DÍA 27 FESTA POPULAR en San Miguel de Tabagón.

As 5 da tarde entrada da Banda de Música “Banda Municipal de Tui” que acudirá ao campo de Fútbol para amenizalo partido entre GOYÁN F.C. e GONDOMAR SPORTING CLUB en disputa do Trofeo “Copa del Centenario del Ayuntamiento de El Rosal”.

Intervirán no encontro os xogadores internacionais Hermidita, Nolete e ó ex internacional Goiburu.

No remate do encontro de fútbol terá lugar na Alameda de San Miguel un”Baile Paseo de Moda” ca citada banda de música e un Grupo de Gaitas. A partir da 10 da noite Gran Verbena rematando con un “vistoso fuego de lucería” e gran tirada de bombas que porá fin aos festexos do CENTENARIO.

A Comisión. 1947.

Redactado por José A. Uris Guisantes el Miércoles 7 de Diciembre de 2005
Comentarios

Por favor, me gustaria saber si San Miguel de Tabagón es un municipio, o entonces, se hace parte de el municipio de O Rosal, o de otro.
Esto es importante porque estoy en São Paulo - Brasil, soy nieto de Florindo Blas Carrera Pardiñas, nascido em San Miguel de Tabagón, y tengo intentado obtener el reconocimiento de la nacionalidad española para my madre.
¡Gracias!

Enviado por: Fernando Carrera Pompêo de Camargo el Miércoles 1 de Octubre de 2008 a las 22:20
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.