Portada  Libro de visitas Imágenes Rastro Foros de debate Páginas amarillas Glosarios  
   A web na que todos colaboramos V. 4.1

A Guarda sae perdendo no convenio da depuradora

Miércoles 4 de Enero de 2006

PSdeG - PSOEO pasado xoves, o pleno de concello da Guarda aprobou, cos votos dos concelleiros de P.P. e do concelleiro non adscrito, o Convenio de colaboración entre o Concello do Rosal e o Concello da Guarda para a utilización da estación depuradora de augas residuais (EDAR).

O Grupo Municipal Socialista vorou en contra porque estamos convencidos de que é moi mellorable e de que tal e como está redactado, resulta perxudicial para A Guarda, porque non están xustamente repartidos entre os dous concellos os gastos que ocasiona.

O Convenio aprobado di que o Concello do Rosal participará na totalidade dos gastos de mantenemento da depuradora en proporción ós m3 de auga vertidos polo dito Concello, agás no caso da enerxía eléctrica dos bombeos de Pasaxe e Armona, onde a participación será sempre do 50% do total do custe.

Pensamos que artellar o Convenio en función dos m3 vertidos, sen ter en conta algún coeficiente corrector´, resulta gravoso para A Guarda e, polo tanto, beneficioso para O Rosal. Non é xusto porque:

  • O terreo onde se asenta a depuradora é da Guarda. así como por onde discorre a maioría da conducción xeral, cos riscos que iso ten.

  • Os gastos de conservación corren só a conta da Guarda, segundo se desprende da clausula 2ª do Convenio.

  • Hai gastos fixos, como os do persoal, que deberan correr ó 50%. Se O Rosal tivera depuradora tería que pagar persoal.

  • Hai gastos que poden duplicarse o ter que depurar máis augas que as nosas. É a diferencia entre pagar un ou dous portes para ñevar lodos. ¿Non sería normal repartir os gastos á metade?

  • Hai un principio xeral que di: Quen contamina paga. ¿Quen lle paga á Guarda os prexuizos dunha eventual avería importante e un escape de augas sen depurar? ¿Por qué non hai un coeficiente corrector que faga previsión destes riscos?

Estivemos 21 meses sen Convenio e afrontando nós tódolos gastos da depuradora. E agora, cunha premura que non entendemos e sen someter, como é preceptivo, este asunto á Comisión de Contas lévase por urxencia a Pleno e apróbano.

Por non saber, non souberon contestarnos a esta pregunta: Se algún día se queiman os bombeos do Pasaxe e Armona. ¿Quen paga a reparación? O xusto sería que fora o 50%. Pois ben, tal e como está redactado tería uqe pagar só A Guarda, porque O Rosal só paga a enerxía eléctrica.

A Guarda, 2 de Xaneiro de 2006. Polo grupo Municipal Socialista.

Redactado por Redacción el Miércoles 4 de Enero de 2006
Comentarios
Comentar este artículo









¿Recordar estos datos?




Por favor repite la siguiente combinación de números en el cuadro inferior para comprobar que hay un "ser humano" rellenando el formulario.